Unha idea revolucionaria para o PC do mañá?
Poden se reorganizar os nosos PCs para acadar unha maior usabilidade? Isto é o que se cuestiona Matthew Roley no seu longo artigo. A meta é procurar con teima algún pensamento alternativo e explorar se estamos estamos realmente limitados polo hardware para poder dar coa resposta de Que queren a maioría dos usuarios?
Matthew non pensa no lonxe futuro senón nunha alternativa inmediata. Cre que os PCs son complexos polo que dificilmente se poden modificar, actualizar ou mellorar alén de ter dependencia de sistemas operativos e software. Tamén cre que vén de dar cunha solución:
Por que teñen tantas similitudes os sistemas operativos? O problema segue sendo a usabilidade que fornece o hardware que o sistema operativo executa o cal, á sua vez, implica que a maior cantidade de problemas está precisamente no hardware. Todo isto alonxa aos equipos de seren amigables.
Imaxina cando queres engadir algún novo compoñente ao teu PC. Realemtne o que queres é unha nova funcionalidade e para obtela tesrás que apagar o equipo, abrir a caixa... un pesadelo!
Polo tanto temos que conquerir a abstración de sistemas operativos e hardware. Non todos usuarios queren saber engadir compoñentes, configuralos, etc. Só queren usar unha funcionalidade.
Porén, probar dispositivos é moito máis sinxelo, sen necesidade de preocuparse por conflictos de hw ou sw. Imaxina un PC donde todo o hw é conectable en quente e que o sistema operativo estea preparado para asuimlo de xeito automático. Aquí GNU/Linux pode tomar a dianteira se grandes fabricantes, como pode ser Dell, paran de ofrecer sistemas pre-instalados no canto de enfocarse na venda de dispositivos con drivers pre-instalados e autoconectables.
A estandarización de dispositivos emailas súas conexións en rede son a base para todo esta idea. O soporte técnico dos fornecedores de equipos gañan co mantemento de compoñentes illados (de hw ou sw) en vez de facelo con conxuntos completos, fornecendo un mellor e máis rápido servizo, os usuarios non perden toda a súa usabilidade senón só a que dá o compoñente con problemas. As empresas de hw poden centrarse en solucionar necesidades dos usuarios en vez de engadir maior complexidade ao sistema.
O longo artigo de Matthew Roley.
chuzame -


Ligazón permanente a Unha idea revolucionaria para o PC do mañá?…
…