Evitando o chequeo cada 30 arranques dunha Ubuntu
De elixires unha instalación de Ubuntu baixo o sistema de ficheiros ext3, que é o que vén por defecto, atoparaste co incordio de pasar por un chequeo (checking filesystem) cada 30 arranques. Aínda que sexa comprensible ter que pasalo, non é menos certo que semella máis ca obsoleto.
Pódese evitar dando unha coidadosa ollada a man tune2fs. e logo facer, por exemplo:
(*) tune2fs -i 0 /dev/sdaX
dado que a páxina do manual comenta (...) -i interval-between-checks[d|m|w] Adjust the maximal time between two filesystem checks. No post‐fix or d result in days, m in months, and w in weeks. A value of zero will disable the time-dependent checking (...). O ideal é probar facelo tras leres detidamente a páxina do manual, sobor de todo as opcións 'c', 'C' ...
Esta operación xa a fixera no pasado e nunca me dera problemas pero...
Hoxe entérome pola iniciativa Brainstorm de Ubuntu que están a traballar nun remedio adecuado para este incordio: AutoFsck. Tes máis tamén aquí.
(*) Segundo o comentario de eniac feito en AGNIX, o comando completo sería:
tune2fs -i 0 -c 0 'dispositivo' (como root ou co comando 'sudo' diante).
E, si, doulle a razón aínda que insisto que é un exemplo alén de aconsellar ler detidamente a páxina do manual
No que me reafirmo é que, por defecto, isto era un incordio posto que, de executar o comando para eliminar o chequeo, a responsabilidade desta tarefa recae sobre quen fixera esa escolla e amais implica facelo manualmente.
Este incordio é un dos máis votados na recente páxina Brainstorm de Ubuntu.
Porén o novo ext4 é capaz de facer un chequeo dun disco de 500 GB en tan só 4 segundos...
chuzame -
Leave a Reply