Formalizada a nova C.T.I. TEGNIX

Tras máis dun semestre de elaboración do proxecto empresarial, onte se formalizou perante notario o nacemento da nova C.T.I. TEGNIX, S.L.. Moitas son as ilusións depositadas nesta nova etapa e claros os obxectivos e estratexias.

Atrás quedan as implicacións de varias persoas que agora, por diversos motivos, abandonaron o proxecto e que, unha vez máis, agradecemos profundamente. Os que quedamos, xunto aos que entran, estamos claramente decididos a facer realidade o noso proxecto e o que o futuro nos depare.

Integramos este novos proxecto:

  • Carlos Rodríguez, capri99, actual presidente de GALPon como xerente (CEO) de TEGNIX.
  • Pedro Silva, goretoxo, promotor de Blogaliza.org como responsable técnico.
  • Claudio F. Filho, BrOffice, Mozilla-BR... como experto consultor en migracións masivas.
  • Roberto Brenlla (eu), asennadas, fundador de AGNIX como CKO e relacións externas.

O único que nos inqueda é a tramitación de Claudio, pois a burocracia é asfixiante nas máis das veces.

Hoxe mesmo comezaremos o estudo da anovación da nosa imaxe corporativa e nas vindeiras semanas hanse ir incorporando varios técnicos cos que xa temos acadado acordos laborais.

Parelelamente contamos coa participación dunha Facultade de Informática coa colaboración dun profesor universitario que ofrecerá o seu asesoramento técnico nos proxectos que levemos. Este será anunciado tras completar a súa formalización co FEUGA.

Netes intres son moitas as persoas que lembro e ás que, de ser posible, encataríame incorporar a TEGNIX ofrecéndolles traballo. Ogallá así sexa!

Hoxe comeza esa andaina...

Chuzame! chuzame -

Software Livre: Desenvolvedores e os outros (remate)

Isto é un punto e seguido ao anterior artigo do mesmo título.

Non podía deixar escapar a oportunidade de escribir a Aurélio Jarga comentado o que eu escribira e dándolle as ligazóns oportunas. Imaxinaba que todo transcorrería moi ben pois cadrou de serme presentado virtualmente por Julio Neves no pasado FSL de Lisboa. Si, era o mesmo nerd que facía virguerías tanto cun skate como cun script en bash!

Pois ben, sen transcribir literalmente a súa resposta, díxome que naquela época os políticos quixeran apoderarse de todo o protagonismo do Sw Libre no Brasil ata o punto de menosprezar a quen desenvolve. É claro que iso non pode ser ou, mellor dito, como é iso posible? Espero que eiquí tomemos estas leccións como aprendidas, estou case certo que así será.

Pola outra banda, por suposto, concorda co meu parecer de que todo isto da comunidade de Sw Libre é xustamente o que a verba 'comunidade' pretende significar, é cousa de todos e todas, en cooperación e até en competición, como espello da sociedade á que pertencemos.

Aurélio em açao!

Chuzame! chuzame -

Software Livre: Desenvolvedores e os outros

Non é primeira vez que atopo esta idea que provén dunha parte da comunidade de Sw Libre, normalmente desenvolvedora, e que está resumida no titulo que poño, copiado directamente do autonomeado coma nerd brasileiro Aurélio Marinho Jarga:

Muito antes da onda recente de politização do Software Livre, inclusão digital, liberdade tecnológica, ONGs digitais, certificação em Linux, representantes oficiais, porta-vozes da comunidade, paladinos, comitês, movimentos e comissões parlamentares, os desenvolvedores já estavam lá, sentados e produzindo códigos.

Muito antes do Software Livre ser sexy e estar na moda, virar buzzword, aparecer na mídia, virar bandeira política, ganhar revistas especializadas, sites, fórums e listas de discussão, os desenvolvedores já estavam lá, sentados e produzindo códigos.

Muito antes das intermináveis discussões de qual a melhor distro, da fragmentação de comunidades, das ofensas pessoais em canais públicos, da batalha de egos, das brigas internas de um mesmo time e da crítica gratuita, os desenvolvedores já estavam lá, sentados e produzindo códigos.

