Razoando sobre o vicio de probar novas ‘distros’

Hei seguir o conto titulado "O vicio de probar novas ‘distros’".

Na primeira parte puxera a opción de cinco grandes distros ás que tiña gañas de probar, fedellar e daquela garantir a miña actual escolla, unha Ubuntu 7.10 Gutsy, como a máis axeitada aos meus intereses e necesidades.

Grazas ás ligazóns que o devandito artigo contén, pódese comprobar que para moitas das cuestións que a maioría de nós desexa, fanse de xeito pouco humano en case que todas, sendo a Ubuntu unha das máis sinxelas de todas. Refírome, por exemplo, ao feito de ollar calquera tipo de arquivo multimedia. Coa Ubuntu tentas abrir un arquivo e de non teres o oportuno códec diche se o queres instalar. De aceptares, xusto despois da súa instalación xa abre o arquivo multimedia causante de todo ese proceso. Se queres instalares todo o sw suxo de golpe só tes que procurar o arquivo ubuntu-restricted-extras.

O tema da instalación por defecto do Macromedia Flash Player na openSUSE 10.3 é un claro exemplo do doado que se fan as cousas con esta distro. O seu xestor de configuracións YaST é unha auténtica marabilla.

Ter un firewall instalado por defecto na Fedora 8 é un gran acerto. Porén, se precisas de cousas comúns como algúns drivers, códecs... a cousa complícase desnecesariamente.

Ámbalas dúas anteriores, xunto coa Mandriva, teñen aspectos, finalidades emailos medios para acadalas moi comúns. Polo que levo feito probando a openSUSE, Mandriva e Fedora grazas á ferramenta FreeOsZoo, o seu roteiro pode que sexa axeitado mais... onde está o fantástico sistema de paquetes Debian? Moito lembro das desaventuras sofridas co sistema RPM.

Slackware e FreeBSD evidentemente están noutra beira. Slackware ten moita significación emocial para min pois foi a miña primeria experiencia con Sw Libre. Segue a ser estremadamente limpa, directa. Tamén segue necesitando que vaias compilando moitos paquetes.

FreeBSD é moi rápida, potentísima mais require familiarizarse coas súas interioridades pois a pesares de ser un *nix, ten as súas propias particularidades (sistema de ficheiros, empaquetado de sw, ubicación de arquivos...). Tampouco posúe todo o sw que a un lle gustaría. Isto pode solventarse moitas veces grazas ao seu emulador Linux.

Encantaríame usar a cotío calquera delas pero para ilo preciso tempo, algo que coma moitos, non posúo. Está claro que ámbalas dúas non son as idóneas para optimizalo e agora preciso ser produtivo ao máximo. Cando me xubile heinas empregar ao xeito do gbrainy que desenvolve Jordi Mas :-)

Tralo adecuado tempo de probas, información, repouso e meditación decido seguir coa Ubuntu: é doado fedellar nela, é suficientemente limpa, ten unha boa combinación de automatismos que medran notablemente a produtividade, un proverbial sistema de paquetes Debian, unha comunidade de usuarios e desenvolvedores das máis amplas (é a maior?) e cada seis meses satisface o meu vicio de probar cousas novas.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

3 Responses to “Razoando sobre o vicio de probar novas ‘distros’”

  1. Jejeee de novo con Ubuntu! A verdade e que é un vicio. Eu agora mesmo teño 3 Ubuntus instalados en distintas pc’s (Xubuntu 7.04-Portatil, Ubuntu6.10-Gnix- no pc máis vello, Ubuntu 7.10 no novo) é ainda que xogo con outras distros virtualizadas, ningunha se me axeita como Ubuntu. Que ten?? Pois algo moi sinxelo… pensa no usurio que non ten nin quere ter o mellor idea de informática, facendo as cousas sinxelas. E iso que para o meu gusto deberían de meter nos repositorios as novas versións dos programas que ten, así ainda facilitaría máis as cousas.

  2. [...] asennadas: Razoando sobre o vicio de probar novas ´distros´ http://brenlla.blogaliza.org/2007/12/02/razoando-sobre-o-vicio-de-probar-novas-distros/ [...]

  3. Eu hai anos que me acomodei en debian. Como ben comentas, foi un alivio saír da loucura dos RPMs. A única vez que lle poño os cornos é cando uso algún livecd de ubunto en sistemas sen GNU/Linux instalado.
    A xeito de proba, recentemente instalei outros sistemas operativos:
    a) Open Solaris: fracaso total.
    b) FreeBSD 6.2: despois de instalar tódalas facilidadades GNU, foi unha maravilla.

Leave a Reply