Contornas heteroxéneas como resultado

Veño de publicar un artigo en AGNIX titulado "IBM tece redes de acordos":

IBM está a acadar acordos con diferentes axentes TIC estratéxicos. Así, a empresa pretende favorecer a adopción de escritorios GNU/Linux grazas aos acordos asinados con Ubuntu, Red Hat e Novell.

A Ubuntu ofreceralle a Solución Cliente de Colaboración Aberta (Open Collaboration Client Solution).

Ao redor do Lotus Notes 8 e mailo Open Collaboration Client Solution baseado no Lotus Symphony, IBM tamén anunciou un novo acordo con Red Hat procurando empresas pequenas e medianas. Semellante acordo xa fora feito con Novell en agosto de 2007.

Estes anuncios foron feitos na IBM Lotusphere 2008 de Orlando (EE.UU.).

A Open Collaboration Client Solution é un conxunto de software baseado en estándares abertos que procura mellorar a colaboración entre empregados e dismunuir o custe total da propiedade da información para que, nunha contorna de solucións hetereoxénea, facilite en última instancia a migración de escritorios.

Asemade, a igual que acontecera co acordo entre Novell e SAP, IBM tamén acodou un acordo con SAP mediante o cal ambas empresas desenvolverán un software, con nome en código 'Atlantic', para integrar o IBM Lotus Notes con SAP Business Suite. Ambas empresas xa aceitaron colaborar para facilitar solucións servidoras GNU/Linux de IBM.

Sendo SAP un fornecedor determinante en varias empresas (por exemplo, Coca-Cola), estes acordos con Novell e IBM supoñen unha porta que se abre á posibilidade migratoria cara solucións tecnóxicas baseadas en outras abertas e libres. Isto cónfirmase ollando a sección Open Source Integration de SAP.

Reflexionando

Evidentemente existen empresas con necesidades de software inexistentes ou mal cobertas con alternativas libres (é o caso por exemplo dos PLM) polo que a proposta non trata unha migración radical senón un proceso onde o resultado final deixe de ser exclusivamente privativo para ser alomenos heteroxéneo a curto e medio prazo.

Como activista defensor do Sw Libre dóeme comprobar que non todo é tan sinxelo á hora de mudar desde solucións privativas cara outras libres. Certamente isto non é o unha percepción nova en min. Cando descubrín á comunidade de Sw Libre (hai máis de 10 anos!) xa era consciente das múltiples e esenciales dificultades a resolver que por diante se presentaban. Con orgullo activista fun comprobando a vertixinosa velocidade evolutiva emailo derribo de barreiras mais... sen perder a fe, tamén son consciente da existencia dunhas outras barreiras máis difíciles de combatir.

Refírome ás implantacións de software específicos. Seica podemos e poderemos ir suplindo solucións antes impensables en eidos como a contabilidade, deseño gráfico, etc. Porén cos PLM (Product Lifecycle Management), SPSS ou até o Oracle* as substitucións semellan ter que agardar un bo anaco de tempo.

Como activista defendín e sigo defendendo ao Sw Libre a ultranza, sobor de todo se estamos a falar de escritorios domésticos, o ensino, a meirande porcentaxe de PEMES ou do libre acceso ao coñecemento da humanidade. Mais as contornas hetereoxéneas semellan ser o escenario habitual noutros moitos casos e para un inmediato futuro: servidores GNU/Linux xunto a outros servidores privativos, escritorios Windows+distros GNU/Linux+Mac, aplicacións libres con aplicacións privativas... As empresas fornecedoras terán que xestionar con máximo coidado e detalle estes asuntos.

A ilo habería que xuntar outros diversos factores que aquí non considero polo que seguirei este fío e así profundizar nesta análise.

*Xente amiga activista coméntanme con insistencia que Oracle está tecnoloxicamente por riba das solucións libres Postgres ou MySQL. Daí que o incluira nesa serie de exemplos de solucións de difícil subsititución.

Chuzame! chuzame -

12 Responses to “Contornas heteroxéneas como resultado”

  1. Unha question… son dos que pensan que no eido público debe de ser o Sw libre ou polo menos o Open Source domine os escritorios e as aplicacións. Pero visto a túa reflesión que pasa si hai unha aplicación privativa cunhas funcionalidades que non existen no mundo do sw libre/Open Source ¿Optas por poder instalala?¿esperas a que saia algo semellante no mundo floss? Como se afronta isto…

  2. **Outra cousa… para estar por riba de MySql ou PostgreSQl non fai falla moito, tanto Oracle como Sql-Server son moito máis potentes; con boa interfaz de usuario, fácil manexo de copias de seguridade, xeneración de código automático, regras de seguridade contra ataques Xss, SqlInjection,…, de fabrica… vamos que MySql,e Postgre estan ben, son gratis, libres (polo menos ata de agora era así…) pero quedalles camiño por andar para pelexar de igual a igual.
    Eangas…!

  3. Coma ti, son dos que pensa que “no eido público debe de ser o Sw libre ou polo menos o Open Source domine os escritorios e as aplicacións“.

