Realtek ALC880 nunha Ubuntu

Teño un bo portátil dende hai máis de dous anos con Centrino 2 GHz, 2 GB RAM… e tras pasar a garantía decateime que non tiña son externo cando conectaba auriculares. Cría que era erro de hardware pero… non. Hoxe arranxeino.

Fixen a seguinte rutina, mantendo o conxunto de software normal da Ubuntu Gutsy:

$ uname -r

2.6.22-14-generic

$ cat /proc/asound/card0/codec#0 | grep Codec

Codec: Realtek ALC880

Con isto só tiven que facer:

$ sudo gedit /etc/modprobe.d/alsa-base

e engadir ao final unha liña como esta:

options snd-hda-intel model=auto

Antes probara con estes dous valores agora comentados (#):

# options snd-hda-intel model=3stack
# options snd-hda-intel model=6stack-dig

Reinicio e problema arranxado! Funcióname tanto o micro como os auriculares. É máis, antes estorbábanse os recursos de son e agora semella que non. Refírome a, por exemplo, arrancar o Pidgim (con avisos de son activados) e logo o Twinkle (VoIP), nestes casos xurdíanme mensaxes de erro por recusros ALSA de son ocupados.

Mágoa porque pensaba mercar novo portátil pero agora non teño excusa, hei manter o mesmo un bo tempo máis. Rabia que me dá! :-)

Chuzame! A Facebook A Twitter

2 Responses to “Realtek ALC880 nunha Ubuntu”

  1. Pois alegrome… sin embargo teño unha pequena crítica. Sempre se fala da ‘libertade’ que che dan estes S.O. a hora de fedellar sobre eles (cousa certa!), pero tes que recoñecer que ou eres moi friki ou como usuario normal xamais darias arranxado o problema. Sí xa sei, e cuestión de poñerse as pilas pero non todo o mundo ten que saber de informática, ou sí¿?

    Eu de momento e por sorte nunca me pasaron cousas así, sempre me funcionou todo… e máis vale porque senon ia sudar tinta.

  2. Si, si, dende logo que hai que ter coñecementos para poderes arranxar este tipo de cousas ou agardar (ás veces un monte de tempo) a que se arranxen en vindeiras versións.
    Porén… (risos) eu non teño perfil técnico (+risos) e alomenos poiden arranxalo. Dígoo porque se empregara outro S.O., e o digo por experiencias pasadas, se non rula, NUNCA rulará. Así de triste, non é?
    Neste caso non perdes a esperanza, velaí a diferenza da liberdade e de vivires en comunidade. Sen perfil técnico só fixen procuras a raíz dun outro portátil que merquei ao meu pai, as instruccións do fornecedor (Imavisions, do Grove), San Google, C&P, probas e paciencia ;-)

Olark Livehelp