ODF pode chegar ser norma brasileira (alén da ISO)

ODFO debate ODF vs OOXML non rematou. O primeiro xa é estándar ISO 26300:2006 e comeza ser adoptado amplamente por diferentes estados e gobernos rexionais como se pode comprobar neste PDF co relatorio anual ODF de 2007. Lido superficialmente, en España só aparece a admirada Estremadura.

Pola contra, o OOXML da M$ foi rexeitado como estándar mais aínda ten unha derradeira oportunidade na vindeira semana en Suiza. Daí que estemos de novo a voltas coa súa aprobación ou rexeite definitivo.

Por aquí apenas temos a metade da repercusión que houbera na primeira votación, se cadra confiados demais, descontando o seu rexeite como algo que acontecerá con certeza.

Onte aconteceu no Brasil o debate ODF vs OOXML no Rio de Janeiro onde, unha vez máis, han votar negativamente na contra do OOXML.

De todo isto fun informado polo amigo Claudio F. Filho pois é un dos técnicos que avaliou o OOXML para a ABNT (Associação Brasileira de Normas Técnicas). Contou tamén que o ODF irá a consulta pública para se convertir en norma brasileira de imperativo cumprimento.

Chuzame! chúzame -

2 Responses to “ODF pode chegar ser norma brasileira (alén da ISO)”

  1. Veja também esta história, em que o governo do Paraná já transformou ODF em lei: http://avi.alkalay.net/2008/02/odf-in-the-state-of-parana.html

  2. [...] para que serva á súa proposta. Isto a estas alturas non abonda para varios gobernos do mundo, como Brasil, que xa van adoptando como estándar ao [...]

Leave a Reply