    Se houbera algunha aplicación onde non tivémos alternativas (ou alomenos suficientemente ‘alternativas’) libres entón véxoo claro: se non hai camiño a elixir, só hai que seguir o camiño ou parar. Parar non se pode sopena de atoparnos obsoletos e daquela hai que seguir. Por iso reflexiono que as contornas heteroxéneas han ser as que dominen a escena.

    Non é menos certo que aínda achegarnos a esa contorna hetereoxénea semella estar moi distante da actual situación. O eido público debe dar paso decididos e firmes xa. Se cadra, con chisco de sorte e moito esforzo, cando se vaian aproximando á desexada situación de liberdade tecnolóxica, non haxa que plantexar ningunha solución privativa misturada na contorna libre. Ogallá!

  4. O gran problema de unha contorna mixta o meu modo de ver e o sgte:: aqueles que proporcionen a súa solución de forma privativa estase asegurando un sustento instantaneo polo pago da licenza para poder usar dita aplicación, na mentres quen proporcione sw baixo unha solución libre non ten asegurado dito sustento a non ser que obrigue a firmar un contrato de mantemento que garantice un mínimo de solvencia por aportar esa solución.

    Isto é así non…¿?

    E por outra banda,(e xa non falando concretamente do sector público) o tema de traballar con solucións libres só conforman unha posible ventaxa para o cliente xa que non te linca de forma indefenida a unha empresa en concreto …pero… que pasa si adoptas unha solución libre por exemplo de Red Hat¿? hai algunha outra empresa capaz de asumir esa inxente tarefa de abarcar a solución creada por eles??? personalmente vexo difícil… e sendo así que vantaxes ten con respecto a unha solución privativa???

  5. aaah que se me olvidaba… que opinas ti de que IBM -empresa sempre nombrada polo sw libre (persoalmente penso que como empresa de gran escala que é só apoia o sw libre porque lle interesa e non porque crea en el) non libere o seu S.O. OS/2??? uuuuum esta IBM sempre tan ambigua!!

    Un Saudo.

  6. Por partes…

    Con respecto ao do “sustento” garantido é certo. As empresas de sw libre non teñen garantido o seu sustento namentres as de licenza si e máis aínda se non empregan estándares e fan ás entidades clientes cautivas na súa tecnoloxía. É a súa estratexia, está claro.

    No exemplo que comentas de solucións libres, por exemplo de Red Hat, aí non acho moi diferentes as saídas respecto das actuais alomenos no eido de acordos ‘partners‘ que garanten a adecuación no servizo de mantemento por parte da empresa fornecedora aínda sen ser ésta a propia Red Hat e si unha pequerrecha PEME galega (se esta demostra e convence á cliente ou é directamente ‘partner‘). As vantaxes principais residen no de sempre: son libres (que máis quere unha empresa cliente ‘cautiva’ de licenzas?) e estándares abertos. Daquela darlle liberdade e apertura nun futuro sempre incerto é unha magnífica garantía que as empresas clientes valoran. Nisto é obvia a diferenza con respecto á alternativa privativa.

    IBM. Efectivamente, está ao que está. De feito foi ela a primeira en pechar o código das súas solucións aló polos anos ‘70 e daquela ben poderíase dicir que foi a ‘inventora‘ do sw privativo. Que agora estea apostando polo sw libre é por causas puramente mercantís. Tanto é así que eles mesmos só falan de solucións Linux e non de solucións GNU. Non son dogmáticos, si pragmáticos ;-)

  7. Entendido… pero uns apuntes…
    One- Iso de que un cliente é ”libre” non sei soname moito a idioloxia, pois a sinerxia é moi importante e baixo a filosofía de que -máis vale malo conñecido que bo por coñecer…- é moi difícil que un cliente cambie de proveedor de sw, moito máis se a solución aportada por dito proveedor e de certo calibre/tamaño.

    Two- En caso de que o cliente decida cambiar de proveedor de sw, para a nova empresa responsable de asumir o mantemento e evolución da solución que ten o cliente non debe de ser fácil familirarizarse con un código extrano e non coñecido; é necesario un tempo de estudio, de adaptación,…, tempo que corre sobre a carteira do cliente.

    Three- Sigo pensando que como ben dis, ou ben eres ‘partener’ de unha grande corporación vexase Red Hat, IBM, Ubuntu*, … ou a adopción de ese sw por parte dunha empresa de tamaño medio é unha tarefa imposible. Red Hat por exemplo iso sabeo ben, dado que si non pagas inmediatamente cortache as actualizacións, e logo que fas?? de que che sirve que sexa libre ou non o sw que tes?? quen che se vai facer cargo de él??

    Four- O tema de montar unha empresa de sw libre é algo complexo moi complexo; por un lado compites coas empresas similares que fan uso tamén de sw libre e por outro con empresas de sw privativo; si a esto lle unimos o tema de que como se comentou as de sw privativo teñen asegurado o sustento na mentes que as de sw libre teñen que buscarse máis a vida a base de mantementos, actulizacións,… uuuum hai que creer moito neste movemento para pensar que o futuro esta certo.

