Feliz 2008 !
A felicidade non é facer o que un quere
senón querer o que un fai.
Feliz 2008 !
En: Amizade, Persoal por Roberto Brenlla
Sen Comentarios »
GNU, Linux, Internet… F1 e demais
A felicidade non é facer o que un quere
senón querer o que un fai.
Feliz 2008 !
En: Amizade, Persoal por Roberto Brenlla
Sen Comentarios »
Tradicionalmente quen pertence ao mundo da arte adoita afiliarse á esquerda política. Abonda comprobalo rescatando imaxes de pasadas eleccións onde especialmente xentes das artes aparecen apoiando o seus candidatos de esquerda. Si, é certo, a dereita tamén ten os seus persoeiros das artes aínda que máis ben penosos alén de escasos.
Defender os intereses da clase artista e aparecer con ela nas derradeiras imaxes de calquera campaña electoral significaba un monte de votos de devotos espectadores que idolatran a determinados persoeiros. Non é de estrañar, hainos que seguen consumindo asuntos ‘rosa’ a cotío!
Velaquí que o panorama troca. Agora semella xurdir unha nova postura política. Por que defender os intereses duns poucos idolatrados cos que obter os seus votos emailos dos seus seguidores? Como loitar contra todos estes se conforman unha absoluta minoría? A descoberta chámase canon.
O canon naceu inxusto pois sempre pretendeu compensar as eventuais perdas que as novas tecnoloxías provocaban nos ingresos por cesión e desfrute da súa creación. Este tipo de propiedade intelectual volveuse máis feble e vulnerable ca nunca segundo se foi confirmando a actual revolución dixital. É dicir, presupón que son os consumidores os que han pagar a obsolescencia dun modelo de negocio no canto de que ese sector evolucione cos tempos que corren e coa máxima determinación. Outras das inxustizas que provoca a súa existencia é a súa universalización, a súa xestión por unha entidade privada, a ausencia de equidade e un variado ‘etc‘ no que non me pretendo introducir pois non é o obxectivo da reflexión que me levou escribir estas liñas.
A clase política atópase agora con que a maioría da poboación está en contra do canon. Opositar esta evidencia non lle compensa nin á esquerda. Entón por que segue a apoiar o canon ou non loita contra el con absoluta determinación? Aí é onde quería chegar. O canon venlle que nin diola á dereita pois xa se atopa nunha confortable posición frente á tradicional loita perdida de todas as pasadas eleccións. E á esquerda? Terá que espabilar e, se cadra, até axudar ao sector a atopar o seu propio óco na nova coxuntura económica e tecnolóxica.
Este conto debería ser ben máis longo e profundo para atinxir unhas conclusións válidas que, de seguro, seguirían enfrentando posturas. Porén prefiro pensar que este asunto non será o determinante nos nosos votos pois, con certeza, temos outros problemas moito máis importantes a resolver.
En: Cultura Libre, Internet por Roberto Brenlla
Sen Comentarios »
‘There is something wrong in the state of Open Source‘ é o título dun artigo de Hannu Savolainen, desenvolvedor en 4Front Technologies da API do sistema de son OSS (Open Sound System) e todas as súas principais funcións. Savolainen tamén traballou na maioría dos controladores a baixo nivel das tarxetas de son profesionais.
Savolainen comenta que o código fonte do OSS foi aberto baixo a licenzas GPLv2 e CDDL há uns meses. Houbo varias razóns para iso:
O caso é que decidiuse abrir o OSS baixo dúas licenzas, a GPLv2 e CDDL, por crer que ese modelo é o que mellor atinxe todas as posibilidades do mercado. Funcionou? Savolainen cre que si e non.
‘A parte positiva é que acadaron éxito en comprobar o interese de diversos desenvolevdores. A parte negativa é que, na contra do agardado, as súas vendas disminuiron notablemente! Estamos nunha desafortunada posición pois só provemos controladores que se supoñen libres.
Para nós abrir o código significa dicirlle adeus a calquera esperanza de ingresos. Os clientes que previamente mercaban licenzas OSS non o fan máis. Cremos que ter o código fonte que eles dalles alomenos os mesmos dereitos cós nosos.
Que podemos facer? Desenvolver OSS xa non é máis rendible o cal significa que teríamos que atopar algunha vía para alimentar ás nosas familias. E daquela quen desenvolverá OSS para ti?
