Ollando ao mapa das votacións do OOXML
Ollando ao mapa das votacións do OOXML decátome das innúmeras irregularidades e presumibles amaños que nas altas esferas adoitan acontecer.
Así, Suecia recoñeceu as súas irregularidades pois un empregado da subsidiaria sueca de M$ ofrecera diñeiro a cambio do seu voto afirmativo ante o comité, pero retiraron rapidamente a oferta e comunicaron esta circunstancia voluntariamente ao SIS.
Un caso misterioso é o polonés e outro tamén o venezolano de Hugo Chávez, ben coñecido pola súa enemizade a todo o que sexa ianqui.
Por estes lares sabemos dalgún caso curioso... Tampouco nos libramos.
chúzame -
Leave a Reply