Trocando o enderezo MAC dunha interface de rede

ifconfig Os ISP´s (Internet Service Provider), ou "fornecedores de servizos de Internet", son as empresas adicadas a conectar ós usuarios a Internet, e dar outras prestacións relacionadas coa rede (venda de dominios web, etc.). Algúns deles emparellan o enderezo físico MAC (Media Access Control) dunha interface de rede a unha IP ou de Protocolo de Internet.

Isto pode ocasionar varias incomodidades. Por exemplo, imaxina que mudas de interface de rede por outra mellor. Neste caso pode que perdas a posibilidade de conectarte ao teu ISP e polo tanto a Internet. Hai pouco un amigo tivo que facelo tras conectarse á mañá a unha WiFi dun centro comercial e á tarde non podía ata que trocou a MAC da súa interface.

Con SwL normalmente podes modificar o valor dese enderezo MAC que vén de fábrica. Como facelo? Comeza copiando o campo actual HWaddr que obtés coa saída do comando ifconfig, por exemplo, 00:15:00:3C:EA:A5. Tras isto, descativa esa interface:
ifdown eth0
Sustitúe a interface pola nova e asócialle o enderezo MAC que atoparas antes,
ifconfig eth0 hw ether 00:15:00:3C:EA:A5
tralo que só tes que volver activala,
ifup eth0

Comproba que a nova interface ten a MAC que querías:
ifconfig eth0 | grep HWaddr

Chuzame! chuzame -

5 Responses to “Trocando o enderezo MAC dunha interface de rede”

  1. Uuuuuum ligar unha Mac a unha Ip, pero iso só pasara se ter unha Ip fixa nonsí, ao longo do día podes cambiar varias veces de Ip dende o mesmo posto e non pasa nada.

    A verdade e que é a primera vez que oigo isto :/

    Por outra banda a min isto soame mais a un troco ‘forzoso’ de Mac, e decir, que dende un centro comercial é fácil que alguen facendo uso por exemplo de Cain para Win2 ou de Kismet para Linux, o caso e que a min pareceme máis un -Man in the middle-. Según o que a min me parece claro…

  2. Ooooouh que mal me expliquei antes! Recollo o último parrafo e reescribo….

    O que quería decir e que dende un centro comercial é moi fácil que alguen facendo uso de por exemplo Cain para Win2 ou Kismet para Linux (hai miles de ferramentas máis) che poidan ’snifar’ a rede e cambiarche a MAC para facer un -Man in the middle-

    e logo claro chegas a casa, e booom a túa MAC non é correcta.

    Ti que opinas non puido ser algo así???

  3. O de trocar a MAC só é con fins positivos, nada do Man in the middle :-)

    Neste caso, véu porque lembrei facer isto xa na miña “andaina” co programiña Linuxconf. Daquela chamárame a atención e hai uns días o tivo que facer o amigo que dixen porque non lle rulaba a WiFi no centro comercial ao acudir nunha segunda ocasión no mesmo dia. Pensamos que podía ser diso e semella que debeu ser así xa que ao trocar a MAC volveu ter WiFi!

  4. Imos ver… e que me ten intrigado o asunto.

    O teu amigo foi a un centro comercial pola mañan, nonsi, navegou en internet sen problemas.

    Logo voltou pola tarde de novo ao centro comercial e non se puido conectar porque a súa MAC mudara, verdade…

    Sí esto é así, non ten sentido que por mitas ip’s as que te conectes che varie a MAC; eu co meu portátil conectome en hoteles, bares, aeroportos,… e nunca me cambiou a MAC, como moito o pc avisame que cambio de ‘rol’ e de rede privada a pública.

    Entón se ao conectarte a unha rede che varia a MAC esta claro que sufiches un -man in the middle-.

  5. Non, non foi así. Insisto que fora un amigo que se conectou á WiFi dun centro comercial e navegou. Logo, noutro intre do *mesmo dia* voltou ao *mesmo centro* comercial e non lle daba conexión a internet. Pensamos que podería ser da MAC… cambiouna e rulou, todo no mesmo dia, todo no mesmo centro.

Leave a Reply