O mundo vai continuar girando e o sol vai nascer todos os dias, assim como continuarão os ruídos, as brigas e as modas. Enquanto isso, aqueles que fazem, continuarão fazendo.

Entendo o que Aurélio di igual que entendo moitas outras afirmacións porque procuro acadar a empatía con quen pense dun xeito determinado, aíndo sendo ás veces declaracións excesivamente rotundas e carentes da devandita empatía.

Na comunidade en xeral, e non é menos certo na do Sw Libre, acho que hai escaseza de empatía. Non tela adoita resultar en agresividade, illamento ou até inimizade.

É frecuente inimizade en frases como ás de xentes que non comprenden ás persoas desenvolvedoras pois simplfica os seus pareceres pensando que son tolas pasando todo o dia ao frente dunha pantalla e teclado. Á vez, quen desenvolve pode pensar, por exemplo, que con política nada se resolve. Outros non comprenden a quen se adique á poesía, física nuclear, socióloxía, avogacía e así de seguido ata a infinidade. Infinidade de incompresións, escaseza de empatía.

Ninguén posúe a verdade absoluta, creo que nisto estamos todos de acordo e, porén, abundan as verdades absolutas.

Cuestioneime varias veces que sería do Sw Libre se só se desenvolvera, se non houbera relatorios nin conferencias, se non houbera parties nin farras, se non houbera asociacións, se non houbera novas nas webs ou quen traducira ao galego, se non houbera compromisos políticos ou axudas públicas á adopción destas solucións, se non houbera música ou o Rap do Kill -9... e un longo etcétera que ben podería concluir cun "...e se o profeta Richard M. Stallman non repartira a súa bendición en inúmeras oportunidades ao longo destes últimos anos".

Si, até nesa utópica situación, concordo con Aurélio, seguramente seguirían existindo desenvolvedores desenvolvendo mais, se cadra, non compartindo o código pois posiblemente nin sequera se decataría que existise a alternativa do Sw Libre.

Unha das maiores lindezas da Humanidade é o feito de vivir en comunidade, e nela estamos todos, mutuamente dependentes, todos necesarios. Si, tamén necesitamos de xentes na poesía, física nuclear, socióloxía, avogacía e así de seguido ata a infinidade, pasando por quen desenvolva.

Paréceme sensato afirmar que ninguén debería sentirse o embigo do Universo, aínda que ese universo só sexa o do Sw Libre. Facelo amosaría inexistencia dunha mínima empatía.

Chuzame! chuzame -

Meu pai (72 anos) usa Ubuntu

O pasado mes de novembro o meu pai cumpriu o seu 72º anversario. Non sabía que regalarlle. Daquela a miña nae di que lle quere mercar un portátil, pedíndome que me encargara de facelo. Tate, xa está! Vai usar Sw Libre!

O meu presente sería darlle clases e mantemento do sistema ameazándolle que, de mercar el algún trebello deses que infestan de publicidade as canles de TV nas madrugadas, estaría estragando os seus cartos pagando licenzas alén de contar coa miña rotunda negación a fornecer calquera tipo de soporte para esas porcalladas.

Predicando con exemplo, fun directo á páxina dos portátiles de Imavisions e seleccionamos un deles. Falei con Manuel Guillán e, tralo orzamento, axiña fixemos a transferencia. Mágoa non ter sabido que tiñamos que agardar 15 dias para a súa entrega pois foi algo que non lle gustou ao meu pai. Para máis atrancos, o portátil viña cun erro de fábrica e tivemos que engadir outros 15 dias, total un mes. Recibímolo o 8 de xaneiro cuns extras engadidos (maletín, lámpada e lapis USB) pola nosa espera.

Meto mans na masa e reinstalo o sistema Ubuntu que tiña pois combrobara que case todo rulaba e prefería unha outra disposición e tamaño das particións. Porén, Manuel incluiu compilacións especiais para obter o son. Éste, trala miña instalación, simplemente non daba sinais de vida porque evidentemente estragara todo o traballo de Manuel. Xunto a isto, non rulaba o lector de tarxetas e uns leds. Ofrecéronse a arranxar todo, daquela envío o portátil e un par de dias despois xa estaba de volta con todo o que podía funcionar facéndoo.

