Google xestiona o teu desexo de información (V)

Google e mailo Sw Libre

Grazas a poder asistir no I FSL de Lisboa a un relatorio de Fernanda Weiden
sobre Google, empresa onde traballa xestionando o balanceamento de carga, resumo a filiación de Google co Sw Libre.

Google naceu con código libre e compoñentes hardware estándares. O seu vertixinoso crecemento seguíu así, integrando máis hardware estándar e sw libre. Detrás das innúmeras computadoras que posúe está GNU/Linux. No Google.com, no GMail... Tamén nas ferramentas (OpenSSL/SSH, Apache Axis), linguaxes de programación, compiladores, análise de datos, nas web toolkits e no 95% dos escritorios. Si, nos escritorios está o "Goobuntu", unha sinxela e interna personalización dunha Ubuntu.

Por que o emprega? Para ser independentes de empresas forncedoras de aplicacións de software, investigar o necesario e adaptalo ás súas necesiades e porque resposta á ética empresarial.

Proba disto son as súas iniciativas de liberación de código, doazóns, parches (kernel Linux, Apache, OpenSSL/SSH, MySQL, Wine, Debian, Ubuntu...) ou até o seu coñecido Summer of Code.

Por que manteñen o Summer of Code? Porque mantén vivo un ecosistema de Sw Libre pois é bo para Internet e, polo tanto, tamén o é para Google. Tamén porque é un óptimo xeito de coñecer estudantes de todo o mundo e dispor dunha ampla canteira de 'googlers' (quen traballa en Google).

Chuzame! chuzame -

3 Responses to “Google xestiona o teu desexo de información (V)”

  1. A semana pasada vin o documental -El mundo según Google- e deixoume máis preguntas que respostas. Google é moooooi grande e parece ser unha empresa con obxetivos -limpos- pero non sei ata que punto. Quen nos dice que de un día para outro non trocan a mascara e se converte no dictador da rede, ou o que sería peor que fagan uso dunha mascara de cordeiro pero teñan ideas de lobo. Recomendo ver o documental, eu xa lle empezaba a ter medo a Google agora xa llo teño.
    Saude!

  2. A todo isto, é un documental nada alarmista, só que te fai ver e plantexar preguntas…

  3. De feito, Toni, entre as varias fontes onde procurei información para facer esta serie de artigos está ese video, Fernanda Weiden, Andrés Maneiro… Farei un resumo de todo axiña ;-)

Leave a Reply