C.T.I TEGNIX 2.0 RC1
C.T.I. TEGNIX naceu con parto natural e mínimas posibilidades de subsistencia pois un proxecto inacabado e sen a suficiente inxección económica que o sustente ten un futuro pragado de doenzas. O símil dunha crianza que nace con pouco sangue pode ser o idóneo para comprendelo.
Si, é certo, exitía unha media idea por se algún dia acontecera o que logo foi realidade: alguén solicitou servizos empresariais e había que facturar. Isto obrigou a un parto por cesaria que á vez precisaba dunha incubadora para que o feto subsistira con pouco sangue. Mais non foi o caso, non houbo suficiente incubación.
Non abondaron os moitos esforzos, ilusións e sacrificios de toda índole, as innúmeras horas de traballo de varios dos involucrados, nin as inexistentes cobranzas por tales traballos, nin as difamacións de impresentables anónimos, nin as constantes aportacións económicas para cubrir débedas, nin os compromisos persoais reflictidos e asinados en documentos que logo un único noxento non cumpre e até chantaxea ao resto. Menos mal que só houbo unha única persoa noxenta e que fun quen de solventalo retirando, unha vez máis, cartos do meu peto para que accedera facer o que antes asinara que faría perante a situación que tiñamos. Si, agora ben sei o que é isto da chantaxe.
É evidente que unha empresa precisa dalgo máis ca todo isto. Non abonda con ilusións e sacrificios se non hai aposta económica, proxecto serio e as persoas idóneas.
Tralo remate desta fase péchase unha cancela e sinto unha profunda tristeza á vez que un sincero agradecemento a todos os involucrados, os que foron socios, os que traballaron, os que solicitarons os nosos servizos... agradezo con franqueza a tanta xente!
Agora é posible outra C.T.I. TEGNIX sólida e cun promisorio futuro, na que levamos investido tempo concretando o adecuado proxecto plurianual, coa inxección idónea de capitais e maila participación de formidables técnicos que, á vez, levan anos contribuindo activamente na comunidade profesando un sincero amor ao software libre. Si, porque alén de todo isto, seremos unha auténtica empresa de sw libre verde.
Porén, esta nova empresa non sería posible sen todos os que se sacrificaron no pasado. A todos eles e elas doulles o meu sincero agradecemento.

Moita sorte coa nova TEGNIX!