O que non se pode facer con Windows e MacOS

Provén do artigo orixinal en inglés (What is the coolest thing you can do using Linux that you can't do with Windows or on a Mac?) traducido ao castelán. Agora o deixo aquí en galego, supervisando a tradución a partir do resultado fornecido polo Apertium:

Un amigo preguntoume recentemente que podía facer en Linux que non puidese facer en Windows ou MacOS, e non teño só unha resposta senón unha lista de cousas que pensei e mandei ao meu amigo por correo-e. Logo pensei escribir este artigo para referencias futuras. Se queres podes engadir as túas á lista. Tamén hai un fío nun foro de Ubuntu sobre este asunto que lembrei namentres terminaba a lista e daquela apropieime dalgunhas ideas.

- 1. Actualizar a unha nova versión legal de balde. (nota desta tradución: diríase mellor legal e libre)
- 2. A última versión do sistema operativo execútase no mesmo computador máis rápido cá anterior.
- 3. Instalar e executar outra interfaz gráfica se non me gusta a que está por defecto.
- 4. Instalar 20 programas cun comando.

- 5. Facer que o sistema manteña actualizados os programas instalados por min.
- 6. Instalar a mesma copia do meu sistema operativo (Ubuntu) en varios computadores sen preocuparme das restricións da licenza nin das claves de activación.
- 7. Dar copias dos programas que utilizo sen quebrantar ningunha lei nin norma moral ou ética. (Nota desta tradución: non só iso, senón que é ético e moralmente recomendable distribuir coñecemento, neste caso programas).
- 8. Ter todo o control sobre todo o meu hardware sabendo que os meus programas non teñen ningunha porta traseira de ningunha empresa ou goberno.
- 9. Usar o computador sen necesitar un antivirus e sen ter que reiniciar durante meses activándose no acto todos os parches de seguridade descargados (NdT. ou calquera outro programa, de feito un dos meus computadores só reiníciase cando se vai a luz).
- 10. Usar o computador sen necesitar desfragmentar o disco duro, nunca.
- 11. Probar calquera programa, e se non me gusta, desinstalarlo sabendo que non deixará ningún rastro no rexistro que poida retardar o meu computador.
- 12. Cagarla ata necesitar reinstalar o sistema, e que só tarde media hora en polo todo a punto porque teño os meus datos e os meus programas en particiones separadas.
- 13. Iniciar un escritorio con efectos tan chulos (nota da tradución: moito máis chulos) cós de Vista nun computador de fai 3 anos en menos de 40 segundos incluíndo o tempo que tardo en escribir o meu usuario e contraseña.
- 14. Personalizar todo o que queira, legalmente, ata os meus programas favoritos. Ata podo contactar cos desenvolvedores dos programas para facerlles preguntas, exporlles as miñas ideas e ata participar no proceso de deseño ou/e escritura do programa.
- 15. Ter abertas máis de 4 fiestras dun procesador de textos con documentos nos que traballo, escoitar música, xogar cos efectos do escritorio, estar en contacto cunha gran comunidade e ter Firefox, a mensaxería instantánea e o correo electrónic, todo aberto á vez, sen ter que mendigarle a ninguén que me arranxe a lentitude do sistema e sen que o sistema funcione tan mal que faga inútil.
- 16. Usar o comando dpkg --get-selections > pkg.list para facer unha lista completa e detallada de todo o que teño instalado no computador e con facer unha copia de /etc e /home noutra partición, ser capaz de restaurar o meu sistema en calquera momento de forma sinxela.
- 17. Executo varios escritorios á vez e ata permito que varios usuarios inicien sesión no meu computador á vez e usen simultaneamente o computador.
- 18. Cambiar o tamaño dunha partición do disco duro sen ter que borrala nin perder información.
- 19. Usar o mesmo hardware durante 5 anos sen necesitar, abofé, actualizalo. Teño hardware de fai 10 anos que con Linux segue sendo útil.
- 20. Navegar por Internet mentres o sistema operativo instálase!
- 21. Usar case calquera hardware tendo o driver xa incluído no sistema eliminando a necesidade de buscar por Internet a web do fabricante para atopar o driver adecuado.
- 22. Conseguir o código fonte de case todo, incluíndo o núcleo do sistema operativo e moitos dos programas que utilizo.

