Actualizando o N800 a OS2008
Rulará o software GPS Navicore? Isto non aconteceu coa versión beta e polo que poiden ler por aí agora si o fai.
A verdade é que lle estou a dar unha nova oportunidade ao N800 pois ao pouco tempo do que dispoño para fedellar en trebellos engádese a dificultade de sincronización. Verei se isto mellora ou só o hei empregar como GPS e pouco máis.
Nesta ligazón atopo as versións do sistema operativo. Descargo a actual versión:
RX-34_2008SE_2.2007.50-2_PR_COMBINED_MR0_ARM.bin
Nesta outra descargo o flasher. Han pedir os 12 díxitos de control do nº de serie do N800. Pódese atopar na caixa, baixo a batería ou WLAN MAC address no Control Panel > Device > About Product.
Respecto do Navicore atopei esta ligazón onde recomendan desactivar a licenza antes de facer o flashing. Temo moito esta operación posto que Navicore foi mercada por Nokia e agora chámase Wayfinder. Alén diso comentan que non se poderá volver emrpegar o devandito Naviocre pois como tal no existe senón a aplicación Map que vén co OS2008 e descargar os mapas vía WLAN.
Desenchufo e apago o Nokia N800 e logo o conecto ao portátil vía USB e confirmo que o flasher e mailo S.O. teñen permisos de execución (chmod +x). Isto e o demais é semellante ao feito noutras ocasións.
Reiniciou soíño desta vez sen ter que desconectar o USB.
A rapidez do arranque mellorou moito, con certeza, e súbito vou ao que me interesa, os mapas e mailo GPS. Vou a Aplicacións > Mapas > Mapas Dispoñibles e selecciono España e Portugal (~192 MB). Está a descargalo... namentres visito mywayfinder.
Descargouno rapidamente. Procuro sincronizar con Bluetooth o meu trebello GPS e saiume unha mensaxe de que o Wayfinder é un servizo de pago (hai demo gratuita) e pídeme a licenza. Introduzo a mesma que tiña de Navicore e semella que a acepta pois decidiu reiniciar a aplicación para que tamén eu acepte a licenza.
A vinculación do GPS por Bluetooth faise doadamente a través do administrador de conexións.
Semella todo OK
En: FLOSS, Nokia N800 por Roberto Brenlla

Leave a Reply