Participarei no I FSL de Lisboa
Darei dúas (?) palestras representando a AGNIX no I Fórum Software Livre de Lisboa. Inicialmente convidáronme a dar as dúas mais comentei que podería intentar contactar con alguén da Xunta para participar na mesa "Software Livre no Governo" no canto de ser a miña visión persoal e non oficial do que está a acontecer na nosa comunidade. Se isto último non fora posible, daríao eu. Loxicamente a miña intervención versaría sobre o acordo progamático de goberno, PEGSI, as iniciativas incluidas en Mancomun.org, a Rede de Dinamización...
Onde seguro estarei será na mesa "Software Livre na Sociedade" para amosar a prolífica experiencia asociativa galega, tanto oficial como a informal conformada en grupos de localización como Galego21 e Proxecto Trasno. Tamén pretendo comentar as iniciativas Blogaliza e Chuza por sinalar uns exemplos galegos da actual web 2.0.
As dúas mesas acontecerán o venres 12 de outubro de 2007.
Agradezo sinceramente esta oportunidade e mailo interese amosado polo coordinador xeral do evento, Ralf Braga, así como e a Marco Lima por recomendar a miña presenza.
chuzame -
En: AGNIX, Eventos, FLOSS, Persoal, Relatorios por Roberto Brenlla
Lisboa, que inveja! Não vá com veste de romano
Fantástico meu!!!!!!!!!!! dende logo que tes moi merecido participar en actos de tan grande envergadura; ninguén mellor pra’ representar ao sw libre galego.
Saudos e Saude!
Oe cando subes un post explicando como che foi en Lisboa?? de certo que o nivel de agnix quedou solventado pero ¿como estaba organizado? ¿foi interesante?… haber home contanos algo!