A miña andaina no SwL (2001, IES no Meixueiro)

Trala breve (3 meses) experiencia como substituto en ciclos de Economía na Estrada, seguiría crendo que, sen présa, ía facer enxeñaría informática pola UNED. Mais non tiven nin tempo de coller forzas dado que axiña me chaman de novo para unha nova substitución no IES Ricardo Mella do Meixueiro, preto de Vigo.

Foi moi curioso o tempo que alí pasei pois, en principio, só iría substituir ao xefe de estudos uns quince dias. Porén a súa doenza foi máis grave e finalmente cheguei estar alí ata xullo. Facendo o que? Pois cinco horas de contabilidade como horario lectivo e o resto como xefe de estudos! Incríble! Como é posible que un pringao poida ser xefe de estudos? Ben, a verdade é que non fixen máis ca estar no seu despacho, facer unhas rutinarias anotacións a cotío e logo todo o tempo sobrante para min. E claro, ese tempo ía para fedellar cun portátil que mercara de segunda man ao que lle instalara unha Slackware 7.0 e un FreeBSD.

Nese IES aproveitei para imprimir moitos manuais que se xuntarían á xa ampla colección de libros e revistas (mercábaas todas, mes a mes) que posuía sobre GNU e Linux. Alén diso, o horario era magnífico, traballaba de 18hs ás 22 hs, só iso. Bo soldo e horario de envexa... seino.

Un dos fitos dese ano foi, con certeza, a reunión do departamento de Economía. Nun dos puntos do dia estaba preparar e orzamentar a chegada do Hasefroch XP. A pesares de ser substituto tiven que asistir a dita reunión. Sabía das intencións da migración a XP mais non sabía do rexeite tan acérrimo que tería a miña proposta de migración cara GNU/Linux. Houbo excusas de todo tipo e gusto, como "é que as empresas a onde van ir traballar empregan Hasefroch", "é que todo o mundo emprega Hasefroch"... e non convenceron as miñas razóns de liberdade, independencia tecnolóxica, aforro (+100.000 ptas o XP profesional e algunha cousa máis para un único posto en troques dunha caixa con varios CDs e libros para todo o instituto por 12.000 ptas), etc. Até houbo tensión no debate, demasiada tensión... Era eu contra todos, un pringao contra todos!

Logo souben dunha ulterior xuntanza na que non participaría polo seu caracter, digamos informal, no que o responsable comentaría que para aprender Linux custaría un mínimo dun ano. En fin, aquel dia marcaríame profundamente pois fun un descoñecido para min mesmo, nunca fora quen de enfrentarme a un grupo numeroso en solitario, nunha loita todos contra un, un contra todos.

Nese IES coñecera a outro economista no meu departamento que comezaba interesarse polo SwL e a quen lle instalara GNU/Linux no seu portátil. Mágoa non ser quen de configurarlle axeitadamente as X (contorna gráfica) pois a súa tarxeta gráfica non estaba aínda soportada porque iso deulle forzas a quen rexeitaba a miña proposta de liberdade.

Outra anécdota. Un dos meus compañeiros da xunta directiva quería procurar a letra dun tema country. Procurou en Terra, Lycos... e aínda non coñecía Google. Aliás, ninguén coñecía Google! Daquela estábamos no estoupido bursátil das puntocom. Puxo Google como páxina preferida ao comprobar que lle atopara o que procuraba.

A pesares da tensa experiencia sufrida naquela reunión de departamento, esa substitución lembrareina sempre con moito agarimo pois tiven tempo de mellorar os meus coñecementos técnicos, dispor de tempo de lecer e solidificar a ética da libre transmisión do coñecemento.

Chuzame! chuzame -

A Era da cultura hacker

Deixo traducido un artigo de Hernani Dimantas e Dalton Martins tiulado "A Nova Era da Livre Circulação da Informação, Cultura e Conhecimento - A cultura hacker" referido especificamente á contorna de países do hemisferio sur, os países con pobreza.