Desde aquí doulle as grazas a Imavisions, especialmente a Manuel, pola adicación e traballo pois a satisfacción tanto miña como do meu pai é total. Engado que eles non só instalan o sistema nos seus equipamentos senón que os configuran e, polo comprobado, ofrecen excelente soporte.

Onte foi o primeiro dia de clases do meu pai. Aínda que xa acudira a algún cursiño de sw privativo, ten que se afacer ao manexo do rato e aprender mecanografía (até eu debería mellorar niso!). Porén ficou abraiado coas posibilidades que se lle abren.

Creou cartafoles, arquivos de texto plano e ODF, aprendeu o socorrido que é o botón dereito do rato, entendeu rapidamente as vantaxes dos escritorios múltiples, navegou, coñeceu a Galipedia, a Wikipedia, abriu a súa conta en GMail, chateei con el estando eu ao seu carón e moito máis! Tras un bo tempo de adicación levouse no maletín o seu flamante portátil e a encomenda de traballar co KTouch.

Non sei quen está máis ledo con todo isto. Será o meu pai ou eu mesmo?

Chuzame! chuzame -

Contornas heteroxéneas como resultado

Veño de publicar un artigo en AGNIX titulado "IBM tece redes de acordos":

IBM está a acadar acordos con diferentes axentes TIC estratéxicos. Así, a empresa pretende favorecer a adopción de escritorios GNU/Linux grazas aos acordos asinados con Ubuntu, Red Hat e Novell.

A Ubuntu ofreceralle a Solución Cliente de Colaboración Aberta (Open Collaboration Client Solution).

Ao redor do Lotus Notes 8 e mailo Open Collaboration Client Solution baseado no Lotus Symphony, IBM tamén anunciou un novo acordo con Red Hat procurando empresas pequenas e medianas. Semellante acordo xa fora feito con Novell en agosto de 2007.

Estes anuncios foron feitos na IBM Lotusphere 2008 de Orlando (EE.UU.).

A Open Collaboration Client Solution é un conxunto de software baseado en estándares abertos que procura mellorar a colaboración entre empregados e dismunuir o custe total da propiedade da información para que, nunha contorna de solucións hetereoxénea, facilite en última instancia a migración de escritorios.

Asemade, a igual que acontecera co acordo entre Novell e SAP, IBM tamén acodou un acordo con SAP mediante o cal ambas empresas desenvolverán un software, con nome en código 'Atlantic', para integrar o IBM Lotus Notes con SAP Business Suite. Ambas empresas xa aceitaron colaborar para facilitar solucións servidoras GNU/Linux de IBM.

Sendo SAP un fornecedor determinante en varias empresas (por exemplo, Coca-Cola), estes acordos con Novell e IBM supoñen unha porta que se abre á posibilidade migratoria cara solucións tecnóxicas baseadas en outras abertas e libres. Isto cónfirmase ollando a sección Open Source Integration de SAP.

Reflexionando

Evidentemente existen empresas con necesidades de software inexistentes ou mal cobertas con alternativas libres (é o caso por exemplo dos PLM) polo que a proposta non trata unha migración radical senón un proceso onde o resultado final deixe de ser exclusivamente privativo para ser alomenos heteroxéneo a curto e medio prazo.

Como activista defensor do Sw Libre dóeme comprobar que non todo é tan sinxelo á hora de mudar desde solucións privativas cara outras libres. Certamente isto non é o unha percepción nova en min. Cando descubrín á comunidade de Sw Libre (hai máis de 10 anos!) xa era consciente das múltiples e esenciales dificultades a resolver que por diante se presentaban. Con orgullo activista fun comprobando a vertixinosa velocidade evolutiva emailo derribo de barreiras mais... sen perder a fe, tamén son consciente da existencia dunhas outras barreiras máis difíciles de combatir.

Refírome ás implantacións de software específicos. Seica podemos e poderemos ir suplindo solucións antes impensables en eidos como a contabilidade, deseño gráfico, etc. Porén cos PLM (Product Lifecycle Management), SPSS ou até o Oracle* as substitucións semellan ter que agardar un bo anaco de tempo.