Podería seguir, pero xa é o suficientemente longo :-)

Atopado nesta fonte, onde se engaden comentarios, puntualizacións, melloras, etc.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

14 Responses to “O que non se pode facer con Windows e MacOS”

  1. Todo o que podes facer con Linux e nunca poderás facer con Windows e Mac…

    Brenlla traduciu e publicou un artigo de Matthew Helmke no que se enumeran 22 cousas que se poden facer cun sistema operativo GNU/Linux e non cos sistemas privativos Windows da Microsoft e Mac da Apple….

  2. certo, todo o que se pode facer con linux e non con windows chámase MAC
    Esa listaxe non ten pes nen cabeza. O punto primeiro é de un irrelevante absoluto
    Di 1 Actualizar a unha nova versión legal de balde (sic)
    vaia argumento!!!!!!
    Así que os que traballan nunha empresa ou por conta allea con mac o win XA igualan a linux. Actualizan a outra versión mellor sen pagar un can!
    E isto é unha vantaxe? Vaites ou sexa que un coche de chatarreía e MELLOR que un ferrai porque é gratis total!
    Máis da argumentación pro linux (mellor por gratis total) Dache un apurón e podes ir a un bar tomar algo e cagar alí pero non, iso custa cartos. Mellor baixa os pantalóns no parque e pranta un pino. É gratis -> mellor
    Todo isto lembra ao chiste do que ia ao chollo correndo detrás do autobús. Un amigo lle preguntou que porque ia ao chollo correndo detrás do autobús.
    -É que aforro un euro dixo.
    -Coño, lle respondeu o amigo, pois vai correndo tras un taxi e aforras vinte
    saúdos dende mac

  3. Nemigo, a acostumada igualdade libre = gratis, non a vexo por ningures. Porén concorde que non todo o gratis sexa mellor, non me satisface a túa argumentación ao redor da gratuidade. Pensando un chisquiño, inmediatamente comprobas a evidencia que sinala á Liberdade como valor infinitamente máis relevante cá Gratuidade, e máis aínda se esa Gratuidade está asentada na ilegalidade ao incumprir a licenza orixinal. Estea o non un de acordo con ela, é incumprimento, é ilegal. Penso que iso é máis ca relevante…

    Até entendo que algúns defendamos activamente o SwL e outros pasen do tema, do mesmo xeito que activistas ecoloxistas comproban como moita xente nin recicla o seu lixo ou algúns seguen cazando baleas. Como ben se comenta en Chuza, para moitos o SwL non só é técnica, é civismo e tantas cousas máis, todas elas ben máis valiosas cós argumentos que teñen na súa contra. Digo, é o que penso e defendo.

    Pola outra banda, que traducira esta listaxe, non significa que concorde con ela ao 100%. De feito, (só) fixen un par de puntualizacións, tendo comprobado varias imprecisións e até falsedades. Tan só o fixen porque chamou a miña atención e quixen compartilo ;-)

  4. mira, a mín paréceme ben (moi ben) que che guste o pingüino
    Agora ben, se o queres vender, ceder ou prostituir. Vai como as galiñas -> polo que vale
    A maioría dos puntos disa listaxe son irrelevantes
    Ao 99% por cento dos usuarios tanto lles ten se poden acceder ao kernel, se o poden ver, facerlle fotos no nadal o lles da calambre
    Nenguén elixe o taller no que repara o coche porque lle permitan abrir el mesmo o motor

    O punto catro volve a ser…
    Di: 4. Instalar 20 programas cun comando. (Sic)
    fijatetú a xente vai a El Corte Inglés e di: oigausted. Póngame tres ordenadores en serie quiero ver un linux un mac y un win instalando 20 programas a la vez. E entón merca o que fai iso.
    Digo máis. Mercas PC actual e nas comparativas unha das probas é a instalación de 20 programas simultáneamente. Os ordenadores levan unha pegata co número de programas a instalar simultaneamente! O proprio mocosoft ten un service pack que lle permite mellorar resultados
    Penso que na comparanza falta o dato definitivo pra instalar linux. Teñen un pinguín de mascota! Pode haber SO máis ecoloxista?