Confundidos a propósito polo pensamento conservador como invasores de rede, os hackers somos todos os que actuamos para que informacións, cultura e coñecemento circulen libremente. E esta ética de cooperación, post-capitalista, vaise transvasando do Software Libre para toda a sociedade.

Os hackers xurdiron no ambiente universitario. A cultura hacker ten orixes no MIT (Instituto de Tecnoloxía de Massachussets) e noutros laboratorios norteamericanos, como o PARC da Xerox. O movemento hacker coloca o ser humano no centro do universo e pasa a desenvolver toda unha nova relación para satisfacer esta nova variable. Estas son as persoas do software de código libre, estes son os seres humanos de Linux.

Coas contas saldadas é fácil, moi fácil, romper coas estruturas impostas polo capitalismo. Richard Stallman, o gurú da Free Software Foundation, podía priorizar o desenvolvemento dun driver para unha impressora e crebar os modelos da industria de software. No Brasil el morrería de fame.

As orixinalidades das conversacións que acontecen no baixo hemisferio deben ser analizadas por outro viés. Ser hacker é unha forma de supervivencia. Esa análise despégase da cibercultura e entra nas relacións que acontecen na sociedade brasileira. A colaboración é unha estratexia de supervivencia nas periferias. Non vou alargarme nas perversidades das clases dominantes; voume centrar na forma como os brasileiros descobren un atallo para o futuro.

Internet é a opera prima hacker . Este movemento non vai quedar restrinxido á área tecnolóxica. Ser hacker depende do coñecemento inherente da computación. Ten máis sentido pensar no artífice. Na creatividade do ser humano catalizada pola dixitalización da rede.

É lóxico o debate na sociedade virtual que está osmoticamente invadindo a sociedade establecida. Algúns principios do ser humano están sendo transformados. O novo bo-senso acepta a revolución dixital como propulsora dunha nova orde. Acepta a anarquía como unha forma viable de balance entre os poderes. Acepta que o coñecemento debe ser libre e o dereito das persoas comúns a compartir ese coñecemento. Empresas e gobernos fanse moito máis fráxiles fronte a esa realidade. Construíron un verdadeiro muro de Berlín, que divide a sociedade en castas de opresores e oprimidos, de poderosos e débiles, de produtores e consumidores, do ben e mal. Non creo nunha sociedade tan maniqueísta. A multitude hiperconectada racha á ética protestante que axudou á evolución da sociedade industrial. Na Era do Coñecemento, eses valores deben ser substituídos por outra ética. A proposta da sociedade da información é a ética hacker que está sendo adoptada polo movemento do Software Libre.

Para entender esta ruptura dos paradigmas temos que pensar e participar. Un novo sistema está nacendo. Esqueza o vello mando e control. Está xurdindo unha conciencia inequívoca de que a construción de abaixo cara arriba ten moito para ofrecer para o desenvolvemento do proceso colectivo. Unha sociedade que sobrevive e vólvese a crear na súa propia diversidade.

Crear para a sociedade. Facer acontecer independente do retorno financeiro a curto prazo. Calquera persoa cun computador conectado pode participar voluntariamente en proxectos importantes. Todo cambia. Os nenos aprenden a colaborar, a desenvolver proxectos online e a reflictir os seus soños no ambiente web. O mundo virtual non é diferente do noso bo e querido mundo real. Internet está ensinando os usuarios a se inter-relacionasen neste espazo virtual. Non existe secreto, só boa gana e obstinación. Crear para a sociedade. Facer acontecer independentemente do retorno financeiro a curto prazo. É esta a gran novidade. A metodologia de traballo é simple e virtual. Calquera persoa cun computador conectado na rede e cun pouco de coñecemento ten a posibilidade de participar voluntariamente dalgúns proxectos importantes. Sen dúbida é a mellor opción.

