Musical Gallaecia en Melide
Onte, 15 de agosto, foi o dia da estrea do Musical Gallaecia en Melide, onde tamén está a sede da Orquesta Sinfónica dirixida por Fernando V. Arias, promotor, ideario e director deste gran espectáculo.
Seica non son obxectivo o dicir que a soprano Susana de Lorenzo estivo sobresaínte, sobor de todo ao remate cando o público que ateigaba o recinto foi convidado a cantar xunto cos compoñentes deste espectáculo o coñecido Miudiño. Non son obxectivo porque Susana é a nae dos meus fillos, o cal énchenos de orgullo a toda a familia. Nembargantes tamén sei que non esaxero polas numerosas mostras de admiración que ela soíña adoita recibir. Velaquí unha mostra:
Xunto a ela estiveron Alberto Cunha, as Cantareiras e grupo de baile Trompos ós Pes, o grupo folk Liorna emailos coreógrafos Berna e Andrés Carballeira, este último xa o coñecía dende os meus dez aniños.
O completo repertorio que amenizou as dúas horas do espectáculo, todo el galego, contou coa estrea dunha obra do propio director, titulada Rapsodia en Azul e Branco, temas de Andrés do Barro e até unha emotiva homenaxe ao recentemente falecido Prudencio Romo, compoñente do grupo noiés Los Tamara.
Noraboa e ogallá moito máis público poida disfrutalo.
chuzame -
En: Persoal por Roberto Brenlla
Alucinado me quedei!!! Noraboa a Susana por ter unha voz tan fascinante e ogalla o futuro lle repare moitas alegrias e éxitos.
Saudos e Saude!!!
[...] clónico con cdrom e xa 16 MB de RAM, para empregalo nos ensaios do dúo pop-rock que formaba con Susana. Apropieme o que puiden dese PC, pasaba infinitas horas con el. Procurei memoria extra e amplieina [...]