A furia maxestuosa de Cecilia Bartoli
Cecilia Bartoli púxome a pel de galiña cando a escoitei cantando o Armatae face et anguibus de A. Vivaldi. Diso hai ben tempo. Hoxe, cando a amoso a algúns amigos segue producíndome a mesma maxia.
Pura furia maxestuosa !
chúzame -
En: Persoal por Roberto Brenlla
Grande Cecilia, foi un dos agasallos de Reis que recibín. Un pracer coñecerte onte na festa