Cantón suizo migrando 2000 escritorios a Debian
O cantón suizo Solothurn está a migrar 2000 escritorios cara GNU/Linux, concretamente a Debian. Así o fixo saber Kurt Bader, director de AIO (Amts fur Informatik und Organisation), durante o congreso "Open Source Meets Business" que se celebrou en Nuremberg. Alí foi presentada a migración como unha estratexia coa que acadar maior economía, seguridade e flexibilidade.
Bader engade que o proceso está a "transcorrer adecuadamente, sendo un completo éxito e un paso adiante". A migración de escritorio foi planexada en tres fases e agora xa van pola metade da execución total.
A primeira fase foi a instalación de escritorios. Para ilo en setembro de 2006 elixiron Debian, OpenOffice.org, Firefox e o escritorio KDE.
Na segunda fase os empregados poden acceder a algunhas aplicacións que só se executan baixo M$-Window$ mediante clientes lixeiros e pesados (thin and fat clients) aloxados nun servidor central.
Na terceira fase migrarase estas aplicacións cautivas cara outras que poidan se executar en máis dun sistema operativo.
Para facelo efectivo, 21 empresas ofreceron asistencia e propuxeron diversas combinacións. O cantón decidiu evaluar 3 prototipos entre esas ofertas antes de pór en marcha o plan.
Entre os factores contemplados para tomar a decisión figuran a estabilidade, seguridade, inmunidade a virus, flexibilidade, liberación do mercado e aforro.
"A independencia de fornecedores e maila súa política de negocios xogaron un importante rol na nosa decisión. Máis aló diso, o baixo custe de optimización foi un argumento importante para elixir Debian GNU/Linux".
"Abonda cun dia para comezar a traballar co novo escritorio", sentenciou Kurt Bader.
chuzame -
Leave a Reply