Empresa galega vende PCs e portátiles con Ubuntu

A casualidade fixo que atopase á empresa galega, concretamente do Grove, nomeada Imavisions SLL.

Varias veces comentei da importancia que supón que as PEMEs forncedoras de equipos informáticos comecen canto antes a venda de equipos con GNU/Linux preinstaldo pois este é precisamente un dos maiores frentes que ten o Sw Libre para comezar a súa ampla incorporación na sociedade. Alén disto é unha aposta de futuro e mesmo do noso presente e confirma que facelo é a mostra da flexibilidade das pequenas empresas como unha das súas maiores vantaxes competitivas.

Imavisions non só fornece equipos novos, tanto PCs como portátiles, con transparente e total información, senón que instala GNU/Linux neses equipos ou até nos equipos que a clientela ten, algo tamén trascendental pois non só hai xentes interesadas no Sw Libre con coñecementos dabondo para instalar un sistema operativo e configuralo ao detalle. Precisamente éstas adoitan ser a minoría dos casos que podemos atopar.

Noraboa pola iniciativa!

 

 

Chuzame! chuzame -

2 Responses to “Empresa galega vende PCs e portátiles con Ubuntu”

  1. Ligazón permanente a Empresa galega vende PCs e portátiles con Ubuntu…

  2. [...] penetración grazas a medrar a súa oferta minorista. Iniciativas de mercado como Dell, Eee PC ou a galega Imavisions non abondan para pór un chisco de sentido común a tanta fuga de capitais e tanta venda masiva de [...]

Leave a Reply