Como activista defendín e sigo defendendo ao Sw Libre a ultranza, sobor de todo se estamos a falar de escritorios domésticos, o ensino, a meirande porcentaxe de PEMES ou do libre acceso ao coñecemento da humanidade. Mais as contornas hetereoxéneas semellan ser o escenario habitual noutros moitos casos e para un inmediato futuro: servidores GNU/Linux xunto a outros servidores privativos, escritorios Windows+distros GNU/Linux+Mac, aplicacións libres con aplicacións privativas... As empresas fornecedoras terán que xestionar con máximo coidado e detalle estes asuntos.

A ilo habería que xuntar outros diversos factores que aquí non considero polo que seguirei este fío e así profundizar nesta análise.

*Xente amiga activista coméntanme con insistencia que Oracle está tecnoloxicamente por riba das solucións libres Postgres ou MySQL. Daí que o incluira nesa serie de exemplos de solucións de difícil subsititución.

Chuzame! chuzame -

Micropolis ou o SimCity libre, dispoñible para Ubuntu

A primeiros de ano 2008 sóubose que o código fonte do coñecido xogo SimCity foi liberado baixo a licenza GPLv3. Por razóns legais a versión de código fonte libre renomeouse como Micropolis.

Souben agora que está dispoñible en paquete deb para Ubuntu aquí.

SimCity

Chuzame! chuzame -

Por que Linux non subsitutirá ao Window$

Why Linux will not displace Windows - You are kidding arent you ? (Por que Linux non subsitutirá ao Windows - Tas de cachondeo, verdade?) é o título dun irónico artigo de ZDNet que a seguir tento traducir:

Estás dicindo que este Linux pode se executar nun computador sen tirar abaixo absolutamente o Windows? Sen un disco de arranque, sen controladores e sen servizos? Iso sóame absurdo.

Se iso fora certo (e o dubido), daquela as empresas estarían vendendo computadores sen un Windows. Isto claramente non está a acontecer...

... polo que ten que haber algúns erros nos teus cálculos. Espero que te decates que Windows é algo máis có Office. É un sistema completo que executa o teu computador de principio a fin, e iso é algo moi difícil de acadar. Moita xente non se decata diso.

Microsoft gastou 9.000 millóns de dólares e moitos anos para crear o Vista, polo que non soa razoable que algunha alterantiva poidera xurdir de súpeto na existencia. Levaría milleiros de millóns de dólares e un monte de esforzo acadalo. IBM intentouno e gastou unha gran cantidade de cartos desenvolvendo o OS/2 pero nunca poido seguir o ritmo do Windows. Apple intentou crear os seus sistemas durante anos pero finalmente rendiuse recentemente e trocou a Intel e Microsoft.

Non é posible que un 'freeware' como Linux poida ser tan amplo ata o punto de executarse de comezo a fin nun computador sen empregar algunha das partes críticas de Windows. Non é posible.

Creo que tes que reformular os teus supostos.

Chuzame! chuzame -

Festa blogueira no 14

Souben dela o mesmo dia e todo grazas á miña chamada ao Goretoxo. Díxome que ía vir á Coruña á quedada blogueira e a liada non fixo máis ca comezar.

Susana e eu deixamos aos nenos cos avós para logo coller o bus cara o Odilo, na rúa da Torre 30. Trala espera veñen Calidonia e Goretoxo. Comimos polbo con grelos, pementos do piquillo con queixo do país e revolto de cogumelos con gambas, ben regado con Reboreda e Azpilicueta.

Chegamos axiña ao 14 e aló xa tiñan a movida comezada. Recibiunos Besbe e dous pasos máis adiante xa estaba Opaco e toda a turma de xente que tiven o pracer de coñecer esa noite. Foi tanta que é mellor ollares nas ligazóns que inclúo ao longo desta entrada, principalmente no blog da Besbe e no da Apocalise do porco porque inclúen fotos e máis ligazóns.

Até houbo un momento, absolutamente exento de inspiración, onde asinei cos demais nun libro de visitas. Mágoa termos que marchar axiña (ben, xa eran as 2,30 hs) por mor das obrigas familiares, etc e tal, porque o rule semella que seguiu.

