Google xestiona o teu desexo de información (IV)
Temos un novo Big Brother?
Os servizos que Google fornece están a arrasar á competencia. Así, Google eclipsa aos procuradores de Yahoo! e M$ con cifras moi elocuentes: é o motor de busca preferido polo 57% da sociedade norteamericana ou un 97% da española. O mesmo acontece co Google Earth co apenas coñecido World Wind da N.A.S.A., YouTube, Blogger... con contadas excepcións. Unha destas pode ser Flickr.
Se ademais entras (login) a través dun destes servizos, permaneces logueado nos seguintes servizos que visites. Por unha banda isto sirve para que disfrutes dunha atención personalizada á vez que enche de medo pois es rastrexado. Pode facer todo isto que Google sexa o novo Big Brother?
Din que non a gardan máis información persoal do que se considera normal... Si, mais canto é o normal? Dezaoito meses é a resposta. Por iso estivo na UE Peter Fleischer, o seu asesor neste eido. Di que o que fan é 'anonimizar' os datos das procuras pasados os 18 meses, da mesma forma que un banco tacha os últimos números dun cartón de crédito. Iso permite que as procuras non se asocien a un computador determinado.
Non todos concordan con esta normalidade. Brewster Kahle, presidente de Internet Archive, non cre na neutralidade de algoritmos e Ian Brown, de Open Rights Group, non quere que a súa vida enteira estea almacenada e tratada aló. Temos un "Ministerio da Verdade"? Tampouco o ten claro John Perry Barlow, antigo letrista do grupo Grateful Dead, co-fundador da Electronic Frontier Foundation, actualmente o vicepresidente da Fundación, autor da "Declaración da Independencia do Ciberespazo". Tal declaración comeza tal que así:
Gobernos do Mundo Industrial, vós, cansos xigantes de carne e aceiro, vingo do Ciberespazo, o novo fogar da Mente. En nome do futuro, pídovos no pasado que nos deixedes en paz. Non sodes benvidos entre nós. Non exercedes ningunha soberanía sobre o lugar onde nos reunimos. Non eliximos ningún goberno, nin pretendemos telo, así que me dirixo a vós sen mais autoridade que aquela con a que a liberdade sempre fala.
Google, o novo Big Brother, foi fundado en 1998 por dous estudantes da Universidade de Stanford, Larry Page e Sergey Brin.- A compañía ofrece acceso a 10.000 millóns de páxinas web. A súa saída a Bolsa foi a máis soada desta década, chegando hoxe a valorizarse ata os 116.000 millóns de euros.
Rematarei proximamente esta pequena serie cun novo artigo que incluirá resumo, ligazóns e agradecementos.
chuzame -
En: Internet por Roberto Brenlla
[...] Temos un novo Big Brother? Cantidade de información e maila personalización conforman un cóctel de complexa combinación. [...]