Nas Xornadas de Sw Libre no Ensino de OuSLi
O primeiro que me chamou a atención das I Xornadas de Sw Libre no Ensino de OuSLi foi a cantidade de público congregado e, sobre todo, a súa calidade pois moita xente xa posuía experiencia co Sw Libre, algo realmente moi ilusionante dado que non moito tempo atrás isto non acontecía nin soñando. A organización estivo realmente á altura dos acontecementos froito dun traballo moi ben distribuido e coordinado, actuando sempre como unha auténtica piña. Todos os integrantes de OuSLi traballaron e se involucraron neste éxito. Vaia por diante a noraboa á organización!
A xornada do venres 5 de outubro comezou cao intervención de Mª José Rodríguez do CESGA. Explicou a enorme aceptación que está a ter a área de proxectos de teleformación no CESGA, todo ilo con servidores e aplicacións en sw libre.
O ensino de tecnoloxías de redes con sw libre foi impartido por Miguel Díaz-Cacho, docente da ESEI da Universidade de Vigo. Quédome sen calificativos se só digo que me fascinou. Foi un crescendo en canto á animación e en como gañaba a complicidade do público asistente. Persoalmente foi un privilexio poder coñecelo xunto á posibilidade de abrir algunha liña de colaboración e até, por que non, amizade.
Macada véu ex proceso dende Irlanda para participar na organización do evento mais tamén para achegar o sw libre ao público. Alén disto tiven tempo para compartir a viaxe ata o hotel, conversando sobre música de diversa índole, novas tecnoloxías ou a propia supervivencia en Irlanda.
Tralo acto inaugural, Suso Baleato, director de Proxectos FLOSS da Xunta de Galicia, comentou con gran claridade e simpatía a actual posición galega, tanto da sociedade como da economía e política arredor do sw libre. Nótase o traballo curtido dalgúns que levamos uns aniños neste eido. Sorprendeume moi positivamente.
Beatriz Montero amosounos os pormenores da Rede de Dinamización, proxecto no cal particpa indirectamente C.T.I. TEGNIX. O devandito proxecto está a ter un éxito insospeitado inicialmente e confío na súa continuidade polo ben da alfabetización dixital con sw libre na nosa comunidade.
O remate do dia véu con sorpresa. Campello non podía dar a súa conferencia por mor de problemas familiares e daquela ofrecinme a cubrilo. Na posterior cea decidiuse que si o faría.
Espertei ben cedo para ollar os adestramentos da F-1 así como para revisar o material que daría. O relatorio Directrices Migratorias penso que gustou pois recibín loubanzas de varias persoas e até unha invitación a incluir un artigo sobre o mesmo na revista da ATI, nomeadamente Novatica.
Seguidamente foron us turnos das experiencias en institutos. Teo Ramírez amosounos o Galinux, baseada nunha Slax. Logo do seu relatorio combinamos aloxar as distros na máquina que AGNIX posúe e ten no CESGA. Despois véu un incomensurable Manuel Morán, outro ao que se lle nota os aniños de dura loita contra as inclemencias na implantación de sw libre. Rematou esta tanda, Pedro Reina a quen xa coñecía da vez que o chamara para as Xornadas do Ensino do 2004.
O sono que levaba atrasado e mailo acumulado do dia anterior fíxome desistir continuar en canto á miña asistencia ao evento. Éste proseguirá os dias 19 e 20. Tamén irei, dende logo!
Por último, subliño a enorme ledicia que para C.T.I TEGNIX tivo poder comezar a patrocinar economicamente un evento, xusto neste caso de tanto éxito e cordialidade coa organización.
chúzame -
Hola
Para min foi un auténtico pracer dar a conferencia e coñecer a xente como tí. O pior foi quedarse sen ver a tua presentación …. e as outras, pois tiven que voltar co meu proxecto privativo …. a familia …..
Ten por seguro que estou dispoñible para colaboracions que se consideren oportunas ou para tomar unhas cañas ……
Un abrazo …