Aconteceu no I FSL de Lisboa
Representando a AGNIX no I Fórum Software Livre de Lisboa tiven a ocasión de participar con dúas palestras e coñecer a outros palestrantes, portugueses e brasileiros, sobor de todo éstes últimos pois eran a maioría.
A experiencia foi moi enriquecedora. Abrín varios contactos con quen representaba esas comunidades. Estaban aló o peso pesado Julio Neves, autor do "Livro livre e completo sobre bash" co cal procuraremos colaborar traducindo e publicando por aquí ese libro (olla a casa que Julio ten á venda, puro paraíso!); Fernanda Weiden, agora traballando en Google onde traballa xestionando o balanceamento de carga, representantes do Ministério de Planejamento do Brasil (Rogério Santana e Corinto Meffe) , Leandro Malaquías dando bos consellos migratorios, perdón "evolutivos" como ben dixo Marco Lima, CIO de VerticalOne, quen promoveu a miña presenza no evento.
Saín con Carlos, CEO de CTI TEGNIX, e toda a turma brasileira a cear ao Chapitô para logo seguir con Daniel Rouso a tomar algún cóctel e despois afondar nas rúas lisboetas.
O evento estivo coordinado por Ralf Braga (ten fotos!), quen xerou un ambiente moi entrañable mais, ao meu entender, e así o fixen saber, estivo pobre en canto a difusión e rigurosidade horaria.
Foi fantástico amosar un chisco da historia galega, iniciativas do goberno e da comunidade... ao público xeral emailos palestrantes cos que compartin a miña estadía. Máis dun levouse unha sorpresa. Por que unha sorpresa? É o que me pregunta o amigo Tonio nun comentario a este artigo. Pois realmente por varios detalles: descoñecemento dunha historia tan común, un idioma practicamente igual salvo, precisamente, aquela provocada pola separación histórica dende o medievo, por sermos "a quarta parte da povoação de São Paulo", por termos moitas asociacións, varias iniciativas do goberno, outras varias da comunidade... en fin, que quedaron con bo sabor de boca.
Polo que parece, haberá máis eventos aos que ir
Nos vindeiros dias subirei fotos e completarei os artigos sobre Google co amosado por Fernanda no seu relatorio.
chuzame -
Máis dun levouse unha sorpresa…?? e logo que pasou, porque se levarón sorpresa¿? que pensaban que aquí ainda andavamos en zocas ou…
…por certo moi bonita a garabata, jejee jeee
Saudiños e saude.
[…] Grazas a poder asistir no I FSL de Lisboa a un relatorio de Fernanda Weiden sobre Google, empresa onde traballa xestionando o balanceamento de carga, resumo a filiación de Google co Sw Libre. […]
[…] Persoal, Software Libre, Amizade, Relatorios, Eventos, Galicia-Galiza, Brasil | Trackback | del.icio.us |Enriba […]
[…] todo transcorrería moi ben pois cadrou de serme presentado virtualmente por Julio Neves no pasado FSL de Lisboa. Si, era o mesmo nerd que facía virguerías tanto cun skate como cun script en […]
[…] que adoito dar na Rede de Dinamización e a derradeira é unha das que din recentemente en Lisboa. Semella que o de CKO está gustando pois o explico dicindo que os avós adoitan ser catalogados […]