PDFs dos meus relatorios nas III Xornadas de SwL en Monforte
Deixo as ligazóns aos PDFs dos meus relatorios no IES A Pinguela durante as III Xornadas de SwL de Monforte:
Desta vez fun como CKO de C.T.I TEGNIX e socio de AGNIX pois as dúas primeiras son as presentacións que adoito dar na Rede de Dinamización e a derradeira é unha das que din recentemente en Lisboa. Semella que o de CKO está gustando pois o explico dicindo que os avós adoitan ser catalogados como posuidores de moito coñecemento (knowledge) e experiencia, e como moitos chámanme avó...
Aproveito para agradecer esta nova oportunidade que me deu este IES, especialmente a María Torres, pois así podo seguir divulgando.
chúzame -
En: AGNIX, FLOSS, Galicia-Galiza, Persoal, TEGNIX por Roberto Brenlla
Jejeee!! dende logo que é imposible negar os teus amplos coñecementos, abofé… pero recoñece que o de CKO tamén che gusta polo punto friki que tes dentro…
Recoñezo, recoñezo, pero tamén polo chisco de coña que ten a cousa
QK!
(Que carallo!)
Graciñas outra vez Roberto.
Foi moi re(v/b)elador o que nos transmitiches
Foi un pracer escoitarte e aprender dunha persoa coma tí. A verdade que o que nos contaches foi moi interesante e ameno; e nunca se debe perder a oportunidade de incrementar os coñecementos cando se trata de temas tan interesante coma este. Un saudo moi grande. E moitas grazas por vir a Monforte.
Juan Carlos L.D
I.E.S A Pinguela - Monforte de Lemos