Hai algo errado no estado do Open Source

'There is something wrong in the state of Open Source' é o título dun artigo de Hannu Savolainen, desenvolvedor en 4Front Technologies da API do sistema de son OSS (Open Sound System) e todas as súas principais funcións. Savolainen tamén traballou na maioría dos controladores a baixo nivel das tarxetas de son profesionais.

Savolainen comenta que o código fonte do OSS foi aberto baixo a licenzas GPLv2 e CDDL há uns meses. Houbo varias razóns para iso:

  1. Desenvolvementos de terceiras partes dos controladores poden agregarse á arbore OSS.
  2. Damos aos usuarios a garantía de poder seguir empregando OSS incluso se 4Front Technologies decide sair do negocio.
  3. Fornecer o código fonte é darlles aos usuarios a posibilidade de personalizalo para os seus propósitos e necesidades.
  4. Cando moitos desenvolvedores poden ollar o interior do código fonte moitos erros poden ser atopados e, polo tanto, subsanados.
  5. Desexamos facer de OSS unha solución aceptable ao subsistema de son de todos os Unix/Linux/POSIX/e claquera outro compatible.
  6. Desexan promover a idea do concepto open source para animar a outras empresas a contribuir coa comunidade.
  7. Desexamos facelo de xeito que poidamos continuar co noso traballo como desenvolvedores
  8. Desexamos seguir vendendo OSS como produto comercial á clientela que desexa empregar OSS no canto daqueles privativos.

O caso é que decidiuse abrir o OSS baixo dúas licenzas, a GPLv2 e CDDL, por crer que ese modelo é o que mellor atinxe todas as posibilidades do mercado. Funcionou? Savolainen cre que si e non.

'A parte positiva é que acadaron éxito en comprobar o interese de diversos desenvolevdores. A parte negativa é que, na contra do agardado, as súas vendas disminuiron notablemente! Estamos nunha desafortunada posición pois só provemos controladores que se supoñen libres.

Para nós abrir o código significa dicirlle adeus a calquera esperanza de ingresos. Os clientes que previamente mercaban licenzas OSS non o fan máis. Cremos que ter o código fonte que eles dalles alomenos os mesmos dereitos cós nosos.

Que podemos facer? Desenvolver OSS xa non é máis rendible o cal significa que teríamos que atopar algunha vía para alimentar ás nosas familias. E daquela quen desenvolverá OSS para ti?

Se cadra pensas que vendendo camisetas co logo OSS se poderái financiar o desenvolvemento. Mercaches algunha vez camisetas para financiar algún proxecto de código aberto? Alomenos eu non, nunca.

Intentei engadir algúns Google ads nalgunhas páxinas do noso sitio e na Guía de Progarmación de OSS (que ten 2000 impactos diarios). En dúas semanas acadamos exactamente $00.00 por esta vía.

Así que ten alguén algunha idea mellor?'

O artigo orixinal e o anterior, titulado To GPL or not to GPL, that is the question.

OSS

Chuzame! chuzame -

10 Responses to “Hai algo errado no estado do Open Source”

  1. Joer pois sí que é unha putada, abres o código e perdes en vendas. Pero non sempre é así, dado que moooitas empresas de código aberto tenhen bos ingresos; entón onde esta o erro, cal é a causa???

  2. O erro pode vir de varias frontes pois non esquezamos que en negocios as causas de éxito son poucas e ás de fracaso adoitan ser moitas máis!

    Porén, neste caso coincido co que apuntou Xosé Otero no comentario a esta mesma nova publicada en AGNIX.org: por que non o fixeron hai anos? Hai uns 10 anos nin existía ALSA, o proxecto libre. OSS daquela non era libre e se se encamiñara a liberalo sería o dominante absoluto con case que total garantía. Ah, daquela non se lles ocurriu! Agora, si, dende logo, pode que sexa demasiado tarde … :-(

    É inxusto iso? Non son quen para impartir xustiza, está claro. Máis claro está que o mundo dos negocios sonche sempre ben duros.

  3. Coma punto é seguido ao descrito leo en Ousli.org a seguinte entrada “http://ousli.org/content/view/101/1/” onde fala o difícil que é vivir como programador do Sw libre. A min tanto isto como o caso de 4Front preocupame como futuro profesional da informática, no canto de que o Sw libre é unha das miñas paixóns. Agora que claro, lees todo isto e da medo ademáis de confundir, dado que últimamente só vemos por activa e por pasiva que o sw libre é o futuro pero logo vendo cousas coma estas pois… danche que pensar.
    Haber Sr.Brenlla, ti que ves este mundo con máis perspectiva e angulo historico, ¿Como ves a cousa?