Por detrás deste discurso hacker existe unha filosofía. O coñecemento debe ser libre. É dicir moi diferente da ética protestante, para quen o diñeiro ennobrece ao ser humano. De acordo coa xerga hacker ,"a orixinal ética hacker significa a crenza que compartir a información é un ben un poderoso e positivo." Na práctica iso significa un deber ético de traballar baixo un sistema aberto de desenvolvemento, no cal o hacker ofrece a súa creación para que outros usen, proben e continúen o desenvolvemento.

Colaboración é a palabra do século 21. Linus Torvalds causou un alboroto enorme ao liberar o código nunha lista de debates. "Release early and release often" ou "Libere axiña [os resultados do traballo] e libere a miúdo" supuxo un redeseño do modelo de produción. Colaboración como capital social. Colaboración para facer calquera cousa que o desexo provoque. Colaboración como condición de supervivencia.

E con estas prerrogativas outra lóxica emerxe das entrañas da rede. Pois a visión tradicional non concorda cos anhelos da rede e das persoas. Estamos buscando o diferencial. A posibilidade de intercambiar informacións, de opinar, de desenvolver os nosos proxectos con liberdade. Utilizar a voz.

Benvido á Era do Coñecemento Libre.

O artigo orixinal.

asennadas

Chuzame! chuzame -

Ecuador tamén pasa a Sw Libre

O goberno da Revolución Cidadana promove o uso de Software Libre como Política de Goberno. A Subsecretaría de Informática inicia a implementación de Software Libre nas entidades do Goberno Central.

O Software Libre permítelle ao Estado ter soberanía tecnolóxica, maior seguridade informática, libre acceso a datos e programas, aforro de recursos económicos ao non ter custos de licenzas e é un xerador de emprego para profesionais ecuatorianos.

Con éxito e gran acollida desenvólvese a implementación de Software Libre no Ministerio de Deporte (89 funcionarios) e Ministerio de Cultura (60 funcionarios) como parte do proceso de capacitación. A implementación de Software Libre contempla a preparación, instalación, capacitación e soporte técnico na suite de oficina de Software Libre.

A implementación iniciou cun proceso de sensibilización e difusión do Software Libre en grupos de 45 funcionarios, desde o mes de xaneiro ata a última semana de febreiro, nas que se realizou tamén a capacitación correspondente. O persoal dos Ministerios de Deporte e Cultura recibiron capacitación sobre o uso e manexo de folla de texto, folla de cálculo, presentacións, correo electrónico e navegador de Internet con ferramentas de Software Libre.

Fonte.

asennadas

Chuzame! chuzame -

Evitando o chequeo cada 30 arranques dunha Ubuntu

De elixires unha instalación de Ubuntu baixo o sistema de ficheiros ext3, que é o que vén por defecto, atoparaste co incordio de pasar por un chequeo (checking filesystem) cada 30 arranques. Aínda que sexa comprensible ter que pasalo, non é menos certo que semella máis ca obsoleto.

Pódese evitar dando unha coidadosa ollada a man tune2fs. e logo facer, por exemplo:

(*) tune2fs -i 0 /dev/sdaX

dado que a páxina do manual comenta (...) -i interval-between-checks[d|m|w] Adjust the maximal time between two filesystem checks. No post‐fix or d result in days, m in months, and w in weeks. A value of zero will disable the time-dependent checking (...). O ideal é probar facelo tras leres detidamente a páxina do manual, sobor de todo as opcións 'c', 'C' ...

Esta operación xa a fixera no pasado e nunca me dera problemas pero...

Hoxe entérome pola iniciativa Brainstorm de Ubuntu que están a traballar nun remedio adecuado para este incordio: AutoFsck. Tes máis tamén aquí.

asennadas

(*) Segundo o comentario de eniac feito en AGNIX, o comando completo sería:

tune2fs -i 0 -c 0 'dispositivo' (como root ou co comando 'sudo' diante).