Se cadra pensas que vendendo camisetas co logo OSS se poderái financiar o desenvolvemento. Mercaches algunha vez camisetas para financiar algún proxecto de código aberto? Alomenos eu non, nunca.
Intentei engadir algúns Google ads nalgunhas páxinas do noso sitio e na Guía de Progarmación de OSS (que ten 2000 impactos diarios). En dúas semanas acadamos exactamente $00.00 por esta vía.
Así que ten alguén algunha idea mellor?’
O artigo orixinal e o anterior, titulado To GPL or not to GPL, that is the question.
En: AGNIX, FLOSS por Roberto Brenlla
10 Comentarios »
Trátase de instalar como segundo sistema operativo nunha PlayStation 3 a Ubuntu 7.10 Gutsy sen borrar o sistema operativo que trae a PS3, nomeadamente XMB. Polo tanto hase engadir novas funcionalidades á PS3 sen estragar as que xa posúe. Para ilo necesitas:
- Obivamente unha PS3
- Unha chave USB ou Memory Card (a PS3 só le SD/miniSD Memory Card, Memory Stick PRO (Duo) e CompactFlash). Tamén pode valer un disco duro externo formatado con FAT32.
- Teclado e rato USB conectados á PS3
- Unha Ubuntu Gutsy
Se tes isto e queres facelo sigue lendo aquí o resto do artigo.
Xa escribira algo sobre isto en AGNIX. Daquela apuntaba cara PSUbuntu que ten actualizada este tipo de instalación co seu propio artigo.
En: AGNIX, Curiosidades, FLOSS por Roberto Brenlla
Sen Comentarios »
A resposta é rotundamente afirmativa no eido público. Si, debería ser obrigatorio. Por que? Hai infinitas razóns de peso e ben as coñecemos: a situación actual de inconstitucionalidade na que nos atopamos, a independencia técnolóxica, a ética política e social, o aforro económico, a adpatabilidade ás necesidades e un case que infinito etcétera.
Obrigaría o uso de Sw Libre nos entes privados? Tamén terano que empregar para poder cumprir escrupulosamente coa LOPD entroutras.
E na casa de cada quen? De primeiras acho que non, avaliado isto en termos de liberdade individual. Na casa dun cada quen emprega o que queira, está claro. Claro? Nin tanto pois é que a liberdade de cada quen está por riba da colectiva? Quen ou que se encarga de determinalo?
Seica esta loita pola concienciación colectiva a prol da adopción do Sw Libre de xeito universal é de longo percorrido e máxima adicación. Se cadra é máis complexa cás outras loitas polo ben do pobo e da humanidade. É máis doado explicar as bondades da reciclaxe do lixo cá explicación da necesidade de coñecer os códigos fontes emailas liberdades dos sistemas libres. Seguramente tamén é máis difícil cá defensa das baleas e golfiños mais non por iso deixa de haber quen se encargue desas defensas. Hai que acadar múltiples concienciacións colectivas en tantas frontes!
Por iso acho que ‘obrigalo’ nas nosas casas non é o camiño. Si que fomentaría a conciencia de por que hai que usalo. Tamén penalizaría o uso doutros sistemas pechados e algunha estratexia máis, igual que o fan agora gobernos do mundo contra as conductas non ecolóxicas.
En: FLOSS, Persoal por Roberto Brenlla
1 Comentario »
Dando un improvisado dia de clase ás rapazas que conformarán a vindeira tanda de Dinamizadoras da Sociedade da Información houbo un comentario ao fío do que nese intre estaba comentando, o proxecto Fome Zero de Lula da Silva e mailo OLPC.
Unha delas subliñou que cría moito máis importante que os gobernos de países subdesenvolvidos se adicaran a outros fins moito máis apremiantes cós de dotar dalgúns portátiles ou aprender tecnoloxía… En fin, máis ou menos a cousa ía por aí. Antes estradas que computación.
Tras meditalo alí mesmo uns intres cheguei á seguinte conclusión. A crúa loita pola supervivencia e o achegamento a cotas de mellores calidade de vida da poboación non é un proceso lineal que corresponda a un determinismo matemático. Mais, de seguro que esixe moitos sacrificios.
Ben sabemos que a cada intre morren persoas por culpa da fame ou enfermidades e non por iso só hai que crear iniciativas para darlles de comer ou sanar. Hai un acordo bastante xeralizado de que o idóneo es ‘aprenderlles a pescar‘.
De igual xeito fai falla atacar moitas outra frontes: a prevención do SIDA, a alfabetización, a obtención de auga… até o control da natalidade, un ao meu entender case que primordial.
