2° Encontro Nacional do BrOffice.org
Aconteceu o venres 26 de otubro. Grazas a Claudio F. Filho, un auténtico impulsor de iniciativas a prol do Sw Libre (BrOffice, Mozilla-br, PostgreSQL-br) a comunidade galega puido particpar neste encontro a través de Mancomun.org e algunhas persoas interesadas.
Alén dalgúns problemas técnicos iniciais o evento comezou do xeito apropiado. Inaugurou a serie de intervención Marcos Mazoni, director-presidente do SEPRO que é o Servizo de Porcesamento de Datos do Brasil. Resultoume moi atractiva a súa intervención polo pausado da súa fala, a claridade de ideas e maila firmeza defendendo o Sw Libre. Tras el, Giovani Salomon, do sindicato de empresas de informática, resaltou todo o sinalado.
Logo véu o Claudio. Velo provocou en min moita ledicia á vez que emoción pois xa levamos tempo compartindo ideas, iniciativas e inquedanzas. Con todo, acho que a amizade xa está presente entre nós. Fixo unha análise da historia do proxecto BrOffice ata estar hoxe a máis de 10 millóns de computadoras do país.
Suso Baleato explicou aos diferentes puntos conectados (cinco en Brasil, Alemaña, Escocia e nós) o que supón Mancomun.org, os seus ámbitos de actuación emailas distintas alternativas que abrangue. Porén, tendo en conta o que fixen en Lisboa, botei en falta uns minutos de contextualización. Uns apuntamentos sobre a historia galega e lusa poderían ser moi clarificadoras para un público que, se cadra, a penas pode situarnos nun mapa. Ramom Flores foi moi incisivo ao solicitar á comunidade brasileira un maior compromiso suprimindo desnecesarios anglicismos que adoitan permanecer nas trducións ao portugués. O tempo non deu para máis e para min foi unha mágoa que Manuel Hermo, presidente de AGNIX, non poidera amosar a a súa inicitaiva de traducir ao galego a revista mensual do BrOffice.
Os distintos fusos horarios obrigaron a rematar a nosa presenza xusto á finalización da intervención de Suso. Ogallá teñamos máis oportunidades de colaboración como esta!
chuzame -
En: AGNIX, Amizade, Brasil, Eventos, FLOSS, Galicia-Galiza, Persoal por Roberto Brenlla

Leave a Reply