  5. http://brenlla.blogaliza.org/nao-alimente-os-trolls/

  6. Os extremos nunca son bos!!!… tranquilos home, tranquilos que vexo moito animo alterado, e algo de incredulidade no movemento do SL por parte de Nemigo.

    Persoalmente levo tempo navegando entre os dous mares o ocenao do sw libre eo ancho mar do sw privativo, representado nos sous dous mairres respresentantes por un lado a distro Ubuntu e por outro win2 Vista de MS.

    Teño que decir que cando traballo con un sempre voto de falla algo do outro, explicome:: non fai moito fun a unha academia tiñan Ubuntu e para compartir directorios instalei NFS (coas suas debilidades) puiden haber usado OpenSSh para facer algo máis segura a comunicación pero dabame moito máis traballo, entón botei de menos a facilidade de win2 para facer isto de igual a igual, sen necesidade de habar un servidor de por si, ou o active directory para xestionar todo de unha atacada -regras, permisos,…-

    Por outra banda cando estou en Vista sintome máis atado e sinceramente menos seguro ao traballar via web, ben é certo que hai virus, rootkits,… pero ainda así o conto cambia moito, de feito no portátil que teño sempre uso linux para navegar via web, iso sí procuro telo actualizado e coñecer os últimos bug’s que apareceron.

    A hora de programar, uuuummmm… que dilema!!! por un lado toda a potencia do VS e do seu último framework 3.5 e un montón de código prepicado (cab, Ent. library,…) para simplificarme a vida e mellorar a miña seguridade por de facto das miñas aplicacións dandome moooito traballo feito, iso sí teño que atenerme a unha serie de restrinscións e facer o pago das correspondentes licencas -sempre que non sexas Isv empower-
    Por otro lado estan netbeans - eclipse para Java, RoR, PhP,… un mundo libre, e cunha morea de posibilidades e oportunidades pero quizais ainda verde nalguns aspectos e sobre todo pouco centralizado, sería bo que de algunha forma se converxera nunha soa rama ou nunhas poucas para saber o que hai feito e o que non, para poder facer retroalimentación e mellorar o xa desenrrolado -user experience-, bug’s, rendimento , e moi difícil ver o que hai evolucionado en tan inxente morea de código. Iso sí é alucinante ver a marea de proxectos que surxen día tras día…

    O mesmo pasa coas B.D. MySql, Postgre, estan bueno ben, pero teñen moito pero moito que mellorar para chegar a potencia de Sql-Server.

    A veces penso que cantidade de xente que sua Ubuntu por exemplo lle importa realmente que sexa libre, por desgracia penso que máis ben lle importa que sexa gratis, o de libre queda nun segundo plano, non entenden o que iso significa, simplemente se encontran que de pronto non hai restriccións de uso pero asumese cunha naturalidade e a veces fai que ate se menos precie todo o inxente traballo que hai por detras, cousa que me pon triste.
    A ignorancia é a culpable de todo, deberíase poder explicar as persoas que usan computadoras cales son as regas de xogo dos dous mundos, e logo que elas escollesen o que máis lles gusta ou o que mellor lles vai. Pero claro esta xogando limpo, aqueles que escollan o sw libre compartindo e axudando a comunidade os que escollan sw privativo pagando debidamente os royalties da licenzas.

    Son dous mundos distintos, o sw libre esta despegando a toda velocidade, pode que en certas cousas ainda vaia por detras pero pese a quen lle pese é unha realidade e ambos estan destinados a compartir escritorios e a competir entre eles por moito tempo.

    A guerra esta servida!!!!

  7. Eu teño un Mac agora e tiven un Linux (Ubuntu) antes, e aínda teño outro Ubuntu instalado nun ordenador vello. Cada cousa para o que é, ainda que neste momento (podo mudar de opinión nuns meses), e para o uso que lle dou, prefiro o Mac.
    Nin son informático nin sei utilizar a consola do linux (copio e pego cando preciso unha liña de comandos), e tiven que romperme a cabeza bastante para facer funcionar todo o hardware, ou case todo. Por iso prefiro o Mac, funciona todo, sen ter que pensar moito, e podo dedicar o meu tempo a outras cousas.
    Por outro lado, non vin nada ofensivo nos comentarios de Nemigo, e non creo que as suas opinións sexan merecedoras de chamalo Troll.