    Five- Agradecido por este intercambio de ideas, espero que non sexa o último no que poidamos contrastar posicións.

    **Ubuntu-> Canonical como tal ainda non é grande, penso que só conta con 45 traballdores propios. Supoño que a rede de -Socios- será ampla pois senon non é fácil dar cobertura a o seu producto estrela Ubuntu Linux (é único que eu coñezo)

    Saudos!

  8. Agradecido tamén polo intercambio de ideas e ogallá podamos continuar “ao vivo” pois na escrita adóitase estragar os contidos :-)

    Saúdos!

  9. Pero que opinas dos puntos anteriores…? Dende logo as perspectivas son diversas, variadas e ate confusas.

    Esta claro que hai que buscar o futuro, pero ¿por onde empezar cando o tempo é excaso e hai que correr máis ca nunca?

    Difícil cuestión…

  10. Ben, pois imos lá…

    One.- Hai que pór o que dixen en contexto. Un cliente ‘libre‘ de licenzas. O da filosofía déixoo para outras persoas ben máis expertas ca min.
    Dende logo, o termo ‘cambiar’ é un dos maiores impedimentos, con certeza. É algo de seu provoca medo e até pánico. Daí que convencer ás empresas cautivas eche un traballo ben complicado pois hai que explicar moito e até darlle un tempo para a dixestión pois estamos a falar dun novo modelo, radicalmente distinto ao que teñen e non deixarán dun dia para outro que os seus datos estean en sistemas experimentais. Como mínimo demorarán decidíndose namentres procuran máis información sobre o tema.

    Two.- De seguro, pero non debería ser ela a única en soportar os custes do tempo de estudo por parte da empresa fornecedora de sw libre. Os provedores terán que repartir eses custes entre todas as empresas que teña e terá. Non pode ser que a primeira implantación que se faga nunha empresa onde haxa que substituir o Contaplus Élite, por exemplo, sexa a única en soportar o custe do estudio. Máis ben haberá que repartilo entre todas as empresas que teñan o devandito programa e queiran migrar.

    Three.- Córtarche as actualizacións? Non entendo. Red Hat emprega sw libre e open source. Tanto é así que CentOS é unha Red Hat sen pegatinas (e sen soporte, claro). Nisto o funcionamento no é nin de lonxe igual ao do sw privativo.

    Four.- “O tema de montar unha empresa de sw libre é algo complexo moi complexo.. …hai que creer moito neste movemento para pensar que o futuro esta certo“. Abofé que si!
    De feito unas xentes fundamos hai 3 anos C.T.I TEGNIX e, por diversos motivos, case que todos abandoron o proxecto (entre eles xentes que perderon a esperanza, certo)… mais agora estamos en pleno apoxeo. Estou máis seguro ca nunca que TEGNIX terá o éxito que tanto se merece (é amiña opinión, claro!) pois contamos coa fe que dis, somos todos activistas desde hai anos, todos contribuimos á comunidade (cadaquén co mellor sabe facer), temos persoas que son auténticos ‘cracks’, estamos moi ben dirixidos tanto empresarial (novo xerente) como tecnicamente (profesor univeristario) e até teremos entre nós (verán?) a Claudio F. Filho (fundador e presi do BrOffice…). Pero si… ao longo destes tres anos foi moita a loita e poucas as satisfaccións, con certeza.

    Five.- Como dicía, tamén estouche agradecido eu pero… por que non nos vemos nalgures? Dou relatorios con moita frecuencia e daquela podemos conversar porque isto de escribir… malla! :-D
    Vou dar un relatorio (ou dous?) en Monforte dentro de 15 dias, por exemplo. En AGNIX.org poderás atopar máis info cando ma dean. E, se non é aló, haberá máis, seguriño!

    Apertas,
    RB

  11. Ben, sí espero poder ficar algun día nun relatorio, o traballo manda, xa sabes…

    Só un apunte -Ultimo- é falo por experiencia (vexoo o meu redor, no meu ámbito profesional)… no tema da empresa sobre todo nun mundo onde o impetu e as gañas de crecer son sumamente indespensables e poder contar con xentes activistas (do grado que sexan) é un grado a favor a supervivencia da empresa, a súa involucración sempre é maior e máis fonda…
    Polo tanto supoño que o novo xerene eo novo profesor universitario tamén sexan activistas pois senon será un xigante con pes de barro… quen dirixe eo primeiro que ten que creer, noraboa por elo.

    Apertas-
    ReplicanteN69

  12. Por suposto! Onde dixen todos quixen dicir TODOS ;-)

    De feito iso xa o facíamos todos os actuais socios antes de termos empresa. Agora esperamos seguir facéndoo e recibir algunha retirbución polo noso traballo, no que incluímos o feito para a comunidade. Daí a miña (nosa) grande ilusión!

    Obrigado polos teus ánimos e a túa noraboa.

    RB

Leave a Reply