E, si, doulle a razón aínda que insisto que é un exemplo alén de aconsellar ler detidamente a páxina do manual ;-)

No que me reafirmo é que, por defecto, isto era un incordio posto que, de executar o comando para eliminar o chequeo, a responsabilidade desta tarefa recae sobre quen fixera esa escolla e amais implica facelo manualmente.

Este incordio é un dos máis votados na recente páxina Brainstorm de Ubuntu.

Porén o novo ext4 é capaz de facer un chequeo dun disco de 500 GB en tan só 4 segundos...

 

Chuzame! chuzame -

Hollywood usa GNU/Linux

Cada dia máis e máis estudios cinematográficos empregan GNU/Linux para facer realidade as súas películas:

  • Digital Domain
  • Disney
  • Double Negative
  • DreamWorks Animation
  • Flash Film Works
  • Hammerhead
  • Industrial Light & Magic
  • Moving Picture Company
  • Pixar
  • Rhythm & Hues
  • Sony Pictures
  • Tippett
  • Weta Digital

En concreto podes ollar que películas usaron GNU/Linux seguindo a orde:

Película [mes, dia, ano]

Dantes Peak [2/7/97] D2
Titanic [12/19/97] D2
Stuart Little [12/17/99] R&H
Little Nicky [11/10/00] R&H
Grinch [11/17/00] R&H
Sixth Day [11/17/00] R&H
Enemy at the Gates [3/16/01] Double Negative (England)
Cats & Dogs [4/4/01] R&H
Shrek [5/16/01] Dreamworks
Fast & the Furious [6/22/01] Hammerhead
Dr. Dolittle 2 [6/22/01] R&H
Final Fantasy [7/11/01] Square
Planet of the Apes [7/27/01] R&H
Captain Corelli's Mandolin [9/17/01] Double Negative
Harry Potter [11/16/01] R&H
Lord of the Rings 1 [12/19/01] Weta
Collateral Damage [2/8/02] Flash Film Works
Blade II [3/22/02] Tippett
Death to Smoochy [3/29/02] Flash Film Works
Star Wars E2 [5/16/02] ILM
Spirit [5/24/02] Dreamworks
Scooby-Doo [6/14/01] Rhythm & Hues
Haunted Lighthouse (IMAX) Island Fever
Men In Black 2 [7/3/02] Tippett
XXX [8/9/2002] D2
Pluto Nash [8/16/02] Flash Film Works
Blue Crush [8/16/02] Hammerhead
Below [Q3 02] Double Negative
Santa Clause 2 [11/1/02] Tippett
Harry Potter 2 [11/15/02] (non confirmado)
Star Trek Nemesis [12/13/02] D2
Lord of the Rings 2 [12/25/02] Weta (New Zealand)

As películas con grandes efectos e animacións empregan GNU/Linux desde o ano 2002.

Fonte.

asennadas

Chuzame! chuzame -

Cantón suizo migrando 2000 escritorios a Debian

DebianO cantón suizo Solothurn está a migrar 2000 escritorios cara GNU/Linux, concretamente a Debian. Así o fixo saber Kurt Bader, director de AIO (Amts fur Informatik und Organisation), durante o congreso "Open Source Meets Business" que se celebrou en Nuremberg. Alí foi presentada a migración como unha estratexia coa que acadar maior economía, seguridade e flexibilidade.

Bader engade que o proceso está a "transcorrer adecuadamente, sendo un completo éxito e un paso adiante". A migración de escritorio foi planexada en tres fases e agora xa van pola metade da execución total.

A primeira fase foi a instalación de escritorios. Para ilo en setembro de 2006 elixiron Debian, OpenOffice.org, Firefox e o escritorio KDE.

Na segunda fase os empregados poden acceder a algunhas aplicacións que só se executan baixo M$-Window$ mediante clientes lixeiros e pesados (thin and fat clients) aloxados nun servidor central.

Na terceira fase migrarase estas aplicacións cautivas cara outras que poidan se executar en máis dun sistema operativo.