  8. O título deste artigo que personalicei do orixinal evita calquera loita, ao meu entender innecesaria, tan só enumera cousas que o autor orixinal cre e de quen eu mesmo discrepo nalgúns puntos e así o reflictín no meu primerio comentario. Cadaquén que faga e empregue o que queira agás a administración pública, a única obrigada a facelo, obviamente segundo o meu criterio. Calidonia decantouse por outro título en Chuza…

    Pola outra banda, para compartir directorios abonda con premer no botón dereito do rato e elixir ‘Compartir o cartafol’. Claro, pódense facer máis cousas e máis complexas sen necesidade de entrar en consola. Para ilo terás que instalar cousas que non veñen por defecto… pero para quen non queira complicarse abonda co dito enriba, aplicable a calquera sistema operativo a ofrecer a túa compartición.

    En canto ao de Troll, pido desculpas a Nemigo por se o tomara dese xeito. Eu quíxenlle dar o sentido que reflicto no artigo da ligazón e que di textualmente:
    (…)

    Trata-se de uma figura cuja atitude básica é discordar e discutir, realizando um papel que pode ser lúdico e até provocar reflexão, mas que exige um certo cuidado, pois pode facilmente desviar o foco e reduzir o valor potencial de qualquer discussão.

    (…)

    Por que? Polo mesmo motivo que antonte publicara en AGNIX a nova do ‘Código de Conducta de OpenSUSE‘. Valoro dicir o que un pensa, reflictindo os pareceres e opinións con verbas veraces. Porén, está claro que se pode dicir a mesma verdade de milleiros de formas. Daí que considere adecuado elixir entre todas elas as máis respetuosas e construtivas, favorecedoras de intercambio de opinións. E non por ilo pérdese ren de liberdade de expresión… Pódense considerar un tanto fóra de lugar algunhas das frases de Nemigo, alomenos así o considerei eu e, polo visto noutro comentario, non son o único. O:-)

  9. jejejeeee home grazas Roberto, jejeee o do botón dereito -Compartir cartafoles- xa o sabia jejejeeee o que non souben solucionar e que en algúns pc’s non había forma de que puidesen coller os cartafoles compartidos… non sei… o final ntfs foi unha solución.

    Grazas de todas formas!! non te apures polo da entrada, malos entendidos hainos sempre, todos coñecemos a túa traxectoría en defensa do sw libre, e é de admirar a túa implicación e traballo.

    Así que nada, a seguir pelexando que o camiño é longo.
    Un saudo!!!

  10. Unha das cousas que máis valoro do software libre foi a posibilidade de deixarme ver cousas novas. Gustoume tanto, que me acabei acomodando a el. Neste momento, non hai nada que me ofreza outro tipo de software que me interese.

  11. Como ben di Roberto no punto 7, o máis importante que podes facer con GNU/Linux e non podes facer con MAC ou Windows é fomentar a libre difusión do coñecemento. Desde o meu punto de vista, o máis importante é o espíritu de colaboración e cooperatividade que fomenta a filosofía do software libre.

    Hai unha frase que vin xa hai algún tempo e me parece moi acertada: “No se trata de sustituir un sistema operativo por otro porque sea más barato, seguro y fiable. Enseñar con GNU/Linux no es sólo usarlo sino trasmitir el espíritu de colaboración y cooperatividad que implica cualquier empresa de conocimiento.”

  12. Que Sql-Server é mellor ca PostgreSQL??
    Hehe, o que hai que ouvir…

    Que se diga de MySQL concordo.

  13. Son un ex-windoseiro e agora ubunteiro e desde logo aínda que manteño o windows no computador só pensar en ter que volver a ese enxendro de SO causame arreguizos.
    Ubuntu for ever.
    Por certo recoñeceume todo o hardware excepto a webcam.

  14. Eu non son informático nin entendo moito de ordenadores, pero paréceme moi mal que case todos os portátiles que están á venda veñan cun sistema operativo preinstalado. Creo que moita máis xente mercaría un portátil con Ubuntu so por aforrar os 100 euros do SO de Microsoft (por exemplo) e non tanto polo tema do software libre.

Leave a Reply