Hackeando a info cifrada nunha RAM
A Universidade de Princenton vén de demostrar que un novidoso e doado xeito de acceder aos máis protexidos dos computadores obtendo acceso físico desas máquinas.
O informe desa universidade amosa ben ás claras que os cifrados non son tan seguros como se cría pois abonda con manipular axeitadamente a memoria RAM. Si, falan da mesma memoria considerada volátil, a que perde os seus contidos ao desligar a corrente eléctrica...
Abonda con arrefriar ou conxelar a RAM estraída para reter os seus datos durante minutos e até horas. Tamén podes apagar un computador, arrincalo cun disco externo e realizar un envorcado do contido da memoria!
Unha das primeiras aplicacións de todo isto é saltarse os sistemas de cifrado de disco, considerados ata a data como o mellor método para manter a salvo a información sensible. Tras isto colles os programas adecuados, BitLocker de Windows Vista, FileVault de MacOS e TrueCrypt ou dm-crypt de GNU/Linux). Obtida a clave de cifrado, o acceso á información do disco é unha tarefa trivial.
Tes o artigo completo da universidade de Princenton, un video e unha guía de probas.
chúzame -
En: AGNIX, Curiosidades, Seguridade por Roberto Brenlla
Leave a Reply