Podes mercar PCs máis baratos que unha única licenza de M$-Window$
Vexo en Linspire unha nova oferta que se engade á xa larga lista de PCs económicos con GNU/Linux. Neste caso é un de $199 e leva:
- Intel Celeron 420 1.6GHz processor
- 1GB Memory
- 80GB Hard Drive
- Card Reader
- Modem
- CDRW
- Keyboard, Speakers, and Mouse
- Freespire 2.0
Procurando prezos de licenzas, M$ vexo en PCBOX que éstas valen (mellor, custan):
- KIT LEGALIZACION WINDOWS XP PROFESIONAL 188,63€
- WINDOWS VISTA BUSINESS 32 BIT RETAIL 479,01€
- WINDOWS VISTA HOME BASIC 32 BIT RETAIL 299,00€
- WINDOWS VISTA ULTIMATE 32 BIT RETAIL 599,00€
- e outras ofertas, como ás do Office que xa nin inclúo.
Curiosamente, PCBOX tamén inclúe na súa oferta ao Sw Libre:
- INSTALACION DE S.O. LINUX Gratuito
Evidentemente isto tería que provocar a meditación a máis dunha persoa ao mercar novos equipos… Será?
En: FLOSS por Roberto Brenlla
