Dinamización no Carballiño

Aceptei dar un curso de Introdución ao OOo Writer no Carballiño por mor dalgo persoal pois foi alí onde o meu pai aprendeu a súa profesión antes de partir cara o Brasil.

O curso foi organizado e miticulosamente levado por Ana Belén. O alumnado, como adoita acontecer, era heteroxéneo en canto a coñecementos pero homoxéneo en canto á receptividade de novos coñecementos e ideas. Este último termo e mailo ambiente xeral que fluiu foi realmente determinante para crer que dificilmente esquecerei del.

Dado o custoso do aloxamento do ApartaHotel Arenteiro, por outra banda ideal (Wi-Fi, cociña...), aproveitei para levar comigo á miña familia e daquela facer da estadía o meu período vacacional. O mesmo fixo Pablo, o marido de Delia, a prima de Susana, ao aproveitar que traballaba en Toén na comandancia de helicópteros contra-incendios. Isto enfatizou aínda máis o caracter familiar da viaxe.

Salientables diría que foron a piscina de Maside, con augas sulfurosas, o gran bosque onde fan a Festa do Polbo e o ambiente nas rúas.

Deixo un par de fotos (unha e outra) tomadas do curso e o meu agradecemento a todos e todas pola acollida dispensada.

Chuzame! chúzame -

4 Responses to “Dinamización no Carballiño”

  1. Non me gustou o comentario que fas da dinamización no Carablliño da sensación de que hubera dúas clases de persoas(os burricos y os listillos),eso non está ben.Non creo te acolleran tan mal.Eso si,ofinal o de sempre.

  2. Para nada dixen ou quixen dar a entender que tiñamos ‘burricos’ e ‘listillos’. Aconteceu o que adoita acontecer nunha laboura de dinamización á sociedade de información: había xentes xa introducidas nisto de Internet, software… e outras que estaban dando aínda os primeiros pasos. A dificultade está en formar a estes dous grupos ben diferenciados. É máis, isto foi comentado en clase con todo o alumnado, con total transparencia e comprensión. Polo tanto, discrepo absolutamente no teu entender e menos no ton co que o dis.
    En canto á acollida. poño textualmente: ‘o meu agradecemento a todos e todas pola acollida dispensada.’ Daquí entendes ti que me acolleron mal? Para nada! Agradezo a gran acollida dispensada, ben ao contrario do que volves crer que escribín.
    Sorpréndeme, con franqueza, como é posible ler cousas que non están nin escritas nin dadas a entender, dándolle a volta a todo con suma facilidade. Abraiante! :-(

  3. Para rematar isto.Perdoa si ferin a alguen, non foi a miña intención.Eu non quixen decir que te acolleran mal,o contrario,vivin no Carballiño e sei como e a xente.Por eso fixeime no teu comentario,pensei mal o ler un grupo heterox…homox…
    Polo que poiden ver és unha persoa que lle fascina o SW.Libre,eu en moitos puntos estou de acordo en outros non tanto,espero que o pasarche o enfado poidamos debatir.Un saúdo

  4. De acordo, Loli, non te preocupes. Namentres poidamos ter a sorte de debatilo, por favor, le o que deixei como comentario das fotos incluidas no mesmo artigo: “Alumnado do Carballiño co que poiden disfrutar dun ambiente moi familiar, distendido e ás veces até simpático“. Unha vez máis, alédome de ter ao Carballiño como unha das miñas estadías preferidas. Saúdos.

Leave a Reply