Para facelo efectivo, 21 empresas ofreceron asistencia e propuxeron diversas combinacións. O cantón decidiu evaluar 3 prototipos entre esas ofertas antes de pór en marcha o plan.

Entre os factores contemplados para tomar a decisión figuran a estabilidade, seguridade, inmunidade a virus, flexibilidade, liberación do mercado e aforro.

"A independencia de fornecedores e maila súa política de negocios xogaron un importante rol na nosa decisión. Máis aló diso, o baixo custe de optimización foi un argumento importante para elixir Debian GNU/Linux".

"Abonda cun dia para comezar a traballar co novo escritorio", sentenciou Kurt Bader.

Fonte.

asennadas

Chuzame! chuzame -

SP3 de M$ bloquea 23 tipos de arquivos

O motivo? Aparentemente é cousa de seguridade.

Deixo a nova orixinal en pt-br:

A escolha deliberada da Microsoft em impedir acesso a arquivos antigos, incluindo aqueles gerados por seus próprios produtos, foi para aumentar a segurança no novo pacote de atualizações do Office 2003, de acordo com informações de um evangelista da companhia.

O Service Pack 3 (SP3) para o Office 2003, segundo Viral Tapara, evangelista da Microsoft no Reino Unido, bloqueia antigos formatos de arquivo por razões de segurança.

Alguns arquivos antigos, incluindo da Microsoft, são inseguros e não nos satisfaz ter vetores de ataques que podem ser usados para executar código malicioso”, disse Tapara. “A decisão pelo bloqueio se restringe para proteger a máquina de ser comprometida”.

O Office 2003 SP3 foi lançado em setembro e as discussões em torno das mensagens de erro ao abrir arquivos surgiram quase de imediato nos fóruns da Microsoft.

As questões continuaram em dezembro. Usuário identificado como "dberwanger" reclamou que perdeu 250 dólares para “resolver um problema com o SP3 que ele mesmo criou. Finalmente, tive que desinstalar completamente o Word 2003 e reinstalar (pois não é possível desinstalar o SP3) e o problema foi resolvido”.

A Microsoft divulgou um documento (material em inglês) que inclui um registro do Windows que permite retornar ao modelo original de suporte a formatos antigos para o Office 2003. O documento ressalta os problemas de segurança: “Estes formatos foram bloqueados por serem menos seguros. Eles podem significar um risco à você”, define o documento.

Sexa cuestión de seguridade ou do seu ben coñecido modelo de negocio, a cousa é preocupante. Cal será a gota que colmará a paciencia de quen aínda aguante estes abusos?

O meu consello: Podes ficar dándolle voltas á piscina mais, ao fin, has mergullar no SwL ;-)

Fonte.

asennadas

Chuzame! chuzame -

A miña andaina no Sw Libre (2000, UNED e IES)

Aprendín moito no LinuxMaster do 1999 e comecei pensar na posibilidade de aproveitar o tempo libre que tiña facendo a enxeñaría técnica informática pola UNED. Amais é que resultaría até cómodo pois xa tiña o 1º de enxeñaría aprobado e a carreira de CC. Económicas ben rematada. Non errei ao supoñer que me ían convalidar unha morea de asignaturas. E así foi, creo que foron ata 7 ou 9 asignaturas convalidadas, todas as que máis me custaría facer: matemáticas, física, estadísticas e até algunha específica de Económicas. En resume, tiña que facer a carreira cunhas 23 asignaturas, todas específicas de informática, é dicir, o ideal!

Namentres non chegaba o comezo de curso, seguín practicando a reo. Probara as distros Mandrake 6.1, Slackware 7.0, a brasileira Conectiva 4.1... e até cheguei mercar varias delas.