Si, é certo, son moitas frontes! Cal é a solución idónea? Haina? Hai cabida para a tecnoloxía cando o que urxe é comer e sanar? Ben complexa é a resposta cando está en xogo tantos sacrificios! Porén, atrévome a opinar que a solución pasaría por unha política de choque uniforme en varias frontes á vez.
Podemos investir toda a pouca axuda en dar de comer inmediatamente pero, se esquecemos o control de natalidade de pouco valerá pois o problema só irá medrar. O mesmo poderíase dicir con calquera outro tipo de políticas illadas.
Só sei que na mínima porcentaxe que se lle asigne á tecnoloxía en toda esta voráxine de demandas acuciantes ten que estar presente o Sw Libre.
Ás dinamizdoras esquecinme dicirlles que non hai Sociedade do Coñecemento sen Sw Libre. Facelo con outro tipo de tecnoloxía só nos achegaría ao peldaño inferior, o da Sociedade da Información, unha sociedade escrava e consumista, non xeradora de riqueza intelectual. Disto falei varias veces pero algún dia heino pór nunha entrada neste blog.
En: Brasil, FLOSS, TEGNIX por Roberto Brenlla
2 Comentarios »
Hei seguir o conto titulado «O vicio de probar novas ‘distros’«.
Na primeira parte puxera a opción de cinco grandes distros ás que tiña gañas de probar, fedellar e daquela garantir a miña actual escolla, unha Ubuntu 7.10 Gutsy, como a máis axeitada aos meus intereses e necesidades.
Grazas ás ligazóns que o devandito artigo contén, pódese comprobar que para moitas das cuestións que a maioría de nós desexa, fanse de xeito pouco humano en case que todas, sendo a Ubuntu unha das máis sinxelas de todas. Refírome, por exemplo, ao feito de ollar calquera tipo de arquivo multimedia. Coa Ubuntu tentas abrir un arquivo e de non teres o oportuno códec diche se o queres instalar. De aceptares, xusto despois da súa instalación xa abre o arquivo multimedia causante de todo ese proceso. Se queres instalares todo o sw suxo de golpe só tes que procurar o arquivo ubuntu-restricted-extras.
O tema da instalación por defecto do Macromedia Flash Player na openSUSE 10.3 é un claro exemplo do doado que se fan as cousas con esta distro. O seu xestor de configuracións YaST é unha auténtica marabilla.
Ter un firewall instalado por defecto na Fedora 8 é un gran acerto. Porén, se precisas de cousas comúns como algúns drivers, códecs… a cousa complícase desnecesariamente.
Ámbalas dúas anteriores, xunto coa Mandriva, teñen aspectos, finalidades emailos medios para acadalas moi comúns. Polo que levo feito probando a openSUSE, Mandriva e Fedora grazas á ferramenta FreeOsZoo, o seu roteiro pode que sexa axeitado mais… onde está o fantástico sistema de paquetes Debian? Moito lembro das desaventuras sofridas co sistema RPM.
Slackware e FreeBSD evidentemente están noutra beira. Slackware ten moita significación emocial para min pois foi a miña primeria experiencia con Sw Libre. Segue a ser estremadamente limpa, directa. Tamén segue necesitando que vaias compilando moitos paquetes.
FreeBSD é moi rápida, potentísima mais require familiarizarse coas súas interioridades pois a pesares de ser un *nix, ten as súas propias particularidades (sistema de ficheiros, empaquetado de sw, ubicación de arquivos…). Tampouco posúe todo o sw que a un lle gustaría. Isto pode solventarse moitas veces grazas ao seu emulador Linux.
Encantaríame usar a cotío calquera delas pero para ilo preciso tempo, algo que coma moitos, non posúo. Está claro que ámbalas dúas non son as idóneas para optimizalo e agora preciso ser produtivo ao máximo. Cando me xubile heinas empregar ao xeito do gbrainy que desenvolve Jordi Mas
Tralo adecuado tempo de probas, información, repouso e meditación decido seguir coa Ubuntu: é doado fedellar nela, é suficientemente limpa, ten unha boa combinación de automatismos que medran notablemente a produtividade, un proverbial sistema de paquetes Debian, unha comunidade de usuarios e desenvolvedores das máis amplas (é a maior?) e cada seis meses satisface o meu vicio de probar cousas novas.
En: AGNIX, FLOSS, Persoal por Roberto Brenlla
3 Comentarios »