Viola GNU a marca rexistrada Linux?
Linux é unha marca rexistrada propiedade de Linus Torvalds e está administrada polo Linux Mark Institute. Pois ben, o LMI é quen garante as licenzas da marca 'Linux' a negocios e grupos que queiran usar a devandita marca nos seus produtos.
Precisamente digo isto cando hai 16 anos que se solicitara axuda para o seu incipiente desenvolvemento pois Linus anunciaba a súa versión 0.01 en Usenet. Hoxe, se queres, aínda podes descargar aquelas versións históricas.
Cando un se refire a marcas rexistradas ten que empregar o símbolo ® ou, como mínimo, un pequeno tributo ao seu propietario, como acotío vense en artigos e novas como notas ao pé de páxina.
Acontece que GNU non o fai, como tampouco o fan Debian e moitas distros, nin sitios web ou asociacións locais de entusiastas do Software Libre. De feito, a legalidade di que GNU/Linux é un intento de construir unha nova marca sobor dunha xa extistente. Daquela Debian GNU/Linux, sexa unha distro libre, gratuita e nobre, está a infrinixir tal legalidade.
Mais non pasa nada por iso! No Sw Libre hai bo rollito... Pero é que GNU está continua e xustamente reinivicando a propiedade e autoría do sistema operativo e maila marca á vez que a liberdade que conleva.
Aquí entraríase en quen ten que pedir licenza a quen. Linux construiuse grazas a GNU, por existir ferramentas libres como gcc, gnu-bash... verdade? Mais é verdade que ese kernel foi feito por Linus, non por GNU pero con xente de GNU.
Alén destas controversias de quen licenciaría a quen, acho que a cousa está ben claro pois véxoa como unha elección natural. GNU é dificil de dicir, sexa no idioma que sexa. Non é tan natural e armonioso como Linux. Por motivacións comerciais ou en termos fonéticos AFI, Linux gaña. Só é por iso!
O demais é tomarse a xustiza sen atender á legalidade
Deixo unhas ligazóns onde seguir ampliando información.
www.pjhyett.com/posts/224-how-not-to-open-source
bleedingedgeopensource.blogspot.com.../is-gnulinux-trademark-violation.html
chuzame -
En: FLOSS por Roberto Brenlla
Leave a Reply