Obrigaría o uso de Sw Libre?

A resposta é rotundamente afirmativa no eido público. Si, debería ser obrigatorio. Por que? Hai infinitas razóns de peso e ben as coñecemos: a situación actual de inconstitucionalidade na que nos atopamos, a independencia técnolóxica, a ética política e social, o aforro económico, a adpatabilidade ás necesidades e un case que infinito etcétera.

Obrigaría o uso de Sw Libre nos entes privados? Tamén terano que empregar para poder cumprir escrupulosamente coa LOPD entroutras.

E na casa de cada quen? De primeiras acho que non, avaliado isto en termos de liberdade individual. Na casa dun cada quen emprega o que queira, está claro. Claro? Nin tanto pois é que a liberdade de cada quen está por riba da colectiva? Quen ou que se encarga de determinalo?

Seica esta loita pola concienciación colectiva a prol da adopción do Sw Libre de xeito universal é de longo percorrido e máxima adicación. Se cadra é máis complexa cás outras loitas polo ben do pobo e da humanidade. É máis doado explicar as bondades da reciclaxe do lixo cá explicación da necesidade de coñecer os códigos fontes emailas liberdades dos sistemas libres. Seguramente tamén é máis difícil cá defensa das baleas e golfiños mais non por iso deixa de haber quen se encargue desas defensas. Hai que acadar múltiples concienciacións colectivas en tantas frontes!

Por iso acho que 'obrigalo' nas nosas casas non é o camiño. Si que fomentaría a conciencia de por que hai que usalo. Tamén penalizaría o uso doutros sistemas pechados e algunha estratexia máis, igual que o fan agora gobernos do mundo contra as conductas non ecolóxicas.

Chuzame! chuzame -

One Response to “Obrigaría o uso de Sw Libre?”

  1. […] Fonte: asennadas […]

Leave a Reply

*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture.
Anti-Spam Image