Comprendía o modelo de negocio que se asentaba arredor do Sw Libre e mailo Open Source, sempre de xeito autodidacta e solitario pois aínda non tiña con quen compartir esta paixón, agás co amigo Manuel, con quen seguía facendo quedadas de fin de semana. Daí que mercara distros de libre descarga. Fíxeno por diversas motivacións. Sentíame na obriga de axudar a quen mo daba de xeito libre, tamén quería ler as documentacións que incluía, os adhesivos que acompañaba... en fin, tampouco eran moitos cartos (unhas 10 ou 15.000 ptas).

OpneBSD 2.7A primeira que merquei foi a OpenBSD 2.7 (aínda a conservo). Xa probara a FreeBSD mais esto era outra cousa moitisimo máis complexa. OpenBSD vén pechada por defecto, é dicir, o que queiras facer en rede significaba complexos axustes para un simple afeccionado. Porén, adoraba varias calidades das *BSD (probei FreeBSD e OpenBSD) como a velocidade, limpeza, o doado da compilación do seu kernel ou o seu make world. Imprimín as súas documentacións para pór en práctica todo canto poidese.

Comecei o curso na UNED tendo preparadas as ferramentas axeitadas para estudar e practicar, sempre evitando empregar sw pivativo. Levando un mes ou algo máis recibo unha chamada solicitando a miña incorporación como substituto no IES Antón Losada da Estrada para dar... materias de Economía! Finalmente aceptei ir por mor dos conselllos familiares.

Alí atoparíame ao xefe de estudos que xa estaba a traballar nunha RedHat para os seus documentos en Latex. Ninguén máis sabía do tema. Puiden sementar algo de SwL no módulo de Informática pois un dos seus profesores, Marcial, amosara interese no tema polo que puiden deixar un par de equipos con GNU/Linux e arranque dual. Sei de primeira man que hoxe traballan moito con SwL, sobre todo en servidores.

Na Estrada estiven ata febreiro do 2001, só tres meses. O tempo suficiente para ter que adiar os meus recentemente iniciados estudos de enxeñaría.

Chuzame! chuzame -

Makefile (titoriais)

Deixo unhas ligazóns a titoriais sobre o coñecido Makefile dos *nix, o arquivo que inclúe as ordes a seren cumpridas pola utilidade make:

GNU Make

Chuzame! chuzame -

Hackeando a info cifrada nunha RAM

RAMA Universidade de Princenton vén de demostrar que un novidoso e doado xeito de acceder aos máis protexidos dos computadores obtendo acceso físico desas máquinas.

O informe desa universidade amosa ben ás claras que os cifrados non son tan seguros como se cría pois abonda con manipular axeitadamente a memoria RAM. Si, falan da mesma memoria considerada volátil, a que perde os seus contidos ao desligar a corrente eléctrica...

Abonda con arrefriar ou conxelar a RAM estraída para reter os seus datos durante minutos e até horas. Tamén podes apagar un computador, arrincalo cun disco externo e realizar un envorcado do contido da memoria!

Unha das primeiras aplicacións de todo isto é saltarse os sistemas de cifrado de disco, considerados ata a data como o mellor método para manter a salvo a información sensible. Tras isto colles os programas adecuados, BitLocker de Windows Vista, FileVault de MacOS e TrueCrypt ou dm-crypt de GNU/Linux). Obtida a clave de cifrado, o acceso á información do disco é unha tarefa trivial.

Tes o artigo completo da universidade de Princenton, un video e unha guía de probas.

Unha fonte e outra máis.

Chuzame! chuzame -

Selo ‘aprobado para obras culturais libres’

aprobado para obras culturais libresNa lista CC-es coméntase que Creative Commons vén de dar un importante paso para aproximarse ás teses de FreedomDefined. E é que Mike Linksvayer, de Creative Commons, anunciou a creación dun selo "aprobada para obras culturais libres" que permitirá distinguir as licenzas Creative Commons que son libres (by e by-sa, ademais das declaracións de dominio público, que non son unha licenza pero que tamén permiten usos libres das obras) das que non o son (as que teñen as cláusulas nc-"non comercial" e nd-"sen obras derivadas").

