Baixando videos de YouTube e pasándoos a .avi
Hai moitas e variadas formas de baixar videos dende YouTube mais algunhas delas deixaron de rular por mor do corte feito pola propia YouTube.
En GNU/Linux hai específicamente unha pequena aplicación que o fai. É a youtube-dl que xunto a ffmpeg convértense nunha combinación perfecta se non te importa empregar a liña de comandos.
Só hai que executar:
sudo apt-get install youtube-dl ffmpeg
Agora procura o video do teu interese e copia o seu enderezo orixinal. O seguinte é un exemplo cun video de Compiz-Fusion:
youtube-dl http://www.youtube.com/watch?v=_ImW0-MgR8I
Trala súa descarga pásao a .avi ou a .mpg:
ffmpeg -i _ImW0-MgR8I video.avi
ou
ffmpeg -i _ImW0-MgR8I video.mpg
Tamén podes empregar o script flv2avi que xa amosei nun artigo e executar onde estea tal script:
./flv2avi.sh -xvid _ImW0-MgR8I.flv
Na vez de -xvid podes probar tamén coa opción -divx.
chuzame -
En: FLOSS por Roberto Brenlla
Ligazón permanente a Baixando videos de YouTube e pasándoos a .avi…
…
Q bo! Andaba estes días buscando algún método… e este venme xenial!
… moi útil para usar nas presentacións en lugares onde non tes conexión a internet. Thanks! 