Google xestiona o teu desexo de información (II)
Traballando en Google
Con teórica neutralidade, si, mais con torrentes de imaxinación para a procura máis eficaz de toda a información da Internet, así traballa Google.
Como nun campus universitario, o ambiente de traballo en Google está feito a base de reclutar só á xente máis intelixente, ofrecéndolles salas de masaxe, futbolíns ou sofás de cores RGB e ximnasios, por exemplo. Así é o traballo en Google, cada quen traballa como máis cómodo se sinta e daquela se mellora o rendemento laboral, como así corroboran estudos de prestixiosas consultoras laborais. Practicas voleibol con outros integrantes durante un descanso e logo levas o teu portátil cara a tarraza onde poste a traballar. Alén diso, tes a certeza de dispor semanalmente da quinta parte do teu tempo para facer exclusivamente aquilo que máis che motive e divirta. Traballar con diversión coa que xerar creatividade, esa é a súa política laboral, de envexa.
Para traballar aló, por exemplo, chégase tras resolver un problema matemático dun anuncio nun cartaz da estrada e, se adiviñas o seu resultado e lle engades '.com', entrarás nunha web cos datos de ofertas de traballo na empresa.
A cantidade de información que ten este buscador ofrécese con calidade pois sempre se está á procura da utilidade e na personalización dos resultados acadados, só iso, sen maldade. Incrible ou certo segundo confiemos no que din deles mesmos. Así, compróbase como todos os seus servizos foron e son sempre de balde ou como participan no mecenado de aplicacións de software libre.
Google di estar plenamente consciente de que moitos dos seus integrantes están preocupados cun potencial troco de rumbo na dirección da súa política empresarial. Daí que queiran manter esa escala de valores inicial coa que comezou a súa andaina cara o que hoxe son.
Con todo, tradúcese este 'buen rollito' laboral á información que manexa ou é o noso 'big brother'? Esa é unha inquedanza cada vez maior por parte de todos os que empregamos os seus servizos.
Máis na terceira parte.
chuzame -
En: Internet por Roberto Brenlla
Leave a Reply