Software Livre: Desenvolvedores e os outros
Non é primeira vez que atopo esta idea que provén dunha parte da comunidade de Sw Libre, normalmente desenvolvedora, e que está resumida no titulo que poño, copiado directamente do autonomeado coma nerd brasileiro Aurélio Marinho Jarga:
Muito antes da onda recente de politização do Software Livre, inclusão digital, liberdade tecnológica, ONGs digitais, certificação em Linux, representantes oficiais, porta-vozes da comunidade, paladinos, comitês, movimentos e comissões parlamentares, os desenvolvedores já estavam lá, sentados e produzindo códigos.
Muito antes do Software Livre ser sexy e estar na moda, virar buzzword, aparecer na mídia, virar bandeira política, ganhar revistas especializadas, sites, fórums e listas de discussão, os desenvolvedores já estavam lá, sentados e produzindo códigos.
Muito antes das intermináveis discussões de qual a melhor distro, da fragmentação de comunidades, das ofensas pessoais em canais públicos, da batalha de egos, das brigas internas de um mesmo time e da crítica gratuita, os desenvolvedores já estavam lá, sentados e produzindo códigos.
O mundo vai continuar girando e o sol vai nascer todos os dias, assim como continuarão os ruídos, as brigas e as modas. Enquanto isso, aqueles que fazem, continuarão fazendo.
Entendo o que Aurélio di igual que entendo moitas outras afirmacións porque procuro acadar a empatía con quen pense dun xeito determinado, aíndo sendo ás veces declaracións excesivamente rotundas e carentes da devandita empatía.
Na comunidade en xeral, e non é menos certo na do Sw Libre, acho que hai escaseza de empatía. Non tela adoita resultar en agresividade, illamento ou até inimizade.
É frecuente inimizade en frases como ás de xentes que non comprenden ás persoas desenvolvedoras pois simplfica os seus pareceres pensando que son tolas pasando todo o dia ao frente dunha pantalla e teclado. Á vez, quen desenvolve pode pensar, por exemplo, que con política nada se resolve. Outros non comprenden a quen se adique á poesía, física nuclear, socióloxía, avogacía e así de seguido ata a infinidade. Infinidade de incompresións, escaseza de empatía.
Ninguén posúe a verdade absoluta, creo que nisto estamos todos de acordo e, porén, abundan as verdades absolutas.
Cuestioneime varias veces que sería do Sw Libre se só se desenvolvera, se non houbera relatorios nin conferencias, se non houbera parties nin farras, se non houbera asociacións, se non houbera novas nas webs ou quen traducira ao galego, se non houbera compromisos políticos ou axudas públicas á adopción destas solucións, se non houbera música ou o Rap do Kill -9... e un longo etcétera que ben podería concluir cun "...e se o profeta Richard M. Stallman non repartira a súa bendición en inúmeras oportunidades ao longo destes últimos anos".
Si, até nesa utópica situación, concordo con Aurélio, seguramente seguirían existindo desenvolvedores desenvolvendo mais, se cadra, non compartindo o código pois posiblemente nin sequera se decataría que existise a alternativa do Sw Libre.
Unha das maiores lindezas da Humanidade é o feito de vivir en comunidade, e nela estamos todos, mutuamente dependentes, todos necesarios. Si, tamén necesitamos de xentes na poesía, física nuclear, socióloxía, avogacía e así de seguido ata a infinidade, pasando por quen desenvolva.
Paréceme sensato afirmar que ninguén debería sentirse o embigo do Universo, aínda que ese universo só sexa o do Sw Libre. Facelo amosaría inexistencia dunha mínima empatía.
chúzame -
Boas Roberto!
Son Saleta. Falamos un día no Curso de Dinamizadoras da Sociedade da Información sobre se podías vir algún día a darnos a 1º parte da charla divulgativa de SL que nos destes a nós. Estamos pedindo unha subveccion para facer unha xornadas de SL en Abril ou Maio aprox e para saber como andas de fechas, se te apetece, ect.
Por ahí ahora queda. A páxina da asociación é http://www.covadaterra.org
http://oblogdacova.blogspot.com/
Somos unha pequena pero forte asociación de consumo responsable e estoulles metendo o gusano da coherencia e de cambiarnos ó SL.
Oi Saleta, claro que (creo) lembro de ti. É que é tanta xente! En fin, que de antemán si, como sempre. Ponte en contacto mellor por brenlla _ARROBA_ gmail _PUNTO_ com
[...] é un punto e seguido ao anterior artigo do mesmo [...]