Chamar por VoIP sabendo correo-e do destino
Souben dunha iniciativa, lamentamblemente privativa e operativa só baixo M$-Window$, que ten de singular a posibilidade de poder falar e chatear por Internet con só premer e/ou elixir o enderezo de correo-e do interlocutor.
O proxecto vén de sair ao mercado, noméase Yoomba e realmente fornece un significativo pulo posto que tan só habería que dar unha conta de correo-e, sen máis necesidades nin rexistro, para poder activala e tras isto baixar a aplicación ao teu PC.
Se se instala aparcerá ao lado cada enderezo de correo-e unha icona para que premas nela e te comuniques co destinatario por voz (VoIP) ou por chat. Segundo se amosa trala descarga os enderezos de correo-e nos navegadores, por exemplo no GMail, Yahoo, Hotmail ou cando aparezan nas páxinas web cambian de aspecto ao engadirse a devandita icona.
O proxecto foi levado adiante por unha empresa de Tel Aviv (Israel) pero que ten a súa sede en Silicon Valley (EE.UU.).
Sería fantástico dispor desta posibilidade en desenvolvemento e plataformas libres. Púxenme en contacto con eles para ver se temos tanta sorte como co GPS Navicore do meu Nokia N800.
A miña mensaxe foi esta:
Hi everybody!
First of all I want to give you my congratulations for your idea and product.
But, at second point I want to ask you about the availability for other people
who don´t use any kind of Microsoft products,
specifically for Linux and Mac and their mail programs Thunderbird...
Reading your 'About' section I presume that your app and service is
never going to be open source although we're watching a massive
tendency on trends, users and governments all around the world
confirming it. What about this? Are you considering or considered
this?
Thank for your answer.
Best regards,
A resposta neste intre foi só a automática: agradecen o contacto, etc e tal.
chuzame -
En: Hasefroch por Roberto Brenlla
Ligazón permanente a Chamar por VoIP sabendo correo-e do destino…
…