Slashdot e as redes comunitarias

Apetéceme engadir o meu parecer á nova que puxen en AGNIX titulada Creador de Slashdot critica os sitios de novas comunitarias, complementando ao pouco que nela figura.

---

Rob Malda, o creador do famoso sitio de noticias tecnolóxicas e científicas Slashdot, critica abertamente ás novas comunitarias e mailos métodos de funcionamento de sitios baseados nesa liña como Digg.

Rob Malda ten 31 anos e tamén é coñecido como CmdrTaco. Foi tan contundente nas súas críticas que chegou mencionar que ese tipo de sitios están suxeitos á unha pequena minoría que funciona case que como unha mafia.

Nunha entrevista ao New York Times, Rob Malda engade que, no seu modelo, o grupo editor le todo o que lle envía e 'se non é de tecnoloxía, se rexeita'. Pola contra, os sitios comunitarios 'teñen un 1 ou 2 porcento da comunidade moldeando cara onde vai a comunidade ao completo. Un pequeno grupo de persoas pode manipular doadamente estes sitios'.

Namentres iso di Rob, o propio New York Times sinala que Slashdot está a sufrir as consecuencias destes sitios comunitarios ou the chickens were coming home to roost.

A pesares do dito por Rob, o certo é que todo iso non lle obstaculiza intentar un proxecto cun modelo semellante ao que tanto critica... Olla senón esta ligazón. Até ten un 'T' caído ao final ben ilustrativo ;-)

---

Está claro que as redes sociais ou, por extensión, a coñecida web-2.0 están a trocar o panorama actual da interacción dos usuarios na web. Quen queira beneficiarse dilo, economicamente ou só co obxectivo de perservar o seu número de visitas, ten que se adapatar, imprescindible nunha contorna en continuo cambio.

Slashdot pertence a SourceForge, Inc. e polo tanto procura beneficios. Está claro que hoxe o traballo de novas que un reducido grupo de editores publica nunha web, sexan procuradas por eles ou filtradas a partir das propostas enviadas, é un modelo obsoleto frente ao que emprega as redes sociais. Daquela recriminar ás redes sociais non ten lóxica.

Porén, o nicho de portais de novas son, en última instancia, o que nutre ás web sociais, daquela acho que segue sendo necesario. Encamiñar os portais de novas cara un modelo que inclúa artigos propios e de opinión sobre novas acontecidas pode sobrevivir a pesar da inevitable perda de número de visitantes. Posiblemente os visitantes que manteñan sexan máis fieis...

Facendo un paralelismo coa web de AGNIX á que lle adiquei e adico unha morea de horas ao dia, constato a evidente necesidade dunha urxente evolución. Está en camiño...

Esta anovación facilitará a incorporación de novas coa colaboración libre por parte da comunidade, anque supervisada comprobando a súa idoneidade respecto ao que AGNIX sempre publica xunto á necesaria revisión gramatical. Á par, amosará novas sindicadas pero seleccionadas e, como non, artigos propios aínda que sexan poucos e cada vez máis contendo opinións ou experiencias técnicas no eido que nos interesa, o do SwL.

Non se trata de sindicar novas exclusivamente como o fan portais onde hai máis de 50 novas ao dia, todas alleas, ningunha propia, algunhas até repetidas pois son capturadas por un motor RSS, non por persoas. Non, entre outros motivos, porque esas novas estarían case sempre en castelán, portugués ou inglés, apenas algunha en galego.

Tampouco se trata de deixar sen control e á vontade absoluta de quen decida colaborar, pois polo medio pódense colar novas interesadas, non interesantes.

Está claro que hai que anovarse, seleccionando o que máis interesa da contorna web-2.0. Non é lóxico tanto esforzo, tantas horas a cotío (ás máis das veces superan as catro horas ao dia!) cando os novos modelos permiten facer mellor edicións semellantes, máis colaborativas e con máis eficiencia.

Non critico ás redes sociais nin á web-2.0 senón que ás admiro!

Slashdot

Chuzame! chúzame -

Leave a Reply