Círculo Virtuoso da Innovación

Pegando anacos de ideas recollidas pola rede, con relación a algunha das miñas paixóns ou só porque me resultaran chamativas... Velaquí unhas poucas referidas á innovación e ao progreso.

  • Círculo virtuoso da innovación. Brevemente, indica que o coñecemento, a través dos procesos de innovación tecnolóxica, xera riqueza e o uso desta riqueza alimenta a xeración de novo coñecemento. Cando ese círculo racha (algúns dos elementos non recollen os resultados dos anteriores), o proceso de innovación detense.

C�rculo Virtuoso da Innovación

  • Nada máis difícil de emprender nin máis perigoso de conducir que tomar a iniciativa na introdución dunha nova orde de cousas, porque a innovación tropeza coa hostilidade de todos aqueles a quen lles sorriu a situación anterior e só atopa leves defensores nos que agardan beneficios da nova. (Nicolás Maquiavelo)
  • O Homem Racional se adapta ao mundo. O Homem Irracional tenta adaptar o mundo a ele. Assim sendo, todo o progresso depende do Homem Irracional.
Chuzame! chúzame -

3 Responses to “Círculo Virtuoso da Innovación”

  1. CKO!!?? Wooow, sempre me chamaron moito a atención estes nomes, jejeeee son moi graciosos… non crees -Xefe oficial do coñecemento- la leche…

    Ben, o caso… o segundo punto da entrada da de cheo na situación actual no marco da informática, dende logo que sí; os grandes da industria non asumen o cambio, de seguir así o movemento do Open Source queiran ou non deberan de terminar absorvendo este enorme fluxo que se esta a producir. Microsoft xa comenzou a facer algo de ten unha especie de licenzas Novas licenzas MS.
    Iso sí que ninguen se trabuque e pense que isto pode acabar con grandes mostruos como son Oracle, Microsoft, …. destinados a convivir estan!!

    Boas noites Sr. Brenlla!

  2. Si, o do CKO vén polo de avó, pois así adoitan chamarme varias amizades, e os avós son coñecidos polo seu coñecemento… Daquela achei iso moi simpático :-D

    Si, concordo co que sinalas de do segundo punto,está claro, mais non esquezamos á SGA€, verdade? Pode ser un exemplo aínda máis evidente, en pleno canto do cisne, reacia a adaptarse.

  3. Este tipo de licenzas xa se anunciaron no 2005, e o máis impactante e que a propia OSI aprovou parte destas licenzas… Osi Approves Microsoft Licences

    O pero de isto e que M$ coñecendo a súa tracxectoria vai intentar confundir a xente e de seguro que terá algunha razón/causa/motivación para que os desenvolvedores adopten estas licenzas e non a GPL (única e xenuina!!).

    Non sei, a min hai certas cousas que prefiro que non se mesturen, se M$ quere adoptar en certas partes do seu código como fai coa Enterprise Library, CAB, Partters&Practies que o faga pero baixo as licenzas xa existentes e que eles non poden controlar.

    Opinion persoal claro.

    Saudos e Saude!!!

Leave a Reply