Chuzame! chuzame -

Podes mercar PCs máis baratos que unha única licenza de M$-Window$

Vexo en Linspire unha nova oferta que se engade á xa larga lista de PCs económicos con GNU/Linux. Neste caso é un de $199 e leva:

- Intel Celeron 420 1.6GHz processor
- 1GB Memory
- 80GB Hard Drive
- Card Reader
- Modem
- CDRW
- Keyboard, Speakers, and Mouse
- Freespire 2.0

Procurando prezos de licenzas, M$ vexo en PCBOX que éstas valen (mellor, custan):

  • KIT LEGALIZACION WINDOWS XP PROFESIONAL 188,63€
  • WINDOWS VISTA BUSINESS 32 BIT RETAIL 479,01€
  • WINDOWS VISTA HOME BASIC 32 BIT RETAIL 299,00€
  • WINDOWS VISTA ULTIMATE 32 BIT RETAIL 599,00€
  • e outras ofertas, como ás do Office que xa nin inclúo.

Curiosamente, PCBOX tamén inclúe na súa oferta ao Sw Libre:

  • INSTALACION DE S.O. LINUX Gratuito

Evidentemente isto tería que provocar a meditación a máis dunha persoa ao mercar novos equipos... Será?

Chuzame! chuzame -

Actualizando o N800 a OS2008

Rulará o software GPS Navicore? Isto non aconteceu coa versión beta e polo que poiden ler por aí agora si o fai.

A verdade é que lle estou a dar unha nova oportunidade ao N800 pois ao pouco tempo do que dispoño para fedellar en trebellos engádese a dificultade de sincronización. Verei se isto mellora ou só o hei empregar como GPS e pouco máis.

Nesta ligazón atopo as versións do sistema operativo. Descargo a actual versión:
RX-34_2008SE_2.2007.50-2_PR_COMBINED_MR0_ARM.bin

Nesta outra descargo o flasher. Han pedir os 12 díxitos de control do nº de serie do N800. Pódese atopar na caixa, baixo a batería ou WLAN MAC address no Control Panel > Device > About Product.

Respecto do Navicore atopei esta ligazón onde recomendan desactivar a licenza antes de facer o flashing. Temo moito esta operación posto que Navicore foi mercada por Nokia e agora chámase Wayfinder. Alén diso comentan que non se poderá volver emrpegar o devandito Naviocre pois como tal no existe senón a aplicación Map que vén co OS2008 e descargar os mapas vía WLAN.

Desenchufo e apago o Nokia N800 e logo o conecto ao portátil vía USB e confirmo que o flasher e mailo S.O. teñen permisos de execución (chmod +x). Isto e o demais é semellante ao feito noutras ocasións.

Reiniciou soíño desta vez sen ter que desconectar o USB.

A rapidez do arranque mellorou moito, con certeza, e súbito vou ao que me interesa, os mapas e mailo GPS. Vou a Aplicacións > Mapas > Mapas Dispoñibles e selecciono España e Portugal (~192 MB). Está a descargalo... namentres visito mywayfinder.

Descargouno rapidamente. Procuro sincronizar con Bluetooth o meu trebello GPS e saiume unha mensaxe de que o Wayfinder é un servizo de pago (hai demo gratuita) e pídeme a licenza. Introduzo a mesma que tiña de Navicore e semella que a acepta pois decidiu reiniciar a aplicación para que tamén eu acepte a licenza.

A vinculación do GPS por Bluetooth faise doadamente a través do administrador de conexións.

Semella todo OK ;-)

Chuzame! chuzame -

Realtek ALC880 nunha Ubuntu

Teño un bo portátil dende hai máis de dous anos con Centrino 2 GHz, 2 GB RAM... e tras pasar a garantía decateime que non tiña son externo cando conectaba auriculares. Cría que era erro de hardware pero... non. Hoxe arranxeino.

Fixen a seguinte rutina, mantendo o conxunto de software normal da Ubuntu Gutsy:

$ uname -r

2.6.22-14-generic

$ cat /proc/asound/card0/codec#0 | grep Codec

Codec: Realtek ALC880

Con isto só tiven que facer:

$ sudo gedit /etc/modprobe.d/alsa-base

e engadir ao final unha liña como esta:

options snd-hda-intel model=auto

Antes probara con estes dous valores agora comentados (#):

# options snd-hda-intel model=3stack
# options snd-hda-intel model=6stack-dig

Reinicio e problema arranxado! Funcióname tanto o micro como os auriculares. É máis, antes estorbábanse os recursos de son e agora semella que non. Refírome a, por exemplo, arrancar o Pidgim (con avisos de son activados) e logo o Twinkle (VoIP), nestes casos xurdíanme mensaxes de erro por recusros ALSA de son ocupados.

