Festa blogueira no 14

Souben dela o mesmo dia e todo grazas á miña chamada ao Goretoxo. Díxome que ía vir á Coruña á quedada blogueira e a liada non fixo máis ca comezar.

Susana e eu deixamos aos nenos cos avós para logo coller o bus cara o Odilo, na rúa da Torre 30. Trala espera veñen Calidonia e Goretoxo. Comimos polbo con grelos, pementos do piquillo con queixo do país e revolto de cogumelos con gambas, ben regado con Reboreda e Azpilicueta.

Chegamos axiña ao 14 e aló xa tiñan a movida comezada. Recibiunos Besbe e dous pasos máis adiante xa estaba Opaco e toda a turma de xente que tiven o pracer de coñecer esa noite. Foi tanta que é mellor ollares nas ligazóns que inclúo ao longo desta entrada, principalmente no blog da Besbe e no da Apocalise do porco porque inclúen fotos e máis ligazóns.

Até houbo un momento, absolutamente exento de inspiración, onde asinei cos demais nun libro de visitas. Mágoa termos que marchar axiña (ben, xa eran as 2,30 hs) por mor das obrigas familiares, etc e tal, porque o rule semella que seguiu.

Chuzame! chúzame -

2 Responses to “Festa blogueira no 14”

  1. Uuuuups unha festa blogueira?? e como é iso???? que se fai nese eventos??? esa é unha evolución do mundo Geek/nerd??? uuuuum non sei como é iso pero de certo que no medio da blogoCousa esa haberá moito #flipadito# que se pensa alguén só por ter un número X de visitas na súa webBasura.

    Ben, algún día acudirei por figas de que vai o conto e para ver se o que hai son parrulos creidillos ou se se coce algo interesante.

    Enngas!!

  2. ten razón cando di que o rule seguiu :D :D :D

Leave a Reply