Esteganografía GPL con steghide

Esteganografía é a arte e ciencia de escribir mensaxes secretas de tal forma que ninguén de fóra de quen o envía e quen o recibe sabe da súa existencia; en contraste coa criptografía, onde a existencia da mensaxe é clara, pero o contido da mensaxe está oculto. Polo xeral unha mensaxe deste tipo semella outra cousa, como unha lista de compras, un artigo, unha foto, etc. As mensaxes na esteganografía poden ser cifradas primeiro cos medios tradicionais, para posteriormente seren agochadas, por exemplo, nun texto que poida conter a devandita mensaxe cifrada, resultando a mensaxe esteganográfica. Un texto pode ser manipulado no tamaño de letra, espaciado, tipo e outras características para ocultar unha mensaxe, só o que o recibe, quen sabe a técnica usada, pode extraer a mensaxe e logo descifrala.

Podes cifrar as túas mensaxes con sw libre empregando técnicas esteganográficas grazas á aplicación steghide.

Tras instalala podes probala enviando un texto 'segredo.txt' no interior dunha imaxe 'foto.jpg':

steghide embed -cf foto.jpg -ef segredo.txt
  Enter passphrase:
  Re-Enter passphrase:
  embedding "segredo.txt" in "foto.jpg"... done


Lo de enviar a túa mensaxe esteganográfica, quen a reciba ten que facer:

steghide extract -sf foto.jpg
  Enter passphrase:
  wrote extracted data to "segredo.txt"

Tes un manual en castelán na propia páxina do steghide.

Chuzame! chuzame -

Leave a Reply