E agora comeza a guerra pola Web 3.0
Estamos case que fartos de escoitar nos últimos tempos o termo Web 2.0, sen saber ben que é ou por tratarse dun invento con fins comerciais. Agora o director de Google, Eric Schmidt, atrévese a definir a Web 3.0. Schmidt predí que a Web 3.0 será un conxunto de aplicacións que:
- poderán traballar todas xuntas,
- serán relativamente pequenas,
- xestionarán datos que estarán 'na nube',
- poderán ser executadas en calquera dispositivo (PC, móbil),
- serán moi rápidas y moi personalizables,
- poderanse distribuir viralmente (redes sociais, email)
Acontece que isto semella ser o obxectivo de Facebook, unha especie de Sistema Operativo Social vía web.
Sendo así, moitos xa anticipaban o interese de Google en investir ou até mercar a Facebook. Isto non acontecerá pois será a súa competencia máis directa, Micro$oft, quen finalmente fará tal investimento.
Estando así a situación, a estratexia de Google pasa por tentar crear a súa propia Web 3.0. Para ilo, o xigante das procuras en Internet está patrocinando o proxecto Socialstream.
Socialstream é o resultado do patrocinio de Google como toque final ao programa master do Instituto de Interacción Humano-Computador da Universidade Carnegie Mellon.
Por certo, a Web 3.0 xa ten entrada na Wikipedia.
chuzame -

Leave a Reply