Está dificil sen un bo ‘marketing’
A mercadotecnia estuda as técnicas de desenvolvemento e aproveitamento dos mercados. Asigno a verba mercadotecnia ao anglicismo marketing pois nos diversos cursos e materias sobre Economía así mo deron a entender aínda que con inevitables salvedades. De feito, os conceptos marketing, mercadotecnia, mercadeo e comercialización estanse a empregar como sinónimos.
Aclarado isto vou ao que ía. Está dificil a rápida implantación do Sw Libre sen unha boa mercadotecnia. É algo que esixe unha políca moi estudada, coordinada e executada con decisión. En Sw Libre isto está disperso se ben hai empresas con políticas activas de mercadotecnia mais case sempre pobres en recursos e constancia temporal.
Está claro, o Sw Libre é imposible evitalo, estará universalizado como commodity alomenos no eido público pois así o esixen as regras de xogo que supoñen as leis e até constitucións. Alén diso, estará máis e máis no mercado. Acontece que a velocidade de adopción perante tantas evidencias positivas semella lenta demais. Por que?
É complexo de seu, seino. Mais gran parte da culpa de toda esta velocidade ralentizada débese, ao meu entender, á nula ou mínima coordinación no eido da política de mercado. Vexo necesaria unha inicitaiva comunitaria común potente, seria e a prol da difusión polos mesmos e máis medios masificados que empregan as alternativas privativas que ata o de agora predominan. Son moitas distros, fabricantes que non fornecen por defecto distros libres, políticas xordas e un longo et cetĕra que adoitan incluir illadas inicitaivas.
Está dificil sen un bo ‘marketing‘.
En: FLOSS, TEGNIX por Roberto Brenlla
Sen Comentarios »
