Sw Libre con Belenus no Festigal ‘07

Onte foi un dos poucos dias de praia que ata hoxe poidemos disfrutar mais o o ddia grande do Festigal '07 congregou a unha inxente masa de persoas.

No stand do Sw Libre estabamos moitos, todos coñecidos pero de poucas asociacións representadas: GALPon, Glug, Compostela Wireless, Aulusc e AGNIX. Creo que o dia anterior estiveron xentes de Amigus das Pontes.

Desta vez a organización deunos conexión ADSL exclusiva, unha pantalla de TV grande onde se ían amosando videos sobre Creative Commons, os efectos 3D nos escritorios... e os grupos congregados levábamos pancartas, trípticos, cds-vivos, etc. Tamén foi a ocasión de presenciar o batizo de Belenus (olla o seu álbum de fotos), o trebello ideado por Goretoxo que contou coa colaboración activa de varios socios de AGNIX, principalmente de Jorge 'Multimedia', Manuel Hermo e Xabi Alonso.

Polo lugar pasou moita xente interesada no Belenus, atractivo pola grande placa solar exterior, curiosos procurando pegatas ou calquera cousa que fora gratis pero foron as amizades que se achegaron as que marcaron a diferenza, as que fixeron que pasar o dia no Festigal fora un dia inesquecible. Bo ambiente, ánimos á continuidade das nosas iniciativas e até demanda para que saia xa unha nova versión do GNIX, algo que máis cedo ca tarde acontecerá.

Chuzame! chuzame -

One Response to “Sw Libre con Belenus no Festigal ‘07”

  1. [...] asennadas: Sw Libre con Belenus no Festigal ´07 http://brenlla.blogaliza.org/2007/07/26/sw-libre-con-belenus-no-festigal-07-2/ [...]

Leave a Reply