Isto terá importantes beneficios para proxectos libres como Wikipedia, Commons e outros análogos, que atopaban dificultades para explicar por que unhas licencias CC eran válidas e outras non. Achanda de paso o camiño para a anunciada adopción por parte de Wikipedia da licenza copyleft de CC.

Desta forma sálvase a principal obxección que se lle facía á CC desde o ámbito da cultura libre (no sentido que se dá a este adxectivo no ámbito do software libre) e permitirá que non sexan confundidas unhas licenzas con outras, permitindo distinguilas dentro do rango das licenzas de CC.

Fonte.

Chuzame! chuzame -

Dia para a Liberdade dos Documentos o 26 de marzo ‘08

DFD’08Dentro dun mes, concretamente o 26 de marzo de 2008, celebrarase o Dia para a Liberdade dos Documentos para que sirva de punto de apoio para a liberación dos documentos e os estándares abertos.

Estase preparando un DFD Starter Pack que conterá unha bandeira, unha camiseta, folletos e adhesivos. Enviarase durante as primeiras semanas de marzo aos 100 primeiros equipos que se inscriban. Dezaseis equipos xa se inscribiron na fase de preparación da DFD.

Os equipos interesados xa se poden inscribir aquí. Máis información no sitio DocumentFreedomDay.

É bo lembrar que nesta mesma semana a ISO avaliará definitivamente a estandarización do OOXML proposto por M$, rexeitado ata o de agora. Porén, a M$ estase abrindo estratexicamente co ánimo oficial de favorecer a interoperatividade e máis probablemente para que serva á súa proposta. Isto a estas alturas non abonda para varios gobernos do mundo, como Brasil, que xa van adoptando como estándar ao ODF.

É isto só unha teima na contra da privativa M$? Por que temos que dicir NON ao OOXML?

Fonte.

Chuzame! chuzame -

Resultados da reunión coa conselleira de Educación

Para contextualizar é bo que leas antes:

Estes foron os puntos que finalmente tratamos coa conselleira de Educación Laura Sánchez Piñón e que a seguir deixo:

Asunto: Estratexia TIC na Educación galega

Reunión: 22 de febreiro de 2008

DEFICIENCIAS

Comunidade e o profesorado observan as seguintes deficiencias en materia TIC no ensino galego:

  • Herdanzas de políticas anteriores baseadas en pagamentos por licenzas.

  • Non hai seguimento decidido cara a adopción de estándares abertos (UE, PEGSI)

  • Fuga de capitais polo pagamento de licenzas a empresas foráneas.

  • Non se está a cumprir o PEGSI en materia TIC agás, con matizacións, nos servizos centrais.

  • Heteroxeneidade de estratexias e actuacións a diferentes niveis.

  • Escaseza de persoal no SIEGA, só 20 técnicos. Imaxinemos unha empresa cuns 40.000 empregados, canto persoal está adicado aos sistemas e información? Abondaría con vinte?

  • Quen é o persoal TIC nos centros? É adecuado que non sexan profesionais TIC?

  • Non está na actuación da Consellería favorecer a pirataría e os estándares propietarios pero está a acontecer e sen remedio aparente a curto prazo (fuga de capitais).

  • Non se está a cumprir o acordo de goberno de 2005 en materia TIC agás, con matizacións, nos servizos centrais.

  • (...)

SOLUCIÓNS

Comunidade e o profesorado propoñen as seguintes solucións:

  • Analizar os exemplos de Estremadura ou Andalucía en materia de implantación de estándares abertos, independencia tecnolóxica, aforro económico por licenzas, xeración de emprego endóxeno, libre transmisión do coñecemento e, en resumo, ética educativa e política. Sen ir tan lonxe, temos o noso caso de éxito no aforro económico na plataforma PLATEGA.

  • Xerar un Plan de Actuación que implique de facto:

    • Análise funcional cara a estandarización, homoxeneización de estratexias TIC nos centros e independencia tecnolóxica.

    • Multidepartamental, con compromisos firmes e consolidados das partes implicadas.

