O vicio de probar novas ‘distros’
Nos últimos dias xordíronme dúbidas sobre se pagaría a pena ou non probar algunha das novas distros ou até trocar de sabor durante unha boa tempada.
Isto lévame a pensar que é unha auténtica ledicia ter a dispoñibilidade de probar 'distros' ata elixir a que mellor se axeite aos teus desexos ou necesidades. Mais tamén... pode convertirse nunha auténtica tentación! Cada certo tempo apetéceme fedellar, probar novidades, verificar a impresionante velocidade de desenvolvemento das tecnoloxías libres... e isto convértese nun xa recorrente vicio.
Dias atrás uns cantos estivemos comentando sobre as veracidades e falacias que hai tralo acordo Novell-M$. Un defendía con argumentos que xamais lera nin escoitara que tal acordo unicamente beneficia a Novell ao tempo que alabou o doado que é todo en openSUSE e até as atrocidades que, segundo seguía dicindo a esa mesma persoa, fai Mark Shutelworth (fundador de Ubuntu). Sentíame propenso a probar novas distros e esa conversa precipitou máis o que desexaba.
Decidín que as finalistas para esta nova tempada serían as doadas:
- Ubuntu Gutsy Gibbon (xa instalada)
- openSUSE 10.3
- Fedora 8
ou as adecuadas para fedellar:
- Slackware 12, a sempre querida distro pois foi a primeira que empregara hai... máis de 10 anos!
- FreeBSD 6.2
Sigo contando daquí a un tempo.
chuzame -
En: FLOSS por Roberto Brenlla
[...] Blog de Juampa wrote an interesting post today!.Here’s a quick excerptO vicio de probar novas ‘distros’ 24 Novembro 2007 Nos últimos dias xordíronme dúbidas sobre se pagaría a pena ou non probar algunha das novas distros ou até trocar de sabor durante unha boa tempada. Isto lévame a pensar que é unha auténtica ledicia ter a dispoñibilidade de probar ‘distros’ ata elixir a que mellor se axeite aos teus desexos ou necesidades. Mais tamén… pode convertirse nunha auténtica tentación! Cada certo tempo apetéceme fedellar, probar novidades, verificar a impresionante [...]
Ola, “invitote” ó ‘meme das 8 cousas‘.
Estiven a investigar que é iso do ‘meme’ e a pesares de ler nas ligazóns que deches, ás chamadas por móbil feitas á xente amiga en Chuza e… a verdade Xosé Manuel, aínda non sei ben do que se trata. Ando a cen! Que queres que fagha? Canto hame levar? Terei que procurar a máis xente? É algo así como rede piramidal? Sinto a miña absoluta ignorancia nisto mais levo un bo tempo, como dicía, totalmente ‘off’
Pois eu acabo de instalar no meu vello portátil (P697Mz con 256MB Ram e 40GB de DD) a Xubuntu 7.04, antes tiña instalado a Ubuntu 6.06 pero decidin probar esta distro haber se podo facer algunha pijeria máis ainda que o ordenata xa se quedou obsoleto
Iso sí, usei aptOncd porsi as cousas non van ben poder retroceder sen ter que traballar moito.
Por certo…, ainda que eu tampouco estou moi posto o día nos termos que usa a ‘blogosfera’ entendo (a pesar de poder estar trabucado) que un -meme- é unha entrada onde contas algo sobre o que fas ti. (Se estamos a falar do mesmo…claro
)
[...] Hei seguir o conto titulado “O vicio de probar novas ‘distros’“. [...]