As farmacéuticas deberían empregar o modelo FLOSS
A industria farmacéutica está aferrada á liña promovida polas decimonónicas patentes como garantía aos seus masivos desembolsos adicados a I+D. Está na 'cutting edge' e nin ten tempo para ollar cara os veloces desenvolvementos que se acadan co modelo que está a empregar o Sw Libre, ou máis xenericamente FLOSS (Free and Libre Open Source Sw).
Por que non empregan este modelo? É algo que levo ben tempo compartindo coa audiencia dos meus relatorios e a nivel persoal. Pouca xente entende o que estou a comentar e outra moita sinxelamente está a velo como imposible de acadar. Mais imposible tamén era combatir co modelo do sw privativo e nembargantes.... aí está o Sw Libre.
No canto de facer grandes investimentos onde só se pode confiar nun grupo reducido con grandes mentes, pódese rexistrar a autoría libre dunha descoberta sobor dun potencial avance para a cura dunha enfermidade, por exemplo, o cancro. Ao ter autoría con licenza libre, toda a humanidade pode tentar atopar a saída eficiente por esa vía. E, de atopala, comunicaríano á fonte, retroalimentando o seu desenvolvemento. Daquela a empresa farmacéutica non tería que investir tanto, os resultados serían acadados máis rapidamente e os prezos finais dos fármacos non serían desorbitantes por mor da pouca amortización debida a custosos investimentos individuais. A Humanidade é quen gaña.
E cando un enferme, a quen acudiría? A quen distribúe algo iniciado por outra empresa ou á empresa fonte dese desenvolvemento?
Seica pode esixir máis liñas encher esta idea con argumentos pero... sirvan estas poucas liñas para recreala e subliñar que co paso dos anos non deixa de variar na miña mente.
chuzame -
En: FLOSS por Roberto Brenlla
Leave a Reply