    • Seguimento que evite a distorsión na interpretación dos obxectivos a acadar

    • Dotar de recursos adecuados. O aforro resultante sufraga con creces o esforzo inicial.

    • Reconversión do actual Plan de Formación cara a consecución de resultados en función dos seus perfís e das súas responsabilidades TIC nos centros.
    • Cumprimento estrito da súa axenda
  • Aproveitar as sinerxias do trinomio "Contidos educativos + sistemas + centros PTIC"

  • Crear un responsable TIC con titulación técnica que atenda un axeitado número de centros.

     

ACTUACIÓNS URXENTES

Comunidade e o profesorado consideran urxente:

  • Incrementar o número de persoal TIC no SIEGA e o persoal técnico nos centros

  • Concretar a distribución de Software Libre elixida para o ensino

  • Promover un Sistema de Información Base Común para todos os centros que favoreza a colaboración e o soporte entre o profesorado

  • Concienciar sobre as bondades dos estándares abertos, o Software Libre e maila libre transmisión do coñecemento como ética educativa.

Asistentes: Benjamín Lois, Carlos Carrión, Manuel Morán e Roberto Brenlla.

Deixo o pdf da Reunión Conselleira de Educación, Laura S. Piñón - 20080222.

Os que alí estivemos saímos moi satisfeitos de como trancorreu a hora que tivemos pois o cordial interese amosado foi confirmado polas constantes solicitudes de ampliación de información a cada punto tratado ou a cada anécdota contada. Foi do sentir unánime a naturalidade coa que axiña nos atopamos. Sorprendeunos que xa empregara sistemas libres durante a súa estadía en Cambirdge.

Entre os compromisos asumidos, a conselleira confirmou que ampliará información sobre o Sw Libre e a súa ética, aproveitará unha viaxe que ten por facer a Andalucía para comprobar as súas experiencias en materia educativa e TICs libres, replantexará o actual Plan de Formación especialmente nestas materias e tamén emitirá un comunicado oficial da Consellería.

 

Chuzame! chuzame -

Puntos a amosar á conselleira de Educación

Tras case que un ano despois de poder abrir unha porta adecuada na Consellería de Eduación, hoxe imos alomenos catro persoas a unha entrevista coa súa responsable, Laura Sánchez Piñón.

O que aconteza no Ensino galego preocupa e implica a diversas contornas: alumnado, profesorado, APAs e, como non, a quen defendemos a adopción de estándares abertos, a libre transmisión de coñecemento e as tecnoloxías libres, nomeadamente o SwL.

Estas foron as principais motivacións á hora de tentar establecer a canle adecuada coa que poder expresar varias inquedanzas que posúen determinados colectivos. Así, en marzo do 2007 mantivemos unha primeira xuntanza varios GUGLs e profesores a título persoal defensores de SwL con representantes do SIEGA. Ao remate do ano pasado houbo unha segunda entrevista onde foise concretando a estratexia a seguir.

Hoxe imos á reunión Benjamín Lois do SIEGA, os profesores Carlos Carrión e Manuel Morán e eu, en certo xeito representando á comunidade.

Decimos incluir unha serie de puntos a tratar nesta xuntanza, seguindo a orde: análise de deficiencias, proposta de solucións e medidas urxentes. Este é o documento revisado cos puntos a tratar.

Chuzame! chuzame -

RedHat anuncia Publican

Logo RedHatRedHat vén de presentar Publican, a ferramenta que emprega no seu proceso de documentación.

Publican produce libros baseándose no coñecido DocBook XML e o seu obxectivo é a xeración doada de documentación que acompañe aos desenvolvementos, con capacidades de exportación a PDF e HTML.

Jared Smith, integrante do proxecto de documentación de Fedora, sinala que antes demoraba entre 2o ou 30 horas preparar a documentación en DocBook XML e agora co Publican faino en apenas 15 minutos!

Chuzame! chuzame -