  4. O trato de Sr e o do ángulo histórico significa ben ás claras que me tratas como a un avó? (Risos e máis risos) É certo, moitos trátanme como un avó! :-)

    Ben, comento algo aquí pero mellor adico un dia a escribir un artigo sobre o que penso. Creo que comezarei a escribir artigos de opinión máis a miúdo…

    Ao que ía. É unha evidencia que o Sw Libre está en alza, é incuestionable. Velaí están os feitos: gobernos, empresas, usuaros finais están a medrar en número constantemente. Outra proba máis é o feito da escaseza de man de obra especializada. Hai poucas persoas realmente expertas en sw libre e isto é unha garantía de éxito no mercado laboral, con certeza.

    Agora ben, montar unha empresa de sw libre é garantía de éxito? Nin de coña! Montar unha empresa, sexa do que fora, é algo moi complexo e esixe moita información xunto a unha boa dose de risco e esforzo para acadar o ansiado éxito.

    Seguirei nun artigo. Saúdos!

  5. O trato de Sr. é por respeto, o de ‘angulo historico’ é por traxectoría no mundo do sw libre.
    Penso que sí sería bo que escribises (trato persoal, jejeee) máis artigos de opinión, dado que este é un mundo plagado de FUD’s, e que dentro de cada comunidade de sw libre existan unhas voces que poidan ‘guiar’ ou mostrar a realidade deste movemento resultara de axuda para todos aqueles que non teñen claro o camiño.

  6. Non podo máis ca agradecer as túas verbas. Son para min unha grande honra. Obrigado!

  7. Ben, pois nada máis… esperar os primeiros post e xa falaremos logo.
    E agradecerche tanto a ti coma a Verrissimo, tonio,… o traballo diario que facedes en agnix.org
    Sen dubida un punto de referencia dentro do ambito galego. (e porque non portuges, brasileiro).

  8. Vale, outra pregunta; dado que lle estiben dando voltas ao aquí falado. Con respecto ao respostado no apartado 2 desta colección::

    Dame o mesmo se antes existia ALSA ou non, porque según indican os de 4front foi no momento de liberar o código cando perderón vendas, non sei os motivos polo que liberarón o código pero o caso e que sairón perdendo.
    Penso que non se trata de ser dominante no mercado senon de convivir e de competir, porque para dominante xa temos un mal exemplo, nonsi.
    E por último e máis importante, é posible a convivencia de sw libre e sw privativo??? dado que o sw privativo pode apropiarse do aprendido atraves do sw libre facer a súa versión mellorada e logo dispoñela a venda sin compartir información. Entendo que son modelos de negocios distintos, pero poden coexistir os dous dentro do mesmo habitat, entendendo a maior voracidade e especulación do sw privativo???

  9. En canto á primeira pregunta opino que o son e algo moi esencial. O sistema de son non é unha aplicación para gravares CDs onde tes moitas aplicacións, senón dalgo básico. Ou é ALSA ou é OSS (a partires de agora libre). O mesmo acontece co Solaris, antes privativo e agora liberado como OpenSolaris. Éste é libre pero non por iso hase repartir o pastel á metade. Terá que loitar co ‘kernel‘ Linux, e moito! CMS hai moitos, Gravadores de CDs tamén hai moitos, ‘kernels‘ poucos…
    É posible a convivencia privativo-libre? Acho que si nos estados intermedios, é decir, cando se está a ‘evolucionar’ dun privativo a outro libre. Xa hai misturas cando dun sistema privativo se actualiza a outro tamén privativo… Do NT ao Win-2000, por exemplo. É dicir, acho sensato concienciar que haberá estadios intermedios e misturados.

    En resumo, non é doado pasar de privativo a libre sen estados intermedios.

  10. Grazas pola expliación! Cousas como esta son as que nos interesan aos que estamos entrando dentro do ’sw libre’. O mercado e a forma de traballar do sw privativo xa é coñecido pero o modelo de negocio do sw libre ou do Open Source ainda é algo descoñecido e non sempre fácil de asimilar e entender. Por iso que xente coma ti faga relatorios explicando todos estes temas, dende a filosofía a realidade na loita dentro do mercado laboral pode axudar moito.
    Grazas de novo!

Leave a Reply