Mágoa porque pensaba mercar novo portátil pero agora non teño excusa, hei manter o mesmo un bo tempo máis. Rabia que me dá! :-)

Chuzame! chuzame -

Coche sen conductor, minto só ten Linux

O coche non ten conductor pero si ten o Linux. No CES de Las Vegas presentouse un coche nomeado 'The Boss' (O Xefe) que resultou gañador no Rally 2007 organizado polo Pentágono para vehículos terrestres non tripulados. Ben, a verdade é que vai tripulado por unha Ubuntu.

Coche con Linux

Trátase dunha competicón de 'coches robot', na que teñen que percorrer uns 100 km eles soíños, sen conductor, grazas a radares, o desenvolvemento dun enxeñeiro Bob Bittner da Universidade de Carnegie Mellon e un computador cunha Ubuntu 6.06 elixida por ser LTS (Long Term Support).

Desculpade, non se trata do coche da imaxe darriba senón deste outro:

Trátase dun Chevrolet Tahoe que non é que rule todo o ben que se desexaría mais... gañou ;-)

A fonte e outra do diario El Mundo onde non se menciona que leva GNU/Linux.

Curiosamente o mesmo coche, Chevrolet Tahoe, foi elixido por M$ para o seu pobre servizo Live Local, máis equipados cós vehículos de Google pero obtendo ésta un resultado mellor e dun xeito ben máis sinxelo.

Chuzame! chuzame -

A furia maxestuosa de Cecilia Bartoli

Cecilia Bartoli púxome a pel de galiña cando a escoitei cantando o Armatae face et anguibus de A. Vivaldi. Diso hai ben tempo. Hoxe, cando a amoso a algúns amigos segue producíndome a mesma maxia.

Pura furia maxestuosa !

Chuzame! chuzame -

Competição x Colaboração

O ambiente de trabalho precisa ser estimulante, isso é um consenso, mas como estimular uma equipe - por exemplo, através da estimulo a competição - ainda é uma questão a ser pensada. Na opinião da professora doutora em psicologia social da PUC-SP, Carmem Lucia Arruda Rittner, líderes precisam entender que a competição não é a única, nem a melhor forma de estímulo.

Para ela, o estímulo à competição pode ser importante para a empresa, mas em um curto período de tempo. “Não há como manter um ambiente altamente competitivo por muito tempo. As pessoas se cansam, se frustram ou se destroem. Para objetivos de longo prazo, é imprescindível estabelecer uma prática colaborativa”, afirma Carmem.

Uma das formas mais diretas de estruturar um ambiente colaborativo é vincular a remuneração com o resultado coletivo. “Hoje, é muito comum a remuneração variável, por resultado. O que algumas empresas estão fazendo é, além de vincular a renda com o resultado individual, também vinculam com o resultado da divisão. Com isso, a empresa indica que não vale a pena obter um bom resultado atrapalhando o resto da equipe”, explica a professora doutora.

Mas, para além disso, o líder precisa ter algumas coisas em mente para auxiliar na construção de um ambiente de trabalho colaborativo. Segundo a especialista em psicologia social do trabalho eles são:

1- É preciso que o líder tenha consciência de seu papel, ter predisposição a se comunicar com a equipe de forma natural. Precisa ouvir, respeitar e valorizar, enfim, um modelo para os demais.

2- Objetivos devem estar muito claros: qual é o desafio, em quanto tempo será alcançado e com que competências. Na maioria das vezes, as instruções são pouco claras e impedem a colaboração.

3- Dividir muito bem as responsabilidades e papeis de cada um da equipe é crucial.

4- Manter certa abertura para o confronto. O líder precisa possibilitar que as pessoas expressem sua opinião sem serem punidas por isso. Não é aconselhável julgar ou trabalhar como se as questões fossem de cunho pessoal.

