Google xestiona o teu desexo de información (III)
Servizos de balde, grandes ingresos
"O acceso a información sempre foi un pulo para a sociedade, sempre foi unha corrente liberalizadora e xeradora dunha era vibrante na historia", sinala un dos seus responsables de marketing. Hoxe ese acceso é masivo, tanto en cantidade de información como en público consumidor dela.
Pode a cantidade ir acompañada de calidade? Con a creatividade desbordante xerada nuns escenarios laborais de envexa xurden Google Earth, Maps, Mail, Calendar, Docs & Spreedsheet, Picassa, Blogger ou a mercada YouTube, escurando á oferta competidora con moita facilidade. Así, hai cantidade e calidade.
E os ingresos do xigante, u-lo?
Os servizos son todos de balde mais os ingresos son enormes e sempre proveñen da publicidade. Ata a súa chegada á escena, a publicidade a tiñamos invasiva, agora é tamén pode ser contextual. Non agrada comprobar que os anunciantes queiran invadir o noso espazo como acontece a cotío coa insistente presenza nas TV, nos xornais ou nas pop-ups. Con Google témola cando a queremos atopar, os anuncios están por todas partes mais son presentados con limpeza, sen agredir, e iso que os temos por todas partes!
Proba do éxito desta fórmula é o seu valor actual en bolsa, máis de 116.000 millóns de euros.
chúzame -
En: Internet por Roberto Brenlla
Leave a Reply