Google xestiona o teu desexo de información (I)
Presentación
Se cadra este sinxelo título amosa o obxectivo esencial de Google. Ben, alomenos un deles...
A cantidade enorme de información persoal que na actualidade dispón Google fai que a súa organización e maila súa xestión sexa a maior materia prima coa que darnos logo valor engadido. E non só se nutre da información persoal senón de bibliotecas, mapas xeográficos, videos e unha innúmera cantidade doutros valores moi apreciados pola sociedade, todos eles conectables para ofrecer resultados moi rendibles tanto para cada un de nós como para Google.
As indexacións son filtradas, cuantificadas e logo valoradas para seren ofrecidas como resultados ás nosas necesidades é a fórmula adecuada coa que este magnate da rede nos cautiva. Todo iso cunha matemática visión da neutralidade. Subliñan que traballan con algorítmos o máis neutrais posibles pois non producen información propia ou de habela ésta é só ínfima.
Vint Cerf vicepresidente e xefe evanxelizador de Internet que contribuira decididamente ao seu nacemento ao final da década dos sesenta traballa actualmente en Google. Cerf certifica que a posibilidade de obter información filtrada é a realidade que nos rodea, pois calquera medio fai uso de filtros ao manipularen aínda que mínimamente o que nos pretende dar como 'verdade'. Ao escribir, ao gravar, ao fotografar, ao editar... sempre haberá factores humanos incidindo cos seus filtros. En Google tamén, pero sinalan que son manipulados por algoritmos e un mesmo ao ir facendo escollas de resultados desas informacións. Nós mesmos damos vida e sentido a eses algoritmos.
chuzame -
En: Internet por Roberto Brenlla
[...] Presentación: céntrase na cantidade de información que manexa e maila súa manisfesta neutralidade. [...]