Selo ‘aprobado para obras culturais libres’
Na lista CC-es coméntase que Creative Commons vén de dar un importante paso para aproximarse ás teses de FreedomDefined. E é que Mike Linksvayer, de Creative Commons, anunciou a creación dun selo "aprobada para obras culturais libres" que permitirá distinguir as licenzas Creative Commons que son libres (by e by-sa, ademais das declaracións de dominio público, que non son unha licenza pero que tamén permiten usos libres das obras) das que non o son (as que teñen as cláusulas nc-"non comercial" e nd-"sen obras derivadas").
Isto terá importantes beneficios para proxectos libres como Wikipedia, Commons e outros análogos, que atopaban dificultades para explicar por que unhas licencias CC eran válidas e outras non. Achanda de paso o camiño para a anunciada adopción por parte de Wikipedia da licenza copyleft de CC.
Desta forma sálvase a principal obxección que se lle facía á CC desde o ámbito da cultura libre (no sentido que se dá a este adxectivo no ámbito do software libre) e permitirá que non sexan confundidas unhas licenzas con outras, permitindo distinguilas dentro do rango das licenzas de CC.
chúzame -
En: AGNIX, Cultura Libre por Roberto Brenlla
Leave a Reply