Esteganografía GPL con steghide

Esteganografía é a arte e ciencia de escribir mensaxes secretas de tal forma que ninguén de fóra de quen o envía e quen o recibe sabe da súa existencia; en contraste coa criptografía, onde a existencia da mensaxe é clara, pero o contido da mensaxe está oculto. Polo xeral unha mensaxe deste tipo semella outra cousa, como unha lista de compras, un artigo, unha foto, etc. As mensaxes na esteganografía poden ser cifradas primeiro cos medios tradicionais, para posteriormente seren agochadas, por exemplo, nun texto que poida conter a devandita mensaxe cifrada, resultando a mensaxe esteganográfica. Un texto pode ser manipulado no tamaño de letra, espaciado, tipo e outras características para ocultar unha mensaxe, só o que o recibe, quen sabe a técnica usada, pode extraer a mensaxe e logo descifrala.

Podes cifrar as túas mensaxes con sw libre empregando técnicas esteganográficas grazas á aplicación steghide.

Tras instalala podes probala enviando un texto 'segredo.txt' no interior dunha imaxe 'foto.jpg':

steghide embed -cf foto.jpg -ef segredo.txt
  Enter passphrase:
  Re-Enter passphrase:
  embedding "segredo.txt" in "foto.jpg"... done


Lo de enviar a túa mensaxe esteganográfica, quen a reciba ten que facer:

steghide extract -sf foto.jpg
  Enter passphrase:
  wrote extracted data to "segredo.txt"

Tes un manual en castelán na propia páxina do steghide.

Chuzame! chuzame -

I FSL Lisboa (unhas fotos)

Como prometera no seu dia aínda que algo tarde velaquí deixo a ligazón a algunhas fotos do I FSL Lisboa. Están na sección de Sw Libre, claro, por iso hai máis...

Chuzame! chuzame -

O vicio de probar novas ‘distros’

Nos últimos dias xordíronme dúbidas sobre se pagaría a pena ou non probar algunha das novas distros ou até trocar de sabor durante unha boa tempada.

Isto lévame a pensar que é unha auténtica ledicia ter a dispoñibilidade de probar 'distros' ata elixir a que mellor se axeite aos teus desexos ou necesidades. Mais tamén... pode convertirse nunha auténtica tentación! Cada certo tempo apetéceme fedellar, probar novidades, verificar a impresionante velocidade de desenvolvemento das tecnoloxías libres... e isto convértese nun xa recorrente vicio.

Dias atrás uns cantos estivemos comentando sobre as veracidades e falacias que hai tralo acordo Novell-M$. Un defendía con argumentos que xamais lera nin escoitara que tal acordo unicamente beneficia a Novell ao tempo que alabou o doado que é todo en openSUSE e até as atrocidades que, segundo seguía dicindo a esa mesma persoa, fai Mark Shutelworth (fundador de Ubuntu). Sentíame propenso a probar novas distros e esa conversa precipitou máis o que desexaba.

Decidín que as finalistas para esta nova tempada serían as doadas:

ou as adecuadas para fedellar:

Sigo contando daquí a un tempo.

Chuzame! chuzame -

Pai da internet rejeita novo órgão para gerenciar web

Em entrevista para Computerworld do Brasil, o frecuentemente nomeado coma pai de Internet, Vint Cerf cre que existem problemas mais urgentes, como IPv6, e que Internet não precisa de um novo órgão formado por governos mundiais que administrem padrões da grande rede.

O histórico amparo fornecido pelo Departamento de Comércio dos Estados Unidos levantou questionamentos sobre a influência norte-americana no órgão que regula padrões e tem obrigações técnicas na internet mundial em alguns debates do evento.

"A internet atual é 99% operada pela iniciativa privada, que oferece infra-estrutura, mas precisamos ter retorno dos stakeholder (apostadores), com governos, sociedade civil e usuários em geral oferecendo opiniões e visões sobre políticas internas", explica Cerf.

