A crise económica que se aveciña

Como todo ciclo que se precie, o económico ten as súas propias oscilacións. A maioría son debidas á súa propia natureza mais case que todas elas poden ser redirixidas pola vontade política nesta precisa materia.

A alza dos tipos de interese do euribor, referecencia á meirande cantidade de préstamos, xunto ao endebedamento masivo das nosas familias, a aposta por evitar o crecemento baseado no sector da construción sen ofertar alternativas que arrastren con tanta potencia e eficacia ao resto dos sectores, a entrada masiva de inmigrantes e maila actual situación de inicio de inestablidade laboral e ecónomica inicialmente mais tamén social de contado e unha longa serie doutros componentes que aquí podería entrar a avaliar, poden xerar tensións aínda insospeitadas a dia de hoxe.

Aquí, unha vez máis incido nunha das miñas paixóns, o Software Libre. Termos un sector enteiro controlado por nós mesmos, co subsecuente aforro de licenzas e xeración de emprego masivo cualificado de alto nível, pode ser o factor que volva a equilibrar tal oscilación económica. É grande a loita e esforzo que moita xente doa para que a política troque decididamente a prol desta aposta mais só pequerrechos movementos vanse sucedendo. Aí estaría precisamente a nosa diferenza estratéxica, na velocidade de adopción. Lamentablemente isto está a acontecer moi devagar, esfumándose daquela calquera vantaxe competitiva.

Que se decaten canto antes desta alternativa é primordial para a nosa sociedade. A locomotora do 'turismo e construción' non é eterna polo que é preciso apostar decididamente polas economías alternativas como a ecolóxica, o Software Libre e demais. Preocúpame máis isto có euribor.

Chuzame! chuzame -

One Response to “A crise económica que se aveciña”

  1. Amigo un deses dias que nos vemos (menos dos desexados) tesme que explicar (porque tu lo sabes) a iteración do mundo económico co sw libre ea informática en xeral, dado que eu a verdade e que me perdo moito. Falase do ‘mercado’ coma un ente vivo, domina as vidas de milleiros de persoas e realmente para min é algo demasiado abstracto e ilóxico (( acaso non se especula cos alimentos cando hai xente que morre de fame -caso actual do leite-, ou xente que morre por culpa da malaria dado que unha maldita farmaceutica non quere vender a vacina a menos dunha certa cantidade que moitos paises non se poden permitir -igual de noxentas cas patentes do sw son as patentes farmaceuticas-,… non sei non me cadran as contas))

    Saude e Saudos!!! :-D

Leave a Reply