5- Disposição para resolver conflitos. Em geral, os conflitos e a oposição de idéias são gerados por pressupostos diferentes. O líder, como intermediário, precisa acalmar as partes e avaliar quais são os pontos de partida. Na maioria das vezes o problema tem origem em pressupostos diferentes.

6- Estar disponível e proporcionar à equipe a convivência e a troca. Para isso, o líder precisa estar disposto a acompanhar as pessoas que trabalham com ele. Estar próximo da equipe no dia-a-dia e se mostrar disponível.

7- Disponibilize conhecimento. Uma das formas de identificar um ambiente extremamente competitivo é verificar que não há troca de informações e de conhecimento. O líder precisa demonstrar que ninguém perde poder por compartilhar.

8- Faça críticas em espaços adequados e diretamente endereçados. Essa postura evita que uma série de intrigas ronde o ambiente de trabalho. Demonstra que as criticas são naturais em um processo de construção coletiva e pode ser feita abertamente. Abra espaço para os subordinados apresentarem suas opiniões.

A minha fonte é esta.

Chuzame! chuzame -

Traduzo o Free/OpenFlames de Tsao (e concordo)

Francisco J. Tsao titulou así un artigo sobre os recentes comentarios de RMS (Richard M. Stallman) non recomendando BSD, algo reflictido en moitísimos sitios en Internet e tamén en AGNIX.org. Permitinme tentar traducilo:

---

O comezo foi esta entrevista a RMS en BSDTalk. El dixo:
'Estou infeliz con varias distribucións de BSD, porque todas elas inclúen, na instalación dos seus sistemas, o sistema de portes (ports system), todos eles inclúen algúns programas non-libres. Como conclusión non podo recomendar ningún deles.'

Algunhas persoas escribiron sobre isto na lista 'misc' de OpenBSD. Daquela RMS respostou na mesma lista comezando un 'flame' (1) cun correo-e titulado 'Os homes de verdade non atacan a homes de palla (2)' (Real men don’t attack straw men).

Foi un fío simpático ata que derivou nalgúns outros absurdos fíos inundando unha lista de correo técnica con pseudofilosofía, debates draconianos e insultos. É moi triste e vergoñante para persoas coma min que apoian a ambos proxectos, GNU e OpenBSD. Gustaríame que parasen e concienciaran do infantil do seu comportamento.

Ou se cadra debemos pechar a Theo de Raadt, Richard Stallman, Jörg Schilling, Linus Torvalds e Eric Raymond (esquézome dalgún?) nun cadrado de 2×2 m. que non abrirían ata pararen de berrar ou vermos sangue baixo a porta.

---

Lin moitos artigos sobre este mesmo asunto e, polo que puiden observar, hai unha unanimidade case que total ao respecto, totalmente coincidente coa visón exposta por Fran Tsao.

Cando saio como activista, a dar un relatorio, curso ou por calquera outro motivo afín, gústame reflictir que, incriblemente, estas cousas hainas e minan o ánimo de quen ama todo o que implica o Sw Libre. Hainas aínda que non nos guste. Se cadra sexa unha das consecuencias comúns de Internet e non só disto do SwL mais a evidencia amosa ben ás claras que estas liortas co ánimo de precisar que é libre ou non o é, ou máis incrible aínda 'máis libre que ese que tamén é libre'... cando temos tanto polo que loitar fóra, nun outro escenario onde idealmente todos nós estivésemos unidos, decididos e confiados uns nos outros pois, de termos inimigos, éstes están noutro lado. Mais eche o que hai !

Alén disto está a facilidade para verse envolto en liortas ao escribir en rede, sexa en fíos de correo-e, chats, respostas a correos-e, etc. Sempre aseverei que estas vías telemáticas son fantásticas mais tamén carentes do contacto directo, da enerxía que transmitimos, da nosa entonación, ollada ou xestos alén das perdas de precisión que supón o proceso penso-escribo-le-entende-pensa-escribe-leo-entendo. Cousas que podo dicir en persoa poden ser absolutamente mal interpretadas na rede.

(1) Recomendo ler este artigo sobre flames e trolls.
(2) straw men pódese traducir, se cadra máis adecuadamente neste caso, como 'testaferro'.

Chuzame! chuzame -