Pode o Sw Libre combatir a fame?

Dando un improvisado dia de clase ás rapazas que conformarán a vindeira tanda de Dinamizadoras da Sociedade da Información houbo un comentario ao fío do que nese intre estaba comentando, o proxecto Fome Zero de Lula da Silva e mailo OLPC.

Unha delas subliñou que cría moito máis importante que os gobernos de países subdesenvolvidos se adicaran a outros fins moito máis apremiantes cós de dotar dalgúns portátiles ou aprender tecnoloxía... En fin, máis ou menos a cousa ía por aí. Antes estradas que computación.

Tras meditalo alí mesmo uns intres cheguei á seguinte conclusión. A crúa loita pola supervivencia e o achegamento a cotas de mellores calidade de vida da poboación non é un proceso lineal que corresponda a un determinismo matemático. Mais, de seguro que esixe moitos sacrificios.

Ben sabemos que a cada intre morren persoas por culpa da fame ou enfermidades e non por iso só hai que crear iniciativas para darlles de comer ou sanar. Hai un acordo bastante xeralizado de que o idóneo es 'aprenderlles a pescar'.

De igual xeito fai falla atacar moitas outra frontes: a prevención do SIDA, a alfabetización, a obtención de auga... até o control da natalidade, un ao meu entender case que primordial.

Si, é certo, son moitas frontes! Cal é a solución idónea? Haina? Hai cabida para a tecnoloxía cando o que urxe é comer e sanar? Ben complexa é a resposta cando está en xogo tantos sacrificios! Porén, atrévome a opinar que a solución pasaría por unha política de choque uniforme en varias frontes á vez.

Podemos investir toda a pouca axuda en dar de comer inmediatamente pero, se esquecemos o control de natalidade de pouco valerá pois o problema só irá medrar. O mesmo poderíase dicir con calquera outro tipo de políticas illadas.

Só sei que na mínima porcentaxe que se lle asigne á tecnoloxía en toda esta voráxine de demandas acuciantes ten que estar presente o Sw Libre.

Ás dinamizdoras esquecinme dicirlles que non hai Sociedade do Coñecemento sen Sw Libre. Facelo con outro tipo de tecnoloxía só nos achegaría ao peldaño inferior, o da Sociedade da Información, unha sociedade escrava e consumista, non xeradora de riqueza intelectual. Disto falei varias veces pero algún dia heino pór nunha entrada neste blog.

Chuzame! chuzame -

2 Responses to “Pode o Sw Libre combatir a fame?”

  1. Hai anos, nun documental do que non recordo o nome, oín unha idea que se me quedou grabada: “o software libre é o maior movimento de coñecemento/diñeiro da historia”.
    Sen software libre, un país pobre ten que gastar diñeiro en:
    a) desenvolver software
    b) compralo
    Co software libre poden aforrar os cartos que tanto precisas para os ben básicos.

  2. [...] Fonte: asennadas [...]

Leave a Reply