As discussões sobre o papel futuro do ICANN parecem se encaminhar para uma participação cada vez maior de outros países, que hoje formam o Governmental Advisory Committee, em que representantes de 109 nações debatem alterações nos regimentos do ICANN e sugerem mudanças ao quadro de diretores.

"Se fosse recomeçar para inventar um novo grupo de internet com as mesmas implicações técnicas do ICANN, apareceria a mesma coisa, já que as mesmas pessoas o formatariam. Já passamos por isto tanto em 1998 como em 2003", argumenta, destacando ainda que o regimento interno do ICANN obriga revisões críticas da entidade periódicas para avaliar como está seu funcionamento.

"Estamos operando (a internet) há 8 anos e a rede nunca entrou em colapso", diz.

Quen é Vint Cerf?

Vinton 'Vint' G. Cerf é científico da computación estadounidense, considerado como un dos 'pais' de Internet.

A principios dos anos 70 comezou a traballar con Robert Kahn no desenvolvemento dun conxunto de protocolos de comunicacións para a rede militar ARPANET financiado pola axencia gobernamental DARPA.

O coñecido e indispensable protocolo TCP/IP (Transmission Control Protocol/Internet Protocol) foi presentado por Vinton Cerf e Robert Kahn en 1972. Cerf estableceu en 1979 a Internet Configurarion Control Board (que posteriormente se denominou Internet Activities Board) e foi o seu primeiro presidente. Actualmente Vinton Cerf é o Chief Internet Evangelist de Google, ocupación que compaxina co cargo de presidente do ICANN.

Chuzame! chuzame -

‘Distros’ GNU/Linux portuguesas

Noutros lugares se está a pechar desenvolvementos de 'distros' derivadas (como o posible caso Kurumin) e até as grandes 'distros' comezan incluir ferramentas para que poidas crear os teus propios cd-vivos (Fedora e openSUSE, que eu saiba xa o fan).

Namentres pasa isto globalmente, Portugal ten alomenos 10 distros 'personalizadas'! Son estas:

- PaiPix especialemente pensada para ciencia e tecnoloxía, ten como base a Debian e está sendo desenvolvida por António Amorim.

- Alinex, baseada en Debian con Gnome, desenvolvida na Universidade de Évora e colaboracións GNU/Linex de Estremadura.

- Caixa Mágica, baseada na SuSE ata agora mais troca cara Mandriva para a seguinte. Din que está en 14.000 PCs de 1.200 escolas...

- FEUPLive, a Ubuntu Edição FEUP está desenvolvido na Faculdade de Engenharia da Universidade do Porto (FEUP). Din que está/estará instalada nuns 1.000 PCs...

- Inforbios-Linux, creada por un empresario que di 'Deus no Céu, Linux na Terra', é vendido nons PCs das súas tendas. Curiosamente está baseado na Kurimin...

- IPBrick, un sistema operativo baseado en Debian, pensado para a rede e enfocada a servizos de intranet e comunicacións.

- Komunix, apoiada polo partido comunista portugués e baseada en Ubuntu.

- Linius é una iniciativa do Ministerio da Xustiza co obxectivo lóxico do seu emprego na xustiza do país.

- Protech enfocada especialemente na seguridade e baseada na Ubuntu.

- Vixta quere ter un aspecto gráfico semellante ao Window$ Vista, incluindo o nome.

Atopei esta información no Tux Vermelho.

Chuzame! chuzame -

C.T.I TEGNIX 2.0 RC1

C.T.I. TEGNIX naceu con parto natural e mínimas posibilidades de subsistencia pois un proxecto inacabado e sen a suficiente inxección económica que o sustente ten un futuro pragado de doenzas. O símil dunha crianza que nace con pouco sangue pode ser o idóneo para comprendelo.

Si, é certo, exitía unha media idea por se algún dia acontecera o que logo foi realidade: alguén solicitou servizos empresariais e había que facturar. Isto obrigou a un parto por cesaria que á vez precisaba dunha incubadora para que o feto subsistira con pouco sangue. Mais non foi o caso, non houbo suficiente incubación.

Non abondaron os moitos esforzos, ilusións e sacrificios de toda índole, as innúmeras horas de traballo de varios dos involucrados, nin as inexistentes cobranzas por tales traballos, nin as difamacións de impresentables anónimos, nin as constantes aportacións económicas para cubrir débedas, nin os compromisos persoais reflictidos e asinados en documentos que logo un único noxento non cumpre e até chantaxea ao resto. Menos mal que só houbo unha única persoa noxenta e que fun quen de solventalo retirando, unha vez máis, cartos do meu peto para que accedera facer o que antes asinara que faría perante a situación que tiñamos. Si, agora ben sei o que é isto da chantaxe.

É evidente que unha empresa precisa dalgo máis ca todo isto. Non abonda con ilusións e sacrificios se non hai aposta económica, proxecto serio e as persoas idóneas.

Tralo remate desta fase péchase unha cancela e sinto unha profunda tristeza á vez que un sincero agradecemento a todos os involucrados, os que foron socios, os que traballaron, os que solicitarons os nosos servizos... agradezo con franqueza a tanta xente!

Agora é posible outra C.T.I. TEGNIX sólida e cun promisorio futuro, na que levamos investido tempo concretando o adecuado proxecto plurianual, coa inxección idónea de capitais e maila participación de formidables técnicos que, á vez, levan anos contribuindo activamente na comunidade profesando un sincero amor ao software libre. Si, porque alén de todo isto, seremos unha auténtica empresa de sw libre verde.

Porén, esta nova empresa non sería posible sen todos os que se sacrificaron no pasado. A todos eles e elas doulles o meu sincero agradecemento.

Chuzame! chuzame -

ODF vs. ODF

Está a ODF (Open Document Foundation) apoiando outro formato distinto ao ODF (Open Document Format) ?

Se cadra sería bo comezar explicando que o ODF é un estandar aberto para aplicacións de oficina definido pola OASIS (Open Document Format for Office Applications), recentemente aprobado pola entidade supranacional ISO (International Standards Organization). Há pouco a mesma ISO rexeitou o formato de estandar aberto proposto pola Microsoft nomeado OOXML.

O amigo Tonio enviou unha mensaxe á lista de correo-e de AGNIX que sementou dúbidas entre a xente que a ela estamos subscritos. Na súa mensaxe incluía dúas ligazóns:

Ao final semella que todo ficou resolto. A primeira ODF (Open Document Foundation) non é a oficial:

Before all the discussions start, it's worth noting that this group consists of nothing more than 3 people in a garage somewhere. The real entity behind the ODF format is called the Open Document Alliance. Ergo, that the Open Document Foundation stops promoting the OD Format is totally irrelevant!

Algo que nos comentou de primeira man Claudio (BrOffice) re-enviando, entroutros, un correo-e de Roberto Salomon á lista PSL-Brasil :

Conheço o trabalho do Gary e do Sam Hiser junto a OpenDocument
Foundation e apesar de tudo o que se fala, o buraco é mais em baixo.

A OpenDocument Foundation foi criada pelos dois para, entre outras
coisas, desenvolver um plug-in para o MS Office que permitisse aos
usuários daquela suite abrir documentos ODF. Eles esperavam contar com
apoios financeiros que não vieram.

Também esperavam ser a implementação de referência para o plug-in.
Infelizmente para a OpenDocument Foundation, a Sun liberou o dela antes
e de forma gratuita quebrando as perspectivas de venda do plug-in que
estava em desenvolvimento por eles.

Principalmente o Sam, tinha uma visão extremamente radical do processo
onde tudo tem que estar perfeito. Se não estiver, não deve ser lançado.
Nesta linha, eles esbarraram em diversos problemas com o plug-in da
OpenDocument Foundation, inclusive mudanças na API pela Microsoft entre
o último beta e a versão final do Office 2007.

Já faz algum tempo que a OpenDocument Foundation vem reclamando de falta
de apoio institucional. Sair atirando é, na minha opinião, uma forma de
tentar manter a pose sem ter que admitir que o trabalho que eles vinham
fazendo não deu certo.

Aclarado queda ;